Última revisión
14/11/2007
Auto Penal Nº 465/2007, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 446/2007 de 14 de Noviembre de 2007
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 5 min
Orden: Penal
Fecha: 14 de Noviembre de 2007
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 465/2007
Núm. Cendoj: 36038370022007200538
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
AUTO: 00465/2007
AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Sección núm. 002
Rolo: 0000446 /2007 A
Procedencia: JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.2 de CALDAS DE REIS
Proc. de orixe: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO nº 0000765 /2006
Maxistrados
Don José Juan Ramón Barreiro Prado, Presidente
Dona Mª Mercedes Pérez Martín Esperanza
Dona Rosario Cimadevila Cea
AUTO NÚM. 465
Pontevedra, catorce de novembro de dous mil sete
Antecedentes
Primeiro. Na causa arriba mencionada o Xulgado de Instrución núm. 2 de Caldas de Reis ditou o auto do 28 de maio de 2007 no que se acordaba o sobresemento provisional e o arquivo da causa, sen prexuízo das accións civís que poida, no seu caso, corresponder ao prexudicado.
Segundo. Contra o dito auto a procuradora Lucía Latorre Búa, na representación de Agapito , formulou recurso de reforma, que foi admitido e tramitado conforme á LACr., ditándose auto do 13 de agosto de 2007 , que o desestimaba. Notificada a devandita resolución ás partes, formulouse recurso de apelación, remitíndose as actuacións a esta Audiencia Provincial.
Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don José Juan Ramón Barreiro Prado.
Fundamentos
ÚNICO.- No recurso de reforma, e no subsidiario de apelación que agora nos ocupa, só se facía referencia á suposta existencia do delito de estafa, e ren mais, afastándose así o denunciante-apelante de toda consideración verbo dos tamén primeiramente mencionados delitos de intrusismo e falsidade.
Con motivo dunha das últimas ocasións que tivo, o Tribunal Supremo, na súa sentenza 593/2007, do 27 de xuño , lembraba que os chamados "negocios xurídicos criminalizados" existen cando "en un determinado contrato, una parte, que no tiene intención de cumplir con las prestaciones, o con lo más importante de las prestaciones, a que queda obligada al concertarlo, simula una voluntad de actuar conforme a lo pactado y en base a tal simulación consigue que la parte contraria cumpla con sus deberes contractuales quedando así perjudicada esta y enriquecida aquella que engañó a través de la mencionada simulación". Xa para o caso concreto, mais tamén con aproveitamento para o que agora nos ocupa, a amentada STS seguía: "Pero entendemos que no es suficiente lo razonado en el fundamento de derecho 2º de la mencionada sentencia recurrida para justificar esa aseveración que se hace en el capítulo de los hechos probados, antes entrecomillada, cuando se asegura que los acusados recibieron del dueño del chalet la cantidad de 14.983,10 euros que no pagaron a Agapito "puesto que nunca fue su intención hacerlo". Conforme a lo que acabamos de exponer, este es el concepto clave para distinguir entre las estafas que venimos denominando "negocios o contratos criminalizados" y los meros ilícitos civiles derivados del incumplimiento de lo pactado. Cabe decir en los hechos probados, en casos como el presente, que existió esa intención, previa o coetánea con el momento de contratar, relativa al propio no cumplimiento de la obligación de pagar el precio para beneficiarse de la prestación de la otra parte que actuaría así engañada por los acusados y resultaría en definitiva perjudicada en su patrimonio. Cabe afirmar, repetimos, la realidad de esa intención en los hechos probados; pero, para que esto pueda tener validez en la sentencia condenatoria, tal afirmación tiene que desarrollarse después a la hora de la motivación fáctica a través de una razonada y razonable exposición que pueda servir de fundamento a la mencionada afirmación en relación con la existencia de esa intención inicial (prueba de indicios) de los hechos objetivos y acreditados, anteriores, coetáneos o posteriores, que acompañaron al pretendido contrato criminalizado. Y es precisamente en este punto concreto donde falla la sentencia recurrida. Basta examinar su fundamento de derecho 2º, dedicado a este menester, para percatarnos de que faltan esos hechos objetivos que habrían de servir de base a tal aseveración sobre esa intención previa o coetánea al acto de disposición realizado en el caso presente por el querellante Agapito mediante sus trabajos de carpintería metálica en el chalet para el que le contrataron los acusados".
Na mesma liña así co resolto polo Xuíz da instancia e o previamente informado pola Fiscal, cómpre rexeitar toda posible idea de previo e antecedente engano por parte do agora apelado que puidese dar lugar á figura delituosa do artigo 248 do Código Penal . O acometemento e realización por parte do denunciado dunha nada desprezable parte da obra, tal cal así resulta do informe pericial obrante en autos e da testemuñal, á marxe da súa cualidade executiva, dende logo que non permiten presumir na intención daquel unha treta ou engano dirixido á mover a resistencia do agora apelante para efectuar a disposición patrimonial sen o outro, a súa vez, tela a máis mínima intención de comezar ou levar a cabo no esencial as obras, sen prexuízo dos típicos incumprimentos a dirimir na vía civil, máis non neste eido penal.
Rexéitase deste xeito o recurso de apelación e confírmase a resolución xudicial apelada.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación.
Fallo
DESESTIMAR o recurso de apelación formulado pola representación procesual de Agapito , e confirmar o auto do 28 de maio de 2007, ditado polo Xulgado de Instrucción núm. 2 de Caldas de Reis, nas diligencias previas núm. 765/06 .
Devólvanselle as actuacións ó xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe ningún recurso, para a súa notificación e cumprimento.
Únase un testemuño desta resolución ós autos correspondentes e ó rolo de Sala.
Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.
