Auto Penal Nº 347/2007, A...re de 2007

Última revisión
11/09/2007

Auto Penal Nº 347/2007, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 330/2007 de 11 de Septiembre de 2007

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 6 min

Orden: Penal

Fecha: 11 de Septiembre de 2007

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 347/2007

Núm. Cendoj: 36038370022007200425

Resumen:
DELITO SIN ESPECIFICAR

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

AUTO: 00347/2007

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Sección núm. 002

Rolo: 0000330 /2007 MJ

Procedencia: JDO. INSTRUCCION N. 7 de VIGO

Proc. de orixe: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO nº 0000640 /2007

Maxistrados

Don José Juan Ramón Barreiro Prado, Presidente

Dona Mª Mercedes Pérez Martín Esperanza

Dona Rosario Cimadevila Cea

AUTO NÚM. 347

Pontevedra, once de setembro de dous mil sete

Antecedentes

Primeiro. Na causa arriba mencionada o Xulgado de Instrución núm. 7 de Vigo ditou o auto do 24 de maio de 2007 no que se acordaba o sobresemento libre das dilixencias previas.

Segundo. Contra o dito auto a procuradora Paula Llordén Fernández-Cervera, na representación de LUNIC STYLE, SL, formulou recurso de apelación, e admitido a trámite, remitíronse as actuacións a este Tribunal para resolución do mesmo.

Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don José Juan Ramón Barreiro Prado.

Fundamentos

ÚNICO.- Consonste así se resolveu polo Maxistrado-Xuíz a quo, informa o Ministerio Fiscal e, por suposto, interesan os denunciados, procede o sobresemento libre das presentes actuacións que por testemuño se examinan, ao abeiro do disposto nos artigos 637.2º e 779.1.1ª da Lei de Axuizamento Criminal , polos feitos obxeto de denuncia non seren constitutivos de delito e, sinaladamente, dos pretendidos tipos dos artigos 197 e 200 do Código Penal .

O artigo 197 do Código Penal é co que se abre o capítulo primeiro (Do descubremento e revelación de secretos), do título X (Delitos contra a intimidade, o dereito á propia imaxe e a inviolabilidade do domicilio). Aludíndose no devandito precepto penal a "secretos", e a "intimidade", nada mellor que, en recta interpretación do que polos mesmos se deba entender, que acudir á xurisprudencia. E así, a STS 666/2006, do 19 de xuño , sinala que:

"El primero (o secreto)-ya según la STC 114/1984 - en el art. 18, 3 CE aparece concebido con un sentido formal, pues, a propósito de las comunicaciones técnicamente mediadas, se predica de lo comunicado sea cual fuere su contenido y pertenezca o no el objeto de las mismas al ámbito de lo personal estricto. Es por lo que, en nuestro orden jurídico y a tenor de ese precepto de la Ley fundamental, el secreto opera como un derecho fundamental-medio, o sea, en la calidad de dispositivo de protección de ciertos procesos comunicativos que en la práctica social son el cauce de transmisión de datos comprendidos en el ámbito del derecho fundamental-fin que es la intimidad personal.

Dado el modo en que ambas categorías se encuentran asociadas en el art. 197, 1º CP , hay que preguntarse si esta norma traduce de manera lineal tal opción constitucional, o si, más bien, el legislador ordinario ha decidido dotar al vocablo «secreto» de un alcance más que formal y, por tanto, no sólo relativo a la intimidad, sino autónomo en algún grado. Es decir, si lo penalmente protegido por su conducto es una forma de proyección de la persona o de la personalidad menos esencial y en cierta medida ajena al plano íntimo stricto sensu, y situada, por tanto, en el espacio relativamente indiferenciado y más abierto de «lo privado».

Pero esta opción debe desecharse. Y es que aparte de no ser la más rigurosa técnicamente en el contexto normativo jurídico- constitucional; hay buenas razones de derecho penal para entender que tampoco es la querida por el legislador ni la que resulta de una adecuada lectura contextual de la disposición a examen. En efecto, ésta se halla inscrita en el título del Código Penal relativo a los «Delitos contra la intimidad, el derecho a la propia imagen y la inviolabilidad del domicilio»; y, por tanto, concebido para dar protección a los bienes jurídicos fundamentales consagrados en el art. 18, 1 CE , la intimidad, entre ellos. Además, asimila textualmente el descubrimiento de los secretos a la vulneración de la intimidad, puesto que sitúa las correspondientes conductas en un plano de equivalencia, al conectarlas mediante la conjunción «o». Y, en fin, conmina las acciones infractoras, ya incluso en el tipo básico, con una pena de privación de liberad que puede llegar a ser de hasta cuatro años.

Así, conforme a lo expuesto, la idea de secreto en el art. 197, 1º CP resulta conceptualmente indisociable de la de intimidad: ese «ámbito propio y reservado frente a la acción y el conocimiento de los demás» ( SSTC 7371982 y 57/1994 entre muchas). Ámbito que por su naturaleza personalísima, normalmente, no debe verse implicado en el desempeño habitual de actividades político-administrativas. Por ello, tanto en una consideración jurídico-formal como en términos de experiencia, hay que decir que comunicaciones del género de las interferidas en este caso no están destinadas institucionalmente a ser el regular cauce de contenidos de carácter íntimo, y lo cierto es que no suelen serlo en la práctica y tampoco lo fueron aquí, según consta".

Certamente, pois, que examinada a documental de autos, o seu contido é puramente comercial e empresarial, en nada afectante á vida privada ou intimidade das persoas, e de imposible encadramento no artigo 197 do Código Penal .

E tampouco sería de posible aplicación o artigo 200 do Código Penal por canto que este vén referido ao descubrimento, revelación ou cesión de datos reservados de persoas xurídicas, sen o consentemento dos seus respresentantes e, examinada a devandita documental só se trataba de cartas da empresa denunciante con notorio afán de captación de novos clientes dada a daquela recente apertura dun local nunha rúa de Vigo. Mesmo o feito de que algunha das cartas enviadas pola denunciante a potenciais clientes, fosen a parar a outra entidade puido deberse aos cumulativos feitos das empresas "Lunic Style, S.L." e "Galipost, S.L." (a primeira creada, ao parecer, por unha ex empregada da segunda) dedicárense a idéntico obxeto (centro médico psicotécnico), empregaren os semellantes sobres de correo que se poden ollar en autos, valerse da mesma distribuídora para facerllas chegar aos destinatarios ("Galipost, S.L."), esta devolvelas, por erro, a unha e non outra empresa, e dada a moi parecida conformación do anverso dos sobres de correspondencia, abrilas ou seu trabucado receptor sen antes comprobar concienzudamente que precisamente fora el o seu remitente. Toda o cal, polo demais, abondaría na non expresada consideración delitual dos feitos, como xa se razoou.

Rexéitase a apelación e confírmase a resolución xudicial impugnada.

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación.

Fallo

DESESTIMAR o recurso de apelación formulado pola representación procesual de LUNIC STYLE SL, e confirmar o auto do 24 de maio de 2007, ditado polo Xulgado de Instrucción núm. 7 de Vigo, nas diligencias previas núm. 640/07 .

Remítase ó xulgado de procedencia un testemuño da presente resolución, contra a que non cabe ningún recurso, para a súa notificación e cumprimento.

Únase un testemuño desta resolución ós autos correspondentes e ó rolo de Sala.

Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.