Última revisión
24/01/2012
Auto Penal Nº 36/2012, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 36/2012 de 24 de Enero de 2012
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 8 min
Orden: Penal
Fecha: 24 de Enero de 2012
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 36/2012
Núm. Cendoj: 36038370022012200051
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
AUTO: 00036/2012
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2 de PONTEVEDRA
2252408F
Domicilio: ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5
Telf: 986.80.51.19
Fax: 986.80.51.14
Modelo: 662000
N.I.G.: 36042 41 2 2011 0003727
ROLLO: APELACION AUTOS 0000036 /2012CR
Juzgado procedencia: JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.2 de PONTEAREAS
Procedimiento de origen: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO 0000549 /2011
RECURRENTE: Mario
Procurador/a:
Letrado/a: JOSE ANGEL CARRERA IGLESIAS
RECURRIDO/A: MINISTERIO FISCAL FISCAL
Procurador/a:
Letrado/a:
AUTO Nº 36 ==========================================================
ILMOS. SRES.Presidente:D.JOSE JUAN BARREIRO PRADO
Magistrados Dª. ROSA DEL CARMEN COLLAZO LUGO
Dª.ROSARIO CIMADEVILA CEA
==========================================================
Pontevedra, a vinte e catro de xaneiro do dous mil doce
Antecedentes
Primeiro.- Na causa arriba mencionada o Xulgado nº 2 de Ponteareas ditou un auto con data do 25 de outubro no que decreta a prisión provisional comunicada sen fianza de Mario .
Segundo.- Contra o dito auto a representación do mesmo formulou recurso de reforma, rexeitado por auto do 16 de decembro do 2011, admitido a trámite o recurso de apelación subsidiariamente interposto , remitíronse as actuacións a este Tribunal para a súa resolución.
Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don JOSE JUAN BARREIRO PRADO.
Fundamentos
Único.- Por un auto do 25 de outubro de 2011 o maxistrado xuíz do Xulgado de Instrución número 2 do Ponteareas acordou a prisión provisional comunicada sen fianza de Mario . Contra a amentada Resolución recorreu en reforma, e subsidiariamente en apelación. O recurso de reforma foi rexeitado por medio dun novo auto do 16 de decembro de 2011 polo que tamén se admitía a trámite a apelación perante esta alzada. A fiscala oponse ao acollemento da impugnación.
Lembraba o Tribunal Constitucional, na súa sentenza 152/2007, do 18 de xuño, que:
Desde la STC 128/1995, de 26 de junio , este Tribunal viene afirmando que la prisión provisional es una medida cautelar cuya legitimidad constitucional , en tanto que limitativa del Derecho a la libertad personal ( art. 17.1 C.E. ) de quien aún goza del Derecho a la presunción de inocencia, exige, como presupuesto, la existencia de indicios racionales de la comisión de un delito por parte del sujeto pasivo; como objetivo, la consecución de fines constitucionalmente legítimos y congruentes con la naturaleza de la medida (riesgo de fuga, de obstrucción del normal desarrollo del proceso o de reiteración delictiva); y como objeto, que se la conciba tanto en su adopción como en su mantenimiento como una medida de aplicación excepcional, subsidiaria, provisional y proporcionada a la consecución de dichos fines (por todas , SSTC 128/1995, de 26 de julio, FFJJ 3 y 4; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 33/1999, de 8 de marzo, FJ 3; 47/2000, de 17 de febrero, FJ 3; o más recientemente STC 35/2007 , de 12 de febrero, FJ 2 ).
b) Las decisiones relativas a la adopción y mantenimiento de prisión provisional han de expresarse a través de una Resolución judicial motivada, motivación que ha de ser "suficiente y razonable", entendiendo por tal no la que colma meramente las exigencias del derecho a la tutela judicial efectiva, sino aquélla que respeta el contenido constitucionalmente garantizado del Derecho a la libertad afectado, ponderando adecuadamente los intereses en juego -la libertad de la persona cuya inocencia se presume, por un lado; la realización de la administración de la justicia penal, en atención a los fines que hemos reseñado, por otro- a partir de toda la información disponible en el momento de adoptar la decisión y del entendimiento de la prisión provisional como una medida excepcional , subsidiaria y provisional.
Para ello, obviamente, la Resolución judicial ha de expresar cuál es el presupuesto de la medida y el fin constitucionalmente legítimo perseguido. Y, en relación con la constatación del peligro de fuga, hemos destacado que deberán tomarse en consideración "además de las características y la gravedad del delito imputado y de la pena con que se le amenaza, las circunstancias concretas del caso y las personales del imputado" , matizando que si bien en un primer momento la necesidad de preservar los fines constitucionalmente legítimos de la prisión provisional pueden justificar que se adopte atendiendo sólo a circunstancias objetivas como el tipo de delito y la gravedad de la pena, el transcurso del tiempo modifica el valor de este dato en la ponderación y obliga a tomar en consideración las circunstancias personales del sujeto privado de libertad y los datos del caso concreto (por todas, S.S.T.C. 128/1995, de 26 de julio, FJ 4; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 47/2000, de 17 de febrero, FJ 3; 35/2007 , de 12 de febrero , FJ 2 ).
Máis recentemente aínda o mesmo Tribunal Constitucional insiste na súa anterior doutrina na sentenza 27/2008, do 11 de febreiro, posteriormente reiterada polas SSTC 122/2009, do 18 de maio, e 50/2009, do 23 de febreiro . Así:
Por ello la legitimidad constitucional de la prisión provisional exige que su aplicación tenga como presupuesto la existencia de indicios racionales de la comisión de una acción delictiva; como objetivo la consecución de fines constitucionalmente legítimos y congruentes con la naturaleza de la medida; y como fundamento la ponderación de las circunstancias concretas que , de acuerdo con el presupuesto legal y la finalidad constitucionalmente legítima, permitan la adopción de la medida ( SST.C. 62/1996 , de 16 de abril, FJ 5; 44/1997 , de 10 de abril, FJ 5; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 33/1999, de 8 de marzo, FJ 3 , y 14/2000, de 17 de enero, FJ 4 ). En la S.T.C. 333/2006, de 20 de noviembre, FJ 3, se concretó como constitutiva de estos fines la conjura de ciertos riesgos relevantes para el desarrollo normal del proceso o para la ejecución del fallo que parten del imputado: su sustracción a la acción de la Justicia , la obstrucción de la instrucción penal y, en un plano distinto, aunque íntimamente relacionado, la reiteración delictiva, pero lo que en ningún caso puede perseguirse con la prisión provisional son fines punitivos o de anticipación de la pena, o fines de impulso de la instrucción sumarial, propiciando la obtención de pruebas de declaraciones de los imputados, etc. Y, con cita en la STC 128/1995 , de 26 de julio, FJ 2, se concluyó que "todos estos criterios ilustrarían, en fin, la excepcionalidad de la prisión provisional que tantas veces ha subrayado este Tribunal."
A aplicación da anterior doutrina constitucional con motivo do recurso de apelación formulado por Mario nun todo nos amosa a corrección da Resolución da instancia e, xa que logo , a inexorable desestimación da impugnación.
Non cómpre poñer en dúbida a concorrencia dos requisitos esixidos no artigo 503.1.1º e 2º da Lei de axuizamento criminal. Isto é, e enténdase que só para os efectos da resolución do presente recurso de apelación, a existencia duns feitos que presentan os caracteres de ata tres delitos de incendios forestais do artigo 352 do Código penal . Deste precepto legal tírase a posibilidade de impoñer unha pena privativa de liberdade notoriamente superior aos dous anos de prisión -ata cinco anos por cada delito-. Amais, na causa constan motivos bastantes para crer responsable criminalmente de tal figura delituosa a persoa contra a que precisamente se ditou o auto de prisión, como así o demostran as súas propias confesións e o testemuño de Juan María . É máis, no propio escrito de recurso de reforma e subsidiario de apelación xa que non se aproveitou a posibilidade de alegar ofrecida polo artigo 766.4 da Lei de axuizamento criminal, nin tan sequera se discute o relativo á participación do apelante nos feitos que se lle imputan.
Agora ben, a carón de tales requisitos a Lei esixe para ditar e manter tan drástica medida cautelar persoal como é a privación da liberdade, que con ela se persiga algunha das finalidades que tamén no citado artigo 503 da LACrim se prevén. E verbo dos amentados fins a Resolución xudicial da instancia alude ao de evitar todo risco de reiteración delituosa - artigo 503.2 da LACrim -. Finalidade que á forza compartimos visto que o apelante prendeu tres lumes cos conseguintes incendios e incluso outros máis dos que xa non lembra as datas. E por ningures se pode estimar conxurado o amentado risco polo simple feito de que no mes de agosto do pasado ano se mudase a titoría que unha persoa física - Lucía - exercía sobre o apelante atribuíndolla dende aquela á Fundación Galega para a Tutela de Adultos (Fungas) , pois , a hipotética liberdade do recorrente e a súa teima en prender lume cando discute e se enfada, constitúen un evidente risco que nin aquela institución é quen de conxurar. E o feito de que, por razóns climatolóxicas, o apelante teña agora menos posibilidade de éxito na súa actividade delituosa pode minorar as consecuencias mais non o seu quefacer en tal sentido.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación ,
Fallo
Desestimar o recurso de apelación interposto pola representación de Mario contra o auto do 25 de outubro de 2011 no procedemento PA 549/2011 do Xulgado de Instrucción nº 2 de Ponteareas, confirmando o mesmo.
Devólvanselle as actuacións ao xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe recurso ningún, para a súa notificación e cumprimento.
Únase un testemuño desta Resolución aos autos correspondentes e ao rolo de Sala.
Así, por medio deste auto, o acordamos , mandamos e asinamos.
