Auto Penal Nº 466/2006, A...re de 2006

Última revisión
03/11/2006

Auto Penal Nº 466/2006, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 426/2006 de 03 de Noviembre de 2006

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 3 min

Orden: Penal

Fecha: 03 de Noviembre de 2006

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 466/2006

Núm. Cendoj: 36038370022006200505

Resumen:
LESIONES

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

AUTO: 00466/2006

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Sección núm. 002

Rolo: 0000426 /2006

Procedencia: JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.1 de CALDAS DE REIS

Proc. de orixe: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO nº 0000327 /2006

Maxistrados

Don José Juan Ramón Barreiro Prado, Presidente

Don Luciano Varela Castro

Dona Rosario Cimadevila Cea

AUTO NÚM. 466

Pontevedra, tres de novembro de dous mil seis

Antecedentes

Primeiro. Na causa arriba mencionada o Xulgado de Instrución núm. 1 de Caldas de Reis ditou o auto do 16 de xuño de 2006 , cuxa parte dispositiva di literalmente: "Rexístrense as denuncias do 15 de xuño de 2006 formuladas por don Bienvenido e don Eleuterio como Dilixencias Previas núm. 327/06. Non ha lugar á admisión a trámite da devandita denuncia".

Segundo. Contra o dito auto o MINISTERIO FISCAL, formulou recurso de reforma, que foi desestimado con data do 3 de outubro de 2006. Notificada amentada resolución ás partes, formulouse recurso de apelación, remitíndose as actuacións a esta Audiencia Provincial para a resolución do mesmo.

Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don José Juan Ramón Barreiro Prado.

Fundamentos

ÚNICO.- Ante a recepción dunha denuncia ordea o artigo 269 da Lei de Axuizamento Criminal proceder á comprobación do feito denunciado, agás que este último non presente os caracteres de ilícito penal, ou que a denuncia fose manifestamente falsa.

Semella que non estamos ante o caso dunha denuncia falsa a teor das fotocopias da declaración amigable de accidente de circulación que coas súas respectivas denuncias teñen achegado Bienvenido (condutor do Ford Escorpio, W-....-WF ) e Eleuterio (ocupante e asegurado do anterior), nas que consta a colisión que por alcance sufriron do turismo conducido por Gloria (Renault Megane, ....QQQ ).

Xa no devandito documento se facía constar que consecuencia do accidente foran os danos en ambos vehículos así como a existencia de lesionados. Lesións ás que igualmente se aludía nas dúas denuncias de mención. Pero é que estas últimas aínda cando fosen susceptibles de encher a previsión legal contida no artigo 621 do Código Penal , o certo é que os feitos en si mesmos (accidente de circulación debido a unha colisión por alcance nunha rúa de Caldas de Reis) nunca poderían merecer o reproche penal que se pretendía e si, no seu caso, o exercicio das accións civís que se estimen pertinentes en ausencia de todo mecanismo extraxudicial de satisfacción de intereses.

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación.

Fallo

DESESTIMAR o recurso de apelación formulado polo MINISTERIO FISCAL, fronte o auto do 16 de xuño de 2006, ditado polo xulgado de Instrucción núm. 1 de Caldas de Reis, nas diligencias previas núm. 327/06 , confirmando a devandita resolución nos seus termos.

Devólvanselle as actuacións ó xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe ningún recurso, para a súa notificación e cumprimento.

Únase un testemuño desta resolución ós autos correspondentes e ó rolo de Sala.

Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.