Auto Penal Nº 446/2006, A...re de 2006

Última revisión
19/10/2006

Auto Penal Nº 446/2006, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 402/2006 de 19 de Octubre de 2006

Relacionados:

Tiempo de lectura: 3 min

Orden: Penal

Fecha: 19 de Octubre de 2006

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: VARELA CASTRO, LUCIANO

Nº de sentencia: 446/2006

Núm. Cendoj: 36038370022006200489

Resumen:
TRÁFICO DE DROGAS CUALIFICADO

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

AUTO: 00446/2006

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Sección núm. 002

Rolo: 0000402 /2006 P

Procedencia: JDO. INSTRUCCION N. 5 de VIGO

Proc. de orixe: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO nº 0003380 /2006

Maxistrados

Don José Juan Ramón Barreiro Prado, Presidente

Don Luciano Varela Castro

Dona Rosario Cimadevila Cea

AUTO NÚM. 446

Pontevedra, dezanove de outubro de dous mil seis

Antecedentes

Primeiro. Na causa arriba mencionada o Xulgado de Instrución núm. 5 de Vigo ditou o auto do 7 de setembro de 2006 no que se decretaba a prisión provisional comunicada e sen fianza de Jose Pablo .

Segundo. Contra o dito auto o avogado Rubén González Rodríguez, na representación de Jose Pablo , formulou recurso de apelación, e admitido a trámite, remitíronse as actuacións este Tribunal para resolución do mesmo.

Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don Luciano Varela Castro.

Fundamentos

Único.- Dúas son as razóns dadas para combate-la resolución que impón a prisión provisional: a) entende o apelante que non existen indicios dabondo de responsabilidade penal; e b) considera que non hai razóns para temer unha subtracción á acción da Xustiza.

A respecto da primeira alegación, abonda con advertir que o testemuño remitido recolle unha proba de testemuñas que xustifica que o apelante lle entrega ó cliente a bolsiña que a este se lle ocupa, moi particularmente a declaración deste cliente. Canto á natureza da substancia ocupada, esa mesma proba indica que o acusado a vendeu como heroína. Nada impide que, se a pericia indica outra cousa, a medida poida deixarse sen efecto. Pero, mentres, nada aconsella considerar que aquela substancia non era o devandito tóxico.

A respecto da finalidade xustificativa da cautela, ocorre que, amais da discutida no recurso, concorre a que neste non se combate: que o apelante ten tal morea de antecedentes, e destes varios por tráfico de drogas, que a sospeita de reiteración se xustifica no razoable vaticinio da probabilidade.

En consecuencia, estimando que concorren tódolos presupostos e requisitos dos artigos 503 e concordantes da LACr en relación á medida,o recurso advén infundado.

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación.

Fallo

DESESTIMAR o recurso de apelación formulado por Jose Pablo , fronte o auto do 7 de setembro de 2006, ditado polo Xulgado de Instrución núm. 5 de Vigo, nas diligencias previas 3380/06 , confirmando a devandita resolución.

Remítase ao xulgado de procedencia un testemuño da presente resolución, contra a que non cabe ningún recurso, para a súa notificación e cumprimento.

Únase un testemuño desta resolución ós autos correspondentes e ó rolo de Sala.

Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.