Auto Penal Nº 444/2012, A...io de 2012

Última revisión
04/07/2012

Auto Penal Nº 444/2012, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 646/2012 de 04 de Julio de 2012

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 4 min

Orden: Penal

Fecha: 04 de Julio de 2012

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 444/2012

Núm. Cendoj: 36038370022012200440

Núm. Ecli: ES:APPO:2012:904A

Resumen:
FALSO TESTIMONIO Idioma: Gallego

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

AUTO: 00444/2012

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2 de PONTEVEDRA

Domicilio: ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Telf: 986.80.51.19

Fax: 986.80.51.14

Modelo: 662000

N.I.G.: 36038 43 2 2010 0016465

ROLLO: APELACION AUTOS 0000646 /2012CR

Juzgado procedencia: XDO. DE INSTRUCION N. 1 de PONTEVEDRA

Procedimiento de origen: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO 0000171 /2011

RECURRENTE: Lorenzo Procurador/a: PEDRO SANJUÁN FERNÁNDEZ

Letrado/a: JUAN ARESES TRAPOTE

RECURRIDO/A: Romeo , MINISTERIO FISCAL FISCAL

Procurador/a: ANTONIO FERNANDEZ GARCIA,

Letrado/a: OSCAR LUNA VERGARA,

AUTO NÚM. 444

==========================================================

MAXISTRADOS/AS

Ilmo. Sr. don José Juan Ramón Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona Rosa del Carmen Collazo Lugo

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

==========================================================

Pontevedra, a catro xullo de dous mil doce.

Antecedentes

Primeiro.- Na causa arriba mencionada o Xulgado de Instrucción nº 1 de Pontevedra ditou un auto con data do 21 de maio de 2012 no que acordou o sobresemento provisional da presente causa.

Segundo.- Contra o dito auto o procurador Pedro Sanjuan Fernández, na representación do apelante, formulou recurso de apelación, opoñéndose o Ministerio Fiscal eo Apelado e, admitido a trámite, remitíronse as actuacións a este Tribunal para a súa resolución.

Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don José Juan Ramón Barreiro Prado.

Fundamentos

Único.- Por un auto do 21 de maio de 2012 a maxistrada xuíza do xulgado a quo acordou o sobresemento provisional e o arquivo da causa que agora examinamos. Contra a amentada resolución recorre en apelación o querelante Lorenzo . O fiscal e o querelado Romeo opóñense a que acollamos a impugnación.

O 23 de febreiro de 2012 esta mesma Sección 2ª da Audiencia Provincial de Pontevedra pronunciou un auto polo que daquela se consideraba precipitado o mesmo sobresemento provisional e o arquivo da causa e se ordenaba a práctica de dilixencias cara ao esclarecemento dos feitos obxecto da querela. Deseguido prestaron declaración o querelante Lorenzo e o querelado Romeo e volvéronse a sobreser na instancia as actuacións. O auto contra o que se apela abofé que podía conformarse cunha máis cumprida fundamentación en troques do impreso estereotipado que se empregou. Mais, a falla de complicación dos feitos presuntamente constitutivos dun delito de falso testemuño do artigo 458 do Código penal , o feito de que antes si que se razoara convenientemente o pronunciamento do sobresemento e arquivo (autos do 1 de xuño e 4 de xullo de 2011) e a circunstancia de que o propio apelante aínda que critique a falla de motivación do auto non deduce a correspondente solicitude da súa nulidade, lévanos a obviar toda consideración para tal respecto.

En canto á cerna do asunto, concordamos plenamente co resolto na instancia que, polo demais, tamén coincide co solicitado polo fiscal. En esencia, o que afirmou o querelado no preito civil foi que os traballos que executou foron contratados e pagados por Nazario . E ren máis. O feito de que non fixese constar a nome de quen confeccionara a factura dos devanditos traballos pode obedecer a diversas posibilidades. Mais a circunstancia de que agora especifique que, efectivamente, na factura fixo constar o nome do propietario do edificio -o querelante Lorenzo - explícaa polo feito de que a persoa que lle encargou e pagou os servizos - Nazario , xenro do querelante- pedíralle que así o fixese por ser o querelante o dono do edificio. Poderanse albiscar suspicacias e dúbidas verbo de tal xeito de proceder, mais non da entidade suficiente como para poder sustentar nelas uns mínimos indicios dunha hipotética responsabilidade penal polo ilícito penal polo que se formulou a querela.

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,

Fallo

Desestimar o Recurso de apelación interposto polo apelante Lorenzo contra o auto do 21/05/2012 ditado polo Xulgado de Instrucción nº 1 de Pontevedra, no P.A. 171/2011 confirmando o mesmo.

Devólvanselle as actuacións ao xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe recurso ningún, para a súa notificación e cumprimento.

Únase un testemuño desta resolución aos autos correspondentes e ao rolo de Sala.

Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.