Última revisión
02/11/2010
Auto Penal Nº 427/2010, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 3/2010 de 02 de Noviembre de 2010
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 2 min
Orden: Penal
Fecha: 02 de Noviembre de 2010
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 427/2010
Núm. Cendoj: 36038370022010200406
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
AUTO: 00427/2010
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2 PONTEVEDRA
ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5
Tfno.: 986.80.51.19 Fax: 986.80.51.14
N90550 AUTO JUSTIFICADA ABSTENCION
N.I.G: 36005 41 2 2010 0104708
IAB Rollo: INCIDENCIA DE ABSTENCION 0000003 /2010 M
Órgano Procedencia: JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N. NUM000 de DIRECCION000
Proc. Origen: JUICIO DE FALTAS 0000546 /2010
Acusación:
Procurador/a:
Letrado/a:
Contra: ABSTENCION
Procurador/a:
Letrado/a:
A U T O NÚM. 427
ILMO. SR. MAXISTRADO PONENTE:
don José Juan Ramón Barreiro Prado, presidente
Pontevedra, dous de novembro de dous mil dez
Antecedentes
UNICO: Nesta Sección Segunda recibiuse oficio e actuacións do Xulgado de Instrución núm. NUM000 de DIRECCION000 , comunicando a causa de abstención que concorre no Xulgador no xuízo de faltas núm. 546/10, por canto unha das persoas que aparece como denunciada no informe da Garda Civil é parente por afinidade da Xulgadora de instancia dentro do cuarto grao. Recibidas as actuacións, pasáronse as mesmas ó maxistrado relator para o ditado da resolución procedente.
Fundamentos
Único.- No seo do xuízo de faltas 546/10 incoado polo Xulgado de Instrución número NUM000 de DIRECCION000 por mor da denuncia presentada por Consuelo contra Imanol e Maximiliano , a titular do devandito organismo xudicial acordou absterse. A razón esgrimida é que un dos referidos denunciados é parente seu por afinidade dentro do cuarto grao, polo que concorre a causa do artigo 219.1ª da Lei orgánica do poder xudicial.
Comunicada a abstención ao órgano xudicial ao que corresponde a competencia funcional para coñecer dos recursos contra as sentenzas que a xuíza dite -artigo 221.1 da Lei orgánica do poder xudicial-, este estima xustificada a mesma e a abstida debe afastarse definitivamente do asunto con remisión das actuacións a quen deba substituíla -artigo 221.4 da LOPX-.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,
Fallo
Estimar xustificada a abstención de dona Miriam , como xuíza titular do Xulgado de Instrución número NUM000 de DIRECCION000 , no xuízo de faltas 546/10. Deseguido debe a abstida afastarse definitivamente do asunto con remisión das actuacións a quen deba substituíla.
Devólvanselle as actuacións ao xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe recurso ningún, para a súa notificación e cumprimento.
Únase un testemuño desta resolución aos autos correspondentes e ao rolo de Sala.
Así, por medio deste auto, o acordo, mando e asino.
