Auto Penal Nº 351/2008, A...io de 2008

Última revisión
08/07/2008

Auto Penal Nº 351/2008, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 426/2008 de 08 de Julio de 2008

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 4 min

Orden: Penal

Fecha: 08 de Julio de 2008

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 351/2008

Núm. Cendoj: 36038370022008200531

Resumen:
TRÁFICO DE DROGAS CUALIFICADO

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

AUTO: 00351/2008

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Sección nº 002

Rolo: 0000426 /2008-M

Procedencia: JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.3 de O PORRIÑO

Proc. de orixe: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO nº 0000221 /2008

ILMOS/AS SRS/AS MAXISTRADOS/AS

D. Juan Ramón Barreiro Prado, Presidente

Dª Mª Mercedes Pérez Martín Esperanza

Dª Rosario Cimadevila Cea

A U T O Nº 351

Pontevedra, oito de xullo de dous mil oito.

Antecedentes

Primeiro.- Na causa arriba mencionada o Xulgado de Instrución núm. 3 de O Porriño ditou un auto con data do 25 de febreiro de 2008 , no que acorda a prisión provisional, comunicada e sen fianza de Gregorio , a disposición do citado Xulgado.

Segundo.- Contra o dito auto, pola representación procesual de Gregorio , formulouse recurso de reforma, que foi desestimado por auto do 2 de xuño de 2008 , e, admitido a trámite o recurso de apelación interposto contra este, remitiuse testemuño de particulares a este Tribunal para a súa resolución.

Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don Juan Ramón Barreiro Prado.

Fundamentos

Único.- Gregorio atópase en prisión provisional, comunicada e sen fianza, por mor do auto ditado o 25 de febreiro de 2008 .

A súa posterior solicitude de liberdade provisional foi rexeitada por un auto do 16 de maio de 2008 .

Contra a devandita denegación de liberdade formulou o preso un recurso de reforma e subsidiario de apelación.

A reforma foi desestimada polo novo auto do 2 de xuño de 2008 e, logo do seu traslado ao recorrente para que efectuase as alegacións que estimase pertinentes ao abeiro do artigo 766.4 da Lei de axuizamento criminal , este desaproveitou tal oportunidade para deixar constancia de en que discrepaba das razóns fácticas e xurídicas baseándose nas cales fora denegada a reforma da denegación da súa solicitude de liberdade provisional. E esta circunstancia cobra aínda máis importancia se se repara en que xa o auto polo que se rexeitou a precedente reforma comezaba por poñer de relevo que o recorrente se limitaba a reproducir os argumentos esgrimidos no escrito do 9 de maio polo que se solicitaba a liberdade provisional do preso preventivo encartado na causa. En consecuencia, e para os efectos da resolución nesta alzada do recurso de apelación, este Tribunal cumpriría con remitirse á resolución xudicial da instancia para, sen máis, rexeitar a devandita impugnación.

Só insistir, pois, en que indiscutidos os requisitos esixidos polo artigo 503 da Lei de axuizamento criminal para o mantemento da actual situación de prisión provisional de Gregorio , igualmente subsisten, polo de agora, as finalidades requiridas por idéntico precepto legal. En concreto, a necesidade de conxura de todo posible risco de fuxida polas circunstancias persoais, sociais e familiares do recorrente (carece de domicilio vivindo no da súa parella, e non ten traballo ou ocupación lícita), así como a de evitar toda posibilidade de reiteración delituosa pola recoñecida drogodependencia do apelante, e a admisión de que transportaba droga a cambio de doses e diñeiro, sen que a todo o anterior obste o feito de que na cadea estea tomando metadona por non supoñer tal circunstancia un auténtico e fiable proceso de deshabituación. Agora ben, o recorrente leva privado de liberdade, a día de hoxe, máis de catro meses, e a causa debera atoparse xa próxima á celebración da correspondente vista oral polo que, se esta última por calquera causa se demorase, o xuíz a quo deberá avaliar a posibilidade da substitución da drástica prisión provisional comunicada e sen fianza por outra medida cautelar persoal menos gravosa e asemade que garanta a boa marcha e remate do proceso.

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación.

Fallo

Que cómpre rexeitar, como rexeitamos, o recurso de apelación interposto por don Gregorio contra o auto do 25 de febreiro de 2008 ditado polo Xulgado de Instrución núm. 3 de O Porriño, nas dilixencias previas procedemento abreviado núm. 221/08 , confirmando o devandito auto.

Devólvanselle as actuacións ao xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe recurso ningún, para a súa notificación e cumprimento.

Únase un testemuño desta resolución aos autos correspondentes e ao rolo de Sala.

Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.