Auto Penal Nº 464/2012, A...io de 2012

Última revisión
12/07/2012

Auto Penal Nº 464/2012, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 656/2012 de 12 de Julio de 2012

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 3 min

Orden: Penal

Fecha: 12 de Julio de 2012

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 464/2012

Núm. Cendoj: 36038370022012200455

Resumen:
ROBO CON VIOLENCIA O INTIMIDACIÓN Idioma: Gallego

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

AUTO: 00464/2012

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2 de PONTEVEDRA

Domicilio: ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Telf: 986.80.51.19

Fax: 986.80.51.14

Modelo: 662000

N.I.G.: 36038 51 2 2010 0001486

RT ROLLO: APELACION AUTOS 0000656 /2012 J

Juzgado procedencia: XDO. DO PENAL N. 1 de PONTEVEDRA

Procedimiento de origen: EJECUTORIAS 0000676 /2010

RECURRENTE: Aureliano

Procurador/a: MONTSERRAT FERNANDEZ NAZAR

Letrado/a: RUBEN PORTO PEDROSA

RECURRIDO/A: MINISTERIO FISCAL FISCAL

Procurador/a:

Letrado/a:

MAXISTRADOS/AS

Ilmo. Sr. don José Juan Ramón Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona Rosa del Carmen Collazo Lugo

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

A U T O NÚM. 464

Pontevedra, doce de julio de dos mil doce

Antecedentes

Primeiro.- Na causa arriba mencionada o Xulgado do Penal núm. 1 de Pontevedra ditou un auto con data do 14 de marzo de 2012 no que se acordaba denegar a suspensión da execución da pena dun ano e seis meses de prisión imposta ao penado Aureliano mentras non se resolvese sobre a petición de indulto solicitada.

Segundo.- Contra o dito auto a procuradora MONTSERRAT FERNÁNDEZ NAZAR, na representación de Aureliano , formulou recurso apelación e, admitido a trámite, remitíronse as actuacións a este Tribunal para a súa resolución.

Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don José Juan Ramón Barreiro Prado.

Fundamentos

Único.- Por un auto do 14 de marzo de 2012 o maxistrado xuíz a quo denegou a suspensión da execución da pena privativa de liberdade dun ano e seis meses de prisión imposta a Aureliano mentres non se resolvía a súa solicitude de indulto. Contra a amentada resolución recorre agora en apelación perante esta alzada, coa oposición do fiscal.

A manifestación do propio apelante de que cando formulou a solicitude de suspensión da execución da pena só lle faltaban catro meses para o licenciamento definitivo, foi o que levou a este Tribunal a solicitar do Xulgado a quo a correspondente liquidación de condena. Comprobamos así que, efectivamente, o próximo día 25 de xullo de 2012 cumpre a condena que solicita suspender por mor da súa petición de indulto. Xa que logo, se cando se lle denegou a suspensión na instancia xa se falaba dun cumprimento moi avanzado da pena, que dicir agora que faltan poucos días para o licenciamento definitivo do recorrente sen que se producisen novas verbo da actuación do poder executivo. Así as cousas, e á marxe dos posibles beneficios penitenciarios que lle corresponden e dos que, se cadra, xa está a facer uso, non procede acceder á solicitude do apelante.

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,

Fallo

DESESTIMAR o recurso de apelación formulado pola representación procesual do penado Aureliano , fronte o auto do 14 de marzo de 2012, ditado polo Xulgado do Penal núm. 1 de Pontevedra na executoria núm. 676/10, e confirmar a devandita resolución nos seus termos.

Devólvanselle as actuacións ao xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe recurso ningún, para a súa notificación e cumprimento.

Únase un testemuño desta resolución aos autos correspondentes e ao rolo de Sala.

Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.