Última revisión
05/07/2012
Auto Penal Nº 457/2012, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 649/2012 de 05 de Julio de 2012
Relacionados:
Tiempo de lectura: 3 min
Orden: Penal
Fecha: 05 de Julio de 2012
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 457/2012
Núm. Cendoj: 36038370022012200464
Núm. Ecli: ES:APPO:2012:928A
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
AUTO: 00457/2012
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2 de PONTEVEDRA
Domicilio: ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5
Telf: 986.80.51.19
Fax: 986.80.51.14
Modelo: 662000
N.I.G.: 36008 41 2 2012 0001264
ROLLO: APELACION AUTOS 0000649 /2012-P-
Juzgado procedencia: JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.1 de CANGAS
Procedimiento de origen: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO 0000379 /2012
RECURRENTE: María Inmaculada
Procurador/a: SENEN SOTO SANTIAGO
Letrado/a: NIEVES PILAR OTERO LAMAS
RECURRIDO/A: MINISTERIO FISCAL FISCAL
Procurador/a:
Letrado/a:
AUTO Nº 457 ==============================================================
ILMO./AS. SRES./SRAS
Presidente:
Don José Juan Ramón Barreiro Prado
Maxistradas
Dona Rosa del Carmen Collazo Lugo
Dona Rosario Cimadevila Cea
==============================================================
Pontevedra a, cinco de xullo de dous mil doce.
Antecedentes
Primeiro.- Na causa arriba mencionada o Xulgado de Instrucción nº 1 de Cangas, ditou un auto con data do 14 de Marzo de 2012 , nas D. Previas Proc. Abreviado nº 379/2012, pola que se decretaba o sobresemento e arquivo das actuacións. Fronte a esta resolución dona María Inmaculada formulou recurso de reforma que foi desestimado por auto do 10 de Maio de 2012.
Segundo.- Contra o dito auto o procurador don Senén Soto Santiago, formulou recurso de apelación, e, admitido a trámite, remitíronse as actuacións a este Tribunal para a súa resolución.
Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don José Juan Ramón Barreiro Prado.
Fundamentos
Único.- As alegacións efectuadas pola apelante María Inmaculada , ao abeiro do artigo 766.4 da Lei de axuizamento criminal , non fan máis que poñer de relevo o pleno acerto do xulgador a quo á hora de acordar o sobresemento provisional e o arquivo das actuacións que agora examinamos. Ela mesma alude a que a obra executada e os materiais empregados, segundo o informe que achega, non son os idóneos para a instalación no seu fundo da vivenda familiar -un denominado chalé de madeira nórdico- por non reunir as condicións técnicas da edificación esixidas pola lexislación vixente para a zona da Gudiña. E que, segundo o mesmo informe, a casa presenta unha serie de patoloxías que afectan a súa habitabilidade e poderían chegar a ser de carácter estrutural, aludindo á invasión de axentes xilófagos.
Pois ben, esta argumentación non fai máis que subliñar o carácter eminentemente civil das desavinzas que poidan ter as partes que interviñeron na contratación, execución e entrega da obra que, de ser o caso, poderían obedecer a un incumprimento contractual ou a un incumprimento contractual defectuoso, mais nunca a un delito de estafa do artigo 248 do Código penal . Por ningures se albisca un engano precedente ou coetáneo á relación comercial entre as partes e se, logo, o executado non se axusta ao pactado ou resulta deficiente, todo posible engano posterior formaría parte da responsabilidade contractual correspondente, mais non se pode criminalizar, como atinadamente indica e resolve o xulgador da instancia, coa cita de profusa xurisprudencia.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,
Fallo
Desestimar o recurso de apelación formulado por o Procurador don Senén Soto Santiago, no nome e representación de dona María Inmaculada , contra a resolución do 10/05/2012 desestimando o recurso de reforma, interposto contra a resolución do 14/03/2012, polo que decreta o sobresemento provisional e arquivo das D. Previas Proc. Abreviado nº 379/2012, do Xdo. de Instrucción nº 1 de Cangas e, confirmar a resolución recorrida.
Devólvanselle as actuacións ao xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe recurso ningún, para a súa notificación e cumprimento.
Únase un testemuño ao rolo de Sala.
Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.

