Auto Penal Nº 398/2011, A...io de 2011

Última revisión
24/06/2011

Auto Penal Nº 398/2011, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 172/2011 de 24 de Junio de 2011

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 3 min

Orden: Penal

Fecha: 24 de Junio de 2011

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: GARCIA BREA, MATILDE ETHELDREDA

Nº de sentencia: 398/2011

Núm. Cendoj: 36038370022011200376

Núm. Ecli: ES:APPO:2011:836A

Resumen:
DELITO SIN ESPECIFICAR

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

AUTO: 00398/2011

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA.

Sección núm. 2 DE PONTEVEDRA

Rolo: Procedencia: Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 1 de A Estrada.

Proc. de orixe:Diligencias previas procedimiento abreviado 36/2011.

MAXISTRADOS/AS

Ilmo. Sr. don José Juan Ramón Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

Ilma Sra. dona Matilde Etheldreda Garcia Brea.

AUTO NÚM.398

Pontevedra, 24 de junio de dos mil once.

Antecedentes

Primeiro .- Nas Dilixencias previas núm. 36/2011, seguidas polo Xulgado de Instrución núm. 1 da Estrada, pronunciouse un auto o día 9 de febreiro de 2011, cuxa parte dispositiva literalmente di:

SE ACUERDA INCOAR DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO. Al mismo tiempo, se decreta el SOBRESEIMIENTO LIBRE Y ARCHIVO de las presentes actuaciones, sin perjuicio de las acciones civiles que pudieran corresponder al perjudicado, a quien se notificará en todo caso la presente resolución.

Segundo.- Contra o citado auto, o día 9 de febreiro de 2011 a representación procesual de don Antonio interpuxo un recurso de reforma. Por medio dun auto do 14 de abril de 2011 rexeitouse o recurso de reforma. Con data do 2 de maio de 2011 o denunciante interpuxo un recurso de apelación, e formulou oposición o Ministerio Fiscal.

Fundamentos

Primeiro.- O auto de sobresemento do 9 de febreiro de 2011 fúndase en que os feitos denunciados non son constitutivos de infracción penal, polo que, de acordo co disposto no artigo 637.2, e, de ser o caso , na regra primeira, inciso primeiro,do artigo 779.1 da LACrim, decreta o citado sobresemento e o arquivo das actuacións.

O Ministerio Fiscal mostra a súa conformidade co devandito auto, posto que os feitos que se denuncian non son constitutivos dun delito de maltrato de obra no ámbito familiar ( art.153.2 do CP ), nin tampouco dun delito de abandono de menores ou incapaces ( art. 229.1 do CP ). Trátase de simples discrepancias entre o denunciante e a súa irmá sobre a maneira correcta de coidar o seu pai , sen que se faga referencia a ningún tipo de agresión física ou verbal, nin de abandono material ou físico.

Segundo.- Efectivamente, do escrito de denuncia non se desprende ningunha conduta penalmente responsable. O denunciante refire feitos como que un día o seu pai cheiraba a alcohol, aínda que o médico lle deixa beber un vaso de viño á comida; que a súa irmá lle tritura a comida, porén, o denunciante preferiría sometelo a un tratamento bucal; ou que non dorme co oxíxeno, cando o seu pai lle dixo que non usaba a máquina pola noite porque fai ruído.

Polo exposto, vistos os preceptos legais citados, os seus concordantes e demais de xeral e pertinente aplicación , a Sala acorda:

Fallo

Rexeitar o recurso de apelación interposto pola representación procesual de don Antonio, contra o auto do 9 de febreiro de 2011 do Xulgado de Instrución núm. 1 da Estrada, confirmando na súa integridade o devandito auto de sobresemento e o arquivo das actuacións.

No tifíqueselles a presente resolución ao Ministerio Fiscal e aos demais que se constituíron en parte.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.