Auto Penal Nº 443/2012, A...io de 2012

Última revisión
04/07/2012

Auto Penal Nº 443/2012, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 629/2012 de 04 de Julio de 2012

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 7 min

Orden: Penal

Fecha: 04 de Julio de 2012

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 443/2012

Núm. Cendoj: 36038370022012200439

Núm. Ecli: ES:APPO:2012:903A

Resumen:
FALTA DE INJURIAS O VEJACIONES Idioma: Gallego

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

AUTO: 00443/2012

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2 de PONTEVEDRA

Domicilio: ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Telf: 986.80.51.19

Fax: 986.80.51.14

Modelo: 662000

N.I.G.: 36005 41 2 2011 0104868

ROLLO: APELACION AUTOS 0000629 /2012CR

Juzgado procedencia: JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.1 de CALDAS DE REIS

Procedimiento de origen: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO 0000844 /2011

RECURRENTE: Roberto

Procurador/a: DAVID GARCIA SEXTO

Letrado/a: FRANCISCO JAVIER RIAL RODRIGUEZ

RECURRIDO/A: MINISTERIO FISCAL FISCAL

Procurador/a:

Letrado/a:

AUTO Nº 443 ==========================================================

ILMOS./AS. SRES./SRAS Presidente: D. JOSE JUAN BARREIRO PRADO

Magistrados Dª. ROSA DEL CARMEN COLLAZO LUGO

Dª. ROSARIO CIMADEVILA CEA

==========================================================

PONTEVEDRA, a catro de xullo de dous mil doce

Antecedentes

Primeiro.- Na causa arriba mencionada o Xulgado de Instrucción nº 1 de Caldas de Reis ditou un auto con data do 22 de decembro do 2011 no que acordou a incoación de dilixencias previas e, o mesmo tempo, o sobresemento provisional e arquivo das presentes actuacións.

Segundo.- Contra o dito auto pola representación do apelante, formulou recurso de reforma que foi desestimado por auto do 28 de marzo do 2012 , interpoñéndose recurso de apelación contra o mesmo e admitido a trámite, remitíronse as actuacións a este Tribunal para a súa resolución.

Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don JOSE JUAN BARREIRO PRADO.

Fundamentos

Primeiro.- Por un auto do 22 de decembro de 2011 a xulgadora a quo incoou dilixencias previas e, asemade, o seu sobresemento provisional e arquivo. Contra a amentada resolución recorreu en reforma e, subsidiariamente en apelación, o querelante Roberto . E por medio dun novo auto do 28 de marzo de 2012 rexeitouse a reforma e admitiuse a trámite a apelación perante esta alzada.

Segundo.- Con ocasión da campaña para as eleccións municipais do ano 2011 o PSdG-PSOE de Valga celebrou un mitin o día 15 de maio. O número 2 da candidatura, o querelado Bienvenido proferiu daquela unhas expresións que, na consideración do querelante, serían constitutivas dos delitos de calumnia e inxuria, dos artigos 205 , 206 , 208 , 209 e 211 do Código penal . As devanditas expresións son as que á letra se reflicten na querela que deu orixe á presente causa das que, en concreto, se subliñan as seguintes:

[...] colleron a unha persoa minusválida psíquica, xa nun estado moi avanzado, que foi ao Concello e o home, mentres a filla estaba falando coa asistenta social o señor estaba sentado fóra, colleulle un dedo, untoullo de tinta e apretoullo contra un documento [...] e xa paro de falar de Roberto .

Terceiro.- No artigo 205 do Código penal defínese a calumnia como a imputación dun delito feito con coñecemento da súa falsidade ou temerario desprezo da verdade. Xa que logo, precísase da atribución, carga, imputación ou acusación a outro da comisión dun feito delituoso. Mais esta acusación ten que ser concreta e terminante dun feito inequívoco e determinado, ben preciso na súa significación e subsumible, de xeito doado, na tipoloxía delituosa do Código penal. Non abondan así as atribucións xenéricas, vagas ou por analoxía, ou como lembra a STS 856/1997 , do 14 de xuño, as sinxelas sospeitas ou febles conxecturas, senón que debe resultar palpable a falsa asignación dos elementos requiridos para a definición do delito atribuído, segundo a súa descrición típica, aínda que sen necesidade dunha cualificación xurídica por parte do autor. E se o anterior aparece referido ao elemento obxectivo do delito de calumnia, o seu elemento subxectivo esixe que a imputación se faga con coñecemento da súa falsidade ou con temerario desprezo da verdade.

Pois ben, as expresións que se consideran imputacións dun delito non merecen a consideración de calumnia para os efectos do seu encadre no artigo 205 do Código penal . De entrada, o querelado emprega o plural colleron para referirse ás persoas que supostamente abordaron a unha persoa minusválida psíquica, xa nun estado moi avanzado . Por ningures se concreta que o fixese o querelante. Aínda que deseguido, iso si, o querelado se preguntou se os veciños de Valga tiñan que ir ao concello de Valga co notario e se non se podían fiar do alcalde, para el mesmo contestarse que non. E engadiu que tiñan que ter moito coidado con esa persoa -non se concreta se se refería ao alcalde, ás que collerona unha persoa minusválida psíquica ou se entre estas estaba o querelante- para rematar dicindo que xa paro de falar de Roberto . Pero é que, amais, o propio querelante non foi quen de concretar que delito lle imputou o querelado. Nin no escrito inicial de querela, nin no recurso de reforma e subsidiario de apelación foi quen de concretar convenientemente o delito do que fora obxecto de imputación por parte do querelado. Só no escrito posterior ao pronunciamento do auto na instancia polo que se rexeitou o seu precedente intento de reforma se esforzou en aludir a que se trataría dun delito de falsidade documental ou de coaccións dos artigos 390 e 172, respectivamente, do Código penal . En conclusión, non albiscamos no proceder do querelado e no contexto dun mitin político unha auténtica e nidia vontade de imputarlle ao querelante a comisión dun concreto delito.

Cuarto.- Para a existencia do delito de inxurias do artigo 208 do Código penal precísase da concorrencia dos seguintes elementos: un de carácter obxectivo, consistente na acción ou expresión que lesione a dignidade doutra persoa, con menoscabo da súa fama ou atentando contra a súa propia estimación; outro de carácter subxectivo cun compoñente nidiamente intencional e relativo a que aquela acción ou expresión debe responder ao propósito específico de querer ofender, vilipendiar, desacreditar, vexar , menosprezar, etc, á persoa destinataria delas; e un terceiro elemento consistente en toda a morea de circunstancias obxectivas e subxectivas, de ocasión, lugar, tempo, forma, etc, que axudan a verificar a verdadeira intención ou propósito que inspiraba ao autor da acción ou expresión (así as SSTS do 29 de novembro de 1985 , do 2 de decembro de 1989 , do 7 e 21 de decembro de 1990 e do 21 de maio de 1997 ).

O querelado era o número 2 da candidatura do PSdG-PSOE para as eleccións municipais ao Concello de Valga na campaña e eleccións do ano 2011. E foi nun mitin que o querelado proferiu as expresións que o querelante -alcalde en funcións daquela- tamén considera inxuriosas. Tratábase así de dúas persoas con, en maior ou menor medida, relevancia pública, e inmersas na campaña pola loita do voto para as eleccións ao Concello de Valga. Nesta época electoral impera unha maior tolerabilidade, ou deber de resistencia á crítica, esixible aos personaxes públicos, pola vinculación das expresións coa finalidade de corrección e polo mero análise sintáctico e semántico das empregadas (así a STC 89/2010, do 15 de novembro ). Xa que logo, o querelado actuaba como moito no marco da censura dun cargo público, dando así protagonismo á nidia finalidade política ( ATC 100/2009, do 23 de marzo ). E de sobras coñecida é a doutrina deste mesmo Tribunal relativa ao equilibrio entre o dereito ao honor dos que se dedican a unha actividade pública e, entre estas, a actividade política, e o dereito a expresar libremente as opinións que teñen os adversarios políticos. Incluso a denominada difamación por lixeireza non se considera punible (STS do 121 de xullo de 1991).

En conclusión, aínda lamentando a degradación en ocasións do contido do debate político, as expresións proferidas no presente caso polo querelado tampouco merecen o reproche penal a teor dos artigos 208 e 209 do Código penal . Á marxe queda a posibilidade de que o querelante acuda á vía civil correspondente.

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,

Fallo

Desestimar o recurso de apelación interposto pola representación de Roberto contra o auto do 28/03/2012 ditado polo Xulgado de Instrucción nº 1 de Caldas de Reis nas dilixencias previas 844/2011 confirmando o mesmo.

Devólvanselle as actuacións ao xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe recurso ningún, para a súa notificación e cumprimento.

Únase un testemuño desta resolución aos autos correspondentes e ao rolo de Sala.

Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.