Última revisión
17/06/2011
Auto Penal Nº 376/2011, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 201/2011 de 17 de Junio de 2011
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 4 min
Orden: Penal
Fecha: 17 de Junio de 2011
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 376/2011
Núm. Cendoj: 36038370022011200414
Núm. Ecli: ES:APPO:2011:889A
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
AUTO: 00376/2011
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2 de PONTEVEDRA
Domicilio: ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5
Telf: 986.80.51.19
Fax: 986.80.51.14
Modelo: 662000
N.I.G.: 36008 41 2 2010 0004677
ROLLO: APELACION AUTOS 0000201 /2011
Juzgado procedencia: JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.1 de CANGAS
Procedimiento de origen: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO 0000721 /2010
RECURRENTE: Alejandra
Procurador/a: MARIA DEL AMOR ANGULO GASCON
Letrado/a: JOSE CARLOS HERMELO FERNANDEZ
RECURRIDO/A: Fructuoso , MINISTERIO FISCAL FISCAL
Procurador/a: MARIA DEL ROSARIO CASTRO CABEZAS,
Letrado/a: ,
AUTO Nº376
============================================================
ILMOS./AS. SRES./SRAS
Presidente:
DON JOSE JUAN BARREIRO PRADO
Magistrado:
Dª ROSARIO CIMADEVILA CEA
Dª MATILDE ETHELDREDA GARCIA BREA
==========================================================
En PONTEVEDRA, diecisiete de Junio de dos mil once.
Antecedentes
PRIMERO.- Na causa referenciada , seguida por presunto delicto de acoso sexual, o JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.1 de CANGAS ditou auto do 29/12/201 polo que se acordou o sobresemento provisional.
SEGUNDO.- Contra dito auto pola representación de Dª
Alejandra interpuxose recurso de reforma que foi desestimado por auto do 3/3/2011 e interposto recurso de apelación, foi admitido e seguido por seus trámites remitironse os autos a esta Sala para súa resolución.
Sendo ponente o Iltmo. Sr. DON JOSE JUAN BARREIRO PRADO .
Fundamentos
Único .- Mediante un auto do 29 de decembro de 2010, o xuíz a quo acordou o sobresemento provisional e arquivo das dilixencias que agora examinamos. E por un novo auto do 3 de marzo de 2011 tamén rexeitou o recurso de reforma da querelante Alejandra previo ao de apelación perante esta alzada.
O que consta nos autos -declaracións da amentada querelante e do querelado Fructuoso - mais a profusa documental -actas notariais do 5 de outubro e do 15 de novembro de 2010, carta de despedimento da agora apelante, e sentenza do Xulgado do Social número 5 de Vigo pronunciada nos autos 959/2010 sobre despedimento e tutela de dereitos fundamentais seguidos a solicitude da querelante contra o amentado querelado e a clínica dental Spuch y Campos, S.L.- de sobra abonda para , sen necesidade de máis dilixencias reiterativas e inútiles , chegar á mesma conclusión que se combate.
A apelante traballaba como auxiliar de clínica na entidade Spuch y Campos, S.L. Foi despedida o 9 de agosto de 2010. E, ao considerar que o foi sen ningún motivo, con recoñecemento por parte da empresa do carácter improcedente do despedimento , formulou a referida demanda perante a xurisdición social afirmando que fora obxecto de acoso sexual por parte do devandito querelado Fructuoso . As mesmas mensaxes de teléfono móbil que agora se achegan coa querela e que se reflicten na acta notarial do 5 de outubro de 2010 xa foron examinadas no seo do amentado asunto laboral, para concluír que o que realmente existía era unha relación de boa amizade na que a apelante nin moito menos se sentía incómoda. Incluso a maxistrada xuíza do social chega a afirmar que as mensaxes recibidas pola apelante están totalmente sacadas de contexto, xa que cada unha das así enviadas polo querelado Fructuoso se correspondían, á súa vez, con outras mensaxes da recorrente. Boa proba disto é, precisamente, a outra acta notarial do 15 de novembro de 2010 achegada aos autos polo querelado. Compréndese así que no eido social se tirase a conclusión de que a relación de amizade entre Alejandra e Fructuoso era mutua e que a ela non lle desgustaba estar con el.
Máis aínda , da proba testemuñal practicada con motivo da demanda de despedimento con vulneración de dereitos fundamentais resultou lo contrario de lo afirmado por la actora en su demanda , y es que ella estaba feliz en su trabajo, y le gustaba estar con Fructuoso ; e debulláronse polo miúdo na sentenza do eido social as razóns de tal afirmación (fs. 63 a 69 das actuacións). Incluso resulta revelador que, formulando a agora recorrente demanda de despedimento o 23 de setembro, celebrándose a vista o 18 de novembro, e pronunciándose a sentenza o 19 de novembro de 2010, presentase a querela o 6 de outubro do mesmo ano, que foi admitida sete días máis tarde.
Deste xeito, a natureza da relación existente entre a querelante e o querelado nin por asomo se achega á conduta merecente de reproche do artigo 184 do Código penal e, en consecuencia , ben sobresida foi na instancia a presente causa.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,
Fallo
DESESTIMAR o recurso de Apelación formulado pola representación de Dª Alejandra e confirmar o auto do 29/12/2010 ditado polo Xulgado de Instrución nº 1 de Cangas.
Notifíquese esta resolución as partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso y devólvanse os autos ao Xulgado de orixen con testemuño desta Resolución para o seu cumprimento e demais efectos.
Así por este o noso auto o acordamos, mandamos e asinamos.
