Última revisión
14/07/2011
Auto Penal Nº 457/2011, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 189/2011 de 14 de Julio de 2011
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 5 min
Orden: Penal
Fecha: 14 de Julio de 2011
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 457/2011
Núm. Cendoj: 36038370022011200473
Núm. Ecli: ES:APPO:2011:994A
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
AUTO: 00457/2011
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2 de PONTEVEDRA
Domicilio: ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5
Telf: 986.80.51.19
Fax: 986.80.51.14
Modelo: 662000
N.I.G.: 36017 41 2 2000 0100436
RT ROLLO: APELACION AUTOS 0000189 /2011 P
Juzgado procedencia: JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.1 de A ESTRADA
Procedimiento de origen: SUMARIO (PROC.ORDINARIO) 0000001 /2010
RECURRENTE: Nemesio , Teodulfo
Procurador/a: ALEJANDRA FREIRE RIANDE, MARIA DEL AMOR ANGULO GASCON
Letrado/a: JAVIER FERNANDEZ RUIZ, JAVIER FARRAN SAIZ
RECURRIDO/A: MINISTERIO FISCAL
Procurador/a:
Letrado/a:
MAXISTRADOS/AS
Ilmo. Sr. don José Juan Ramón Barreiro Prado, presidente
Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea
ILmo. Sr. don Celso Joaquín Montenegro Vieitez
A U T O núm. 457
Pontevedra, catorce de julio de dos mil once
Antecedentes
Primeiro.- Na causa arriba mencionada o Xulgado de instrución núm. 1 de A Estrada ditou un auto con data do 3 de febreiro de 2011 no que se declaraban procesados pola causa arriba referenciada a Nemesio, Teodulfo, Armando e Dionisio .
Segundo.- Contra o dito auto a Procuradora Magdalena Mendez-Benegassi Gamallo, na representación de Nemesio, e a Procuradora Raquel Puente Fernández, na representación de Teodulfo, formularon recursos de reforma, que foron admitidos e tramitados conforme á LACr., ditándose autos do 11 de marzo de 2011 , que os desestimaba. E interpostos recursos de apelación subsidiarios, remitironse as actuacións a este Tribunal para a súa resolución, sinalándose para a correspondiente vista o día 7 de xullo de 2011, celebrándose co resultado que consta no acta.
Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don José Juan Ramón Barreiro Prado.
Fundamentos
Único.- Mediante un auto do 3 de febreiro de 2011 o Xulgado de Instrución número 1 da Estrada declarou procesados, entre outros, a Nemesio e Teodulfo . Os recursos de reforma de ambos foron rexeitados por un novo auto do 11 de maio de 2011. Agora acoden en apelación perante esta alzada.
Como se colixe do artigo 384 da Lei de axuizamento criminal, o auto de procesamento constitúe unha Resolución que contén unha imputación formal exteriorizadora dun xuízo de probabilidade sobre a posible comisión dun delito determinado e a implicación que nel poida ter o procesado ( S.T.S. 1095/2002, do 10 de xuño ). A notificación da devandita Resolución xudicial ten por obxecto comunicarlle ao interesado os termos concretos da acción delituosa que se lle reprocha e a súa valoración legal, a teor dos datos de feito que nese momento existan na causa ( ST.S. 1940/2002, do 21 de novembro ). E engade a STS 867/2002, do 29 de xullo , que o auto de procesamento non debe ser máis que unha resolución motivada e provisional pola que se declara a unha persoa concreta como formalmente imputada, asemade que se lle comunica a existencia dunha determinada imputación para que poida defenderse dela con plenitude de medios. Trátase así dunha decisión interna e provisoria que, dalgún xeito, ao establecer a lexitimidade pasiva da persoa procesada ou imputada, representa, ao ser un requisito indispensable e previo da acusación, unha medida protectora daquela, evitando así que a vontade de quen acusa sexa un requisito suficiente para abrir o xuízo.
Precisamente son agora os procesamentos de Nemesio e Teodulfo, por un delito de secuestro ou de detención ilegal baixo condición para poñer en liberdade ao secuestrado dos artigos 163 e 164 do Código penal , os que se combaten. E devanditos procesamentos deben ser confirmados xa que o único que se argumenta na súa contra é a suficiencia dos indicios de criminalidade contra aqueles. Porén, abonda con remitírmonos ao literal contido do amplo antecedente primeiro -e único- do propio auto contra o que se recorre, e á súa fundamentación xurídica para rexeitar, sen máis, a pretendida falla de suficiencia dos indicios incriminatorios na contra de ambos os apelantes. No caso de Nemesio predícase que antes de contactar con Severino e Jesus Miguel xa o fixera con El señor para recibir instrucións. E, xa xuntos os tres, proporcionoulles aos dous colombianos un apartamento que a súa nai ten en Matalascañas, non percibindo nada a cambio. Verbo de se coñecía ou non que aqueles dous colombianos traían secuestrado a Constancio e que temporalmente ían agochalo no apartamento da súa nai, existen indicios suficientes que deberán ser depurados con posterioridade ao trámite no que agora se encontra a causa. Ao igual que cando guiou os colombianos cara a Sevilla precedendo ao coche no que ían estes co secuestrado na parte traseira. E outro tanto cómpre dicir do procesado Teodulfo o que , logo de contactar con El señor e os dous colombianos, lles facilitou unha propiedade en Calonge, Puebla del Río, Sevilla, na que agachar ao secuestrado.
Rexeitamos así o recurso de apelación e confirmamos a Resolución xudicial impugnada.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación ,
Fallo
DESESTIMAR os recursos de apelación formulados pola representación procesual de Nemesio e Teodulfo, fronte os autos ditados coa data 11 de marzo de 2011 polo Xulgado de Instrución núm. 1 de A Estrada, no sumario núm. 1/10, e confirmar a devanditas Resolucións nos seus termos.
A presente Resolución é firme e contra ela non cabe recurso ningún.
Devólvanselle as actuacións ao xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente Resolución, contra a que non cabe recurso ningún, para a súa notificación e cumprimento.
Únase un testemuño desta Resolución aos autos correspondentes e ao rolo de Sala.
Así, por medio deste auto, o acordamos , mandamos e asinamos.
