Auto Penal Nº 416/2008, A...re de 2008

Última revisión
04/09/2008

Auto Penal Nº 416/2008, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 49/2008 de 04 de Septiembre de 2008

Relacionados:

Tiempo de lectura: 4 min

Orden: Penal

Fecha: 04 de Septiembre de 2008

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 416/2008

Núm. Cendoj: 36038370022008200554

Resumen:
DELITO SIN ESPECIFICAR

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

AUTO: 00416/2008

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Sección núm. 2

Rolo: 49/08 C

Órgano de procedencia. Xdo Vigilancia Penitenciaria nº 2 Pontevedra.

Procedemento de orixe: EXPEDIENTE GENERICO núm 2030/2008

AUTO NÚM. 416

Maxistrados:

Don José Juán Ramón Barreiro Prado

Dona Mª Mercedes Pérez Martín Esperanza

Dona Rosario Cimadevila Cea

Pontevedra, a catro de Setembro de 2008.

Antecedentes

Primeiro. Na causa arriba mencionada o Xulgado de Vixilancia Penitenciaria núm. 2 de Pontevedra ditou auto con data do 9-6.08 estimatorio o recurso de queixa que o interno Teodosio interpuxo contra o acordo da Xunta de Tratamento do 27 de marzo de 2008 denegatorio do permiso.

Segundo. Contra a dita resolución o Ministerio Fiscal interpuxo o recurso de reforma ante o xulgado; este desestimouno por medio do auto do 27 de xunio de 2008 e admitiu o de apelación subsidiariamente formulado. Tras os trámites correspondentes, remitiuse o expediente a este tribunal para a súa resolución.

Expón o parecer da Sala o maxistrado D. José Juán Ramón Barreiro Prado.

Fundamentos

Único.- O auto do 9 de xuño de 2008 do Xulgado a quo concedíalle ao interno no Centro Penitenciario da Lama Teodosio un permiso ordinario de tres días, coas medidas ou regras de control consistentes na presentación ante as FSE ao principio e ao fin do devandito permiso, así como a custodia, o acompañamento, e o acollemento familiar.

Contra tal resolución o fiscal formulou un recurso de reforma, e subsidiario de apelación. Alegábase en tal escrito o afastamento do cumprimento da pena por situarse os ? no 15 de agosto de 2015 e resultar desta maneira prematura a preparación para a vida en liberdade, así como que, contrariamente ao que razoaba o maxistrado xuíz a quo, por ningures constaba o gozo de anteriores permisos de saída.

Contestando a esta última alegación, si que Teodosio xa gozou dun anterior permiso ordinario de saída concedido o 19 de maio de 2008 polo mesmo xulgado a quo, sen que daquela o Ministerio Fiscal recorrese contra o mesmo. As medidas ou regras de control foron as mesmas que agora, e non consta a máis mínima incidencia negativa relacionada con aquela anterior saída do interno apelado. En tal sentido, xa lembraba a STC 24/2005, do 14 de febreiro , que:

"En casos como el presente, de concesión o denegación de un permiso de salida a un preso que previamente había disfrutado del mismo, es evidente que el carácter circunstancial del supuesto hace que el órgano judicial no tenga que estar estrictamente vinculado al sentido de su decisión previa. El permiso podrá ser denegado porque hayan cambiado las circunstancias concretas del penado, o porque sin haberlo hecho existan razones que justifiquen un cambio en la valoración judicial acerca del riesgo de quebrantamiento de condena, o porque existan razones para interpretar que, frente a una comprensión anterior del sentido de la norma jurídica, ésta exige un riesgo menor de quebrantamiento para proceder a la denegación. Pero es necesario que tales razones se exterioricen, como única vía para que, dadas las circunstancias aparentemente homogéneas entre dos decisiones contradictorias, se deseche la impresión de que el resultado es arbitrario."

E repárese en que, verbo do aludido risco de quebrantamento, a propia Xunta de Tratamento do Centro Penitenciario da Lama cifrouno no 30% e cualificouno de risco normal, logo do gozo do anterior permiso de saída.

Por outra banda, se na impugnación deducida perante esta alzada se invoca o afastamento das ? do cumprimento da condena, máis lonxe aínda se atopaban cando, sen oposición do fiscal, xa antes o interno gozou doutro permiso ordinario de saída, á parte de non constituír aquel cumprimento un requisito dos aludidos nos artigos 47 LOXP e 154 RP , e si os mínimos de ter acadado ? da condena, figurar clasificado no segundo grao, e non observar unha mala conduta penitenciaria, plenamente acreditados no caso do apelado, como así o admite o propio apelante.

Rexeitamos así o recurso de apelación formulado polo Ministerio Fiscal e confirmamos a resolución xudicial que este impugnaba.

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,

Fallo

DESESTIMAR o recurso de apelación formulado polo Ministerio Fiscal, CONFIRMANDO el auto do 9 do xuño do Xulgado de Vixilancia Penitenciaría nº 2 de Pontevedra .

Devólvanselle as actuacións ao Xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe recurso ningún, para su cumprimento.

Únase un testemuño desta resolución aos autos correspondentes e ao rolo de Sala.

Así por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.