Auto Penal Nº 445/2011, A...io de 2011

Última revisión
07/07/2011

Auto Penal Nº 445/2011, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 229/2011 de 07 de Julio de 2011

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 3 min

Orden: Penal

Fecha: 07 de Julio de 2011

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 445/2011

Núm. Cendoj: 36038370022011200466

Núm. Ecli: ES:APPO:2011:987A

Resumen:
FALSIFICACIÓN DOCUMENTOS MERCANTILES

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

AUTO: 00445/2011

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2 de PONTEVEDRA

Domicilio: ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Telf: 986.80.51.19

Fax: 986.80.51.14

Modelo: 662000

N.I.G.: 36060 41 2 2010 0006692

ROLLO: APELACION AUTOS 0000229 /2011-M

Juzgado procedencia: JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.1 de VILAGARCIA DE AROUSA

Procedimiento de origen: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO 0001096 /2010

RECURRENTE: Vicente

Procurador/a:

Letrado/a: JOSE GOMEZ MUÑOZ

RECURRIDO/A: MINISTERIO FISCAL FISCAL

Procurador/a:

Letrado/a:

MAXISTRADOS/AS

Ilmo. Sr. don José Juan Ramón Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

Ilma. Sr. don Celso Joaquín Montenegro Vieitez

AUTO NÚM. 445

Pontevedra, sete de xullo de dous mil once.

Antecedentes

Primeiro.- Na causa arriba mencionada o Xulgado de Instrución núm. 1 de Vilagarcia de Arousa ditou un auto con data do 7 de xuño de 2011 no que acordou non haber lugar a admisión a trámite da querela interposta polo procurador Sr. Abalo Villaverde, na representación de Vicente contra Argimiro, acordando o arquivo das actuacións.

Segundo.- Contra o dito auto o Procurador Sr. Abalo Villaverde, na representación de Vicente, formulou recurso de apelación , e, admitido a trámite, remitíronse as actuacións a este Tribunal para a súa resolución.

Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don José Juan Ramón Barreiro Prado.

Fundamentos

Único.- A querela formulada por Vicente contra Argimiro polos supostos delitos de acusación e denuncia falsa do artigo 456.1.1º do Código penal e polo delito de falsidade en documento mercantil -ou oficial- dos artigos 390.1, 392 e 393 do mesmo texto legal non foi admitida a trámite pola xulgadora a quo, logo do informe no mesmo sentido da fiscala. E contra a amentada resolución recorre agora aquel en apelación perante esta alzada.

Por coincidirmos nun todo co informado pola fiscala e co resolto pola xulgadora da instancia, só debemos aproveitar a ocasión para insistir en que, efectivamente, o sobresemento dunha querela anterior por inxurias por parte de Argimiro contra Vicente non implica que os feitos daquela querela fosen falsos. Só que o nela narrado e investigado non foi suficiente para que o procedemento seguise adiante, e ren máis , xa que, entón, todo sobresemento dunhas dilixencias facultaría ao denunciado para, deseguido e sen o máis mínimo fundamento, replicar cunha querela baseándose no referido artigo 456.1.1º do Código penal. E, por outra banda, o pretendido feito de que o querelado confundise aos funcionarios na confección dunha acta tampouco encaixa dentro do tipo penal da falsidade, á marxe de todo tipo de consideracións que se poidan efectuar no eido administrativo.

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación ,

Fallo

Que cómpre rexeitar, como rexeitamos, o recurso de apelación interposto por don Vicente contra o auto do 7 de xuño de 2011, ditado polo Xulgado de Instrución núm. 1 de Vilagarcia de Arousa, nas DPA núm. 1096/10, confirmando o devandito auto.

Devólvanselle as actuacións ao xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe recurso ningún , para a súa notificación e cumprimento.

Únase un testemuño desta Resolución aos autos correspondentes e ao rolo de Sala.

Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.