Última revisión
05/06/2012
Auto Penal Nº 353/2012, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 493/2012 de 05 de Junio de 2012
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 5 min
Orden: Penal
Fecha: 05 de Junio de 2012
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 353/2012
Núm. Cendoj: 36038370022012200374
Núm. Ecli: ES:APPO:2012:802A
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
AUTO: 00353/2012
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2 de PONTEVEDRA
-
Domicilio: ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5
Telf: 986.80.51.19
Fax: 986.80.51.14
Modelo: 691500
N.I.G.: 36008 41 2 2012 0000747
ROLO: CC CUESTION DE COMPETENCIA 0000493 /2012 I
Xulgado procedencia: JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.1 de CANGAS
Procedemento de orixen: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO 0000206 /2012
ÓRGANO PLANTEXA A CUESTIÓN DE COMPETENCIA: XDO. 1ª INST. E INSTRUCIÓN CANGAS-1
ÓRGA NO RECHAZA A CUESTIÓN DE COMPETENCIA: XDO. INSTRUCIÓN VIGO-6
A U T O NÚM. 353
Maxistrados/as:
Ilmo. Sr. Maxistrado don José Juan Barreiro Prado, Presidente
Ilma. Sra. Maxistrada dona Rosa del Carmen Collazo Lugo
Ilma. Sra. Maxistrada dona Rosario Cimadevila Cea
Pontevedra, cinco de xuño de dous mil doce.
Antecedentes
PRIMERO.- Recibida na Sección Segunda desta Audiencia Provincial a Exposición Razonada do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución núm. 1 de Cangas de data 16 de maio de 2012, aos efecto de dirimir a competencia territorial co Xulgado de Instrución núm. 6 de Vigo.
SEGUNDO.- E unha vez celebrada a vista o día 31 de maio de 2012 prevista no artigo artigo 759 da LACrim ., no acto o Ministerio Fiscal realizou as alegacións sobre a cuestión de competencia que se plántea.
Sendo Ponente o Ilmo. Sr. Maxistrado Presidente don José Juan Barreiro Prado.
Fundamentos
Primeiro.- Por un auto do 2 de marzo de 2012 o xuíz do Xulgado de Instrución número 1 de Cangas acordou a inhibición das dilixencias previas 206/2012 a prol dos xulgados da mesma clase de Vigo. Porén, o Xulgado de Instrución número 6 de Vigo acordou, por medio dun auto do 24 de abril de 2012 , rexeitar a devandita inhibición, coa devolución das actuacións ao Xulgado de Instrución número 1 de Cangas, que agora formula a exposición razoada á que se alude no artigo 759.1ª da Lei de axuizamento criminal e que motivou a celebración da imperativa comparecencia.
Segundo.- Os feitos presuntamente delituosos parece que consisten en diversos furtos cometidos por tres persoas en diferentes establecementos de Moaña e Vigo. E o que se discute é cal dos dous xulgados de instrución -o de Cangas ou o de Vigo- é o competente para a tramitación da causa. Xa que logo, ao abeiro dos artigos 20.1º da Lei de axuizamento criminal e 51.1 e 82.3.1º da Lei orgánica do poder xudicial , correspóndelle a esta Audiencia Provincial de Pontevedra e a esta concreta Sección 2ª -á que foi aquendada a cuestión de competencia- a súa resolución.
O artigo 18.2 da Lei de axuizamento criminal sinala:
Non obstante o anterior, será competente para coñecer dos delitos conexos cometidos por dúas ou máis persoas en distintos lugares, se precedese concerto para isto, con preferencia aos indicados no número anterior, o xuíz ou tribunal do partido xudicial sede da correspondente audiencia provincial, sempre que os distintos delitos se cometesen no territorio dunha mesma provincia e polo menos un deles se perpetrase dentro do partido xudicial sede da correspondente audiencia provincial.
Por outra banda, o artigo 80.1 da Lei orgánica do poder xudicial sinala que as audiencias provinciais terán a súa sede na capital da provincia, da que tomarán o seu nome, e estenderán a súa xurisdición a toda ela, sen prexuízo do disposto no apartado 4 do artigo 82. Mais este precepto debemos integralo co previsto no artigo 8.2 da Lei 38/1988 , do 28 de decembro, de demarcación e planta xudicial, segundo o cal:
As seccións das audiencias provinciais a que se refire o número 5 do artigo 3.º desta lei, así como os xulgados do penal , os xulgados do contencioso-administrativo, os xulgados do social, os xulgados de menores e os xulgados do mercantil con xurisdición de extensión territorial inferior (vide o anexo V da mesma lei) ou superior á dunha provincia teñen a súa sede na capital do partido que se sinale por lei da correspondente comunidade autónoma, e toman o nome do municipio en que aquela estea situada.
Deste xeito, a competencia debe atribuírse ao xuíz do partido xudicial sede da correspondente audiencia provincial. Xa que logo, a teor da referida lexislación, e, sobre todo, do amentado artigo 8.2 da Lei 38/1988 , do 28 de decembro, de demarcación e planta xudicial, neste caso a competencia corresponde ao Xulgado de Instrución de Vigo, xa que nesta cidade ten unha sede a Audiencia Provincial de Pontevedra (neste mesmo sentido, os autos da Audiencia Provincial de Madrid 482/2008, do 28 de xullo , e 741/2009, do 17 de setembro , e da Audiencia Provincial de Murcia 258/2009, do 6 de xullo ). E todo isto enténdase co carácter provisional co que sempre se resolven as cuestións de competencia na fase instrutora, e sen entrar noutros particulares que non foron obxecto de discusión, tales como se en realidade os delitos foron conexos e se precedeu o concerto para a comisión dos feitos dos que parte o enunciado do artigo 18.2 da Lei de axuizamento criminal , en relación co artigo 300 do mesmo texto legal .
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,
Fallo
Declarar a competencia do Xulgado de Instrución número 6 de Vigo para o coñecemento das dilixencias previas 206/2012 remitidas polo Xulgado de Instrución número 1 de Cangas.
Este auto é firme e contra el no n cabe recurso ningún.
Envíese certificación do presente auto os Xulgados contendentes.
E cumpridos os trámites arquívese o presente rolo.
Así, por medio de esta auto, o acordamos, mandamos e asinamos.
