Última revisión
10/08/2009
Auto Penal Nº 348/2009, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 4, Rec 356/2009 de 10 de Agosto de 2009
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 8 min
Orden: Penal
Fecha: 10 de Agosto de 2009
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 348/2009
Núm. Cendoj: 36038370042009200310
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 4
PONTEVEDRA
AUTO: 00348/2009
AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Sección nº 004
Rolo: 0000356 /2009
Órgano Procedencia: XULGADO 1A INST. E INSTRUCION N.1 DA ESTRADA
Proc. Orixe: DILIXENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO nº 0000404 /2009
AUTO
PONTEVEDRA, dez de agosto de dous mil nove.
Antecedentes
PRIMEIRO.- Na causa arriba mencionada o XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN Nº 1 DA ESTRADA ditou auto cuxa parte dispositiva expresa: " Acuerdo desestimar el recurso de reforma interpuesto por el letrado Sr. Aguado Agelet contra el auto de fecha 13 de junio de 2009 , confirmándolo con la modificación introducida por auto de 24 de junio , por el que se alza la situación de incomunicación de la presa preventiva.
SEGUNDO.- Notificada a dita resolución ás partes por María Inmaculada interpúxose recurso de apelación, que foi admitido a trámite e posta de manifiesto a causa aos demais que se constituíron en parte, remitíronse as actuacións a este Tribunal para a resolución do recurso.
Fundamentos
Primeiro.- Por medio dun auto do 13 de xuño de 2009, o Xulgado de Instrución número 1 da Estrada acordou a prisión provisional incomunicada e sen fianza de María Inmaculada .
Contra esta resolución recorreu en reforma, e o seu recurso foi rexeitado por un novo auto do 24 de xuño de 2009 .
Agora en apelación acódese á presente alzada en solicitude da inmediata posta en liberdade da apelante.
Segundo.- Nunha das últimas ocasións que tivo o Tribunal Constitucional para tratar a lexitimidade da prisión provisional, na súa Sentenza 152/2007, do 18 de xuño, lembraba que:
Desde la STC 128/1995, de 26 de junio , este Tribunal viene afirmando que la prisión provisional es una medida cautelar cuya legitimidad constitucional, en tanto que limitativa del derecho a la libertad personal ( art. 17.1 CE ) de quien aún goza del derecho a la presunción de inocencia, exige, como presupuesto, la existencia de indicios racionales de la comisión de un delito por parte del sujeto pasivo; como objetivo, la consecución de fines constitucionalmente legítimos y congruentes con la naturaleza de la medida (riesgo de fuga, de obstrucción del normal desarrollo del proceso o de reiteración delictiva); y como objeto, que se la conciba tanto en su adopción como en su mantenimiento como una medida de aplicación excepcional, subsidiaria, provisional y proporcionada a la consecución de dichos fines (por todas, SSTC 128/1995, de 26 de julio, FFJJ 3 y 4; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 33/1999, de 8 de marzo, FJ 3; 47/2000, de 17 de febrero, FJ 3 ; o más recientemente STC 35/2007, de 12 de febrero, FJ 2 ).
b) Las decisiones relativas a la adopción y mantenimiento de prisión provisional han de expresarse a través de una resolución judicial motivada, motivación que ha de ser "suficiente y razonable", entendiendo por tal no la que colma meramente las exigencias del derecho a la tutela judicial efectiva, sino aquélla que respeta el contenido constitucionalmente garantizado del derecho a la libertad afectado, ponderando adecuadamente los intereses en juego -la libertad de la persona cuya inocencia se presume, por un lado; la realización de la administración de la justicia penal, en atención a los fines que hemos reseñado, por otro- a partir de toda la información disponible en el momento de adoptar la decisión y del entendimiento de la prisión provisional como una medida excepcional, subsidiaria y provisional.
Para ello, obviamente, la resolución judicial ha de expresar cuál es el presupuesto de la medida y el fin constitucionalmente legítimo perseguido. Y, en relación con la constatación del peligro de fuga, hemos destacado que deberán tomarse en consideración "además de las características y la gravedad del delito imputado y de la pena con que se le amenaza, las circunstancias concretas del caso y las personales del imputado", matizando que si bien en un primer momento la necesidad de preservar los fines constitucionalmente legítimos de la prisión provisional pueden justificar que se adopte atendiendo sólo a circunstancias objetivas como el tipo de delito y la gravedad de la pena, el transcurso del tiempo modifica el valor de este dato en la ponderación y obliga a tomar en consideración las circunstancias personales del sujeto privado de libertad y los datos del caso concreto (por todas, SSTC 128/1995, de 26 de julio, FJ 4; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 47/2000, de 17 de febrero, FJ 3; 35/2007, de 12 de febrero, FJ 2 ).
Un bo resumo de tal doutrina máis recentemente aínda o fixo o mesmo Tribunal Constitucional na súa Sentenza 27/2008, do 11 de febreiro, segundo a cal:
Por ello la legitimidad constitucional de la prisión provisional exige que su aplicación tenga como presupuesto la existencia de indicios racionales de la comisión de una acción delictiva; como objetivo la consecución de fines constitucionalmente legítimos y congruentes con la naturaleza de la medida; y como fundamento la ponderación de las circunstancias concretas que, de acuerdo con el presupuesto legal y la finalidad constitucionalmente legítima, permitan la adopción de la medida ( SSTC 62/1996, de 16 de abril, FJ 5; 44/1997, de 10 de abril, FJ 5; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 33/1999, de 8 de marzo, FJ 3, y 14/2000, de 17 de enero, FJ 4 ). En la STC 333/2006, de 20 de noviembre, FJ 3 , se concretó como constitutiva de estos fines la conjura de ciertos riesgos relevantes para el desarrollo normal del proceso o para la ejecución del fallo que parten del imputado: su sustracción a la acción de la Justicia, la obstrucción de la instrucción penal y, en un plano distinto, aunque íntimamente relacionado, la reiteración delictiva, pero lo que en ningún caso puede perseguirse con la prisión provisional son fines punitivos o de anticipación de la pena, o fines de impulso de la instrucción sumarial, propiciando la obtención de pruebas de declaraciones de los imputados, etc. Y, con cita en la STC 128/1995, de 26 de julio, FJ 2 , se concluyó que "todos estos criterios ilustrarían, en fin, la excepcionalidad de la prisión provisional que tantas veces ha subrayado este Tribunal".
A aplicación da anterior doutrina constitucional con motivo do recurso de apelación formulado por María Inmaculada nun todo nos amosa a corrección da resolución da instancia e, xa que logo, a inexorable desestimación desta impugnación.
Non cómpre poñer en dúbida a concorrencia dos requisitos esixidos no artigo 503.1.1º e 2º da Lei de axuizamento criminal . Isto é, e enténdase que só para os efectos da resolución do presente recurso de apelación, os seguintes: a existencia duns feitos que presentan os caracteres dun delito de falsidade de moeda do artigo 386.3 do Código penal , do que se tira a posibilidade de imposición dunha pena privativa de liberdade ben notoriamente superior aos dous anos de prisión; así como que na causa constan motivos abondos para crer responsable criminalmente de tal figura delituosa a persoa contra a que precisamente se ditou o auto de prisión. Isto demóstrano, sobre todo, o contido do atestado achegado aos autos e, dentro do mesmo, as dilixencias de recoñecemento das que foi obxecto a agora apelante que a amosaron como a persoa que realizaba diversas compras con billetes de cincuenta euros falsos; o achado dentro do vehículo no que fuxiu -logo de unha empregada dun establecemento dicirlle que o billete co que pretendía pagar era falso- de ata 150 billetes de 50 euros falsos (total de 7500 euros); así como esta mesma reacción da apelante que semella que contraría a súa pretendida boa fe e suposición de que os billetes eran auténticos; mais os restantes elementos indiciarios reflectidos no auto contra o que se apela.
Agora ben, a carón de tales requisitos a lei esixe, para ditar e manter tan drástica medida cautelar persoal como é a privación da liberdade, que coa mesma se persiga algunha das finalidades que tamén no citado artigo 503 da LACrim se prevén. E verbo dos amentados fins, a xuíza a quo reflectiu o de asegurar a presenza da imputada no proceso ( artigo 503.1.3º.a da LACrim ), co que á forza debemos coincidir polas razóns expostas na instancia e, sobre todo, dada a gravidade das penas de posible imposición. Así mesmo, concorre a finalidade de evitar a ocultación, alteración ou destrución das fontes de proba relevantes para o axuizamento ( artigo 503.1.3º.b da LACrim ) nun caso no que semella que pode haber máis persoas implicadas a xeito de organización dedicada á colocación de billetes de euros falsos no mercado, tal e como se indica na resolución contra a que se apela. E incluso a xulgadora a quo fai mención da finalidade da conxura de toda posibilidade de reiteración delituosa por parte da apelante, dada a tamén imputación de María Inmaculada noutras dilixencias por un delito de estafa.
En conclusión, e sen prexuízo de ulteriores valoracións, cómpre manter a actual situación persoal da apelante e, xa que logo, rexeitar o seu recurso de apelación.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,
Fallo
DESESTIMAR o recurso de apelación formulado polo letrado Joaquín Eugenio Aguado Agelet en representación de María Inmaculada e confirmar o auto de 24 de xuño de 2009, ditado polo Xulgado de Instrución Nº 1 da Estrada nas Dilixencias Previas 404/2009 .
Notifíquese a presente resolución ao Ministerio Fiscal e aos demais que se constituíron como parte.
Devólvanse as actuacións ao Xulgado de procedencia cun testemuño desta resolución, para o cumprimento do acordado, arquivándose o rolo.
Este auto é firme e contra el non cabe recurso.
Así o acordan, mandan e asinan os Iltmos. Sres. D. JOSE JUAN BARREIRO PRADO (presidente-relator), D. JOSE CARLOS MONTERO GAMARRA e Dª NELIDA CID GUEDE.
