Auto Penal Nº 470/2006, A...re de 2006

Última revisión
07/11/2006

Auto Penal Nº 470/2006, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 429/2006 de 07 de Noviembre de 2006

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 3 min

Orden: Penal

Fecha: 07 de Noviembre de 2006

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 470/2006

Núm. Cendoj: 36038370022006200539

Resumen:
ESTAFA

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

AUTO: 00470/2006

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Sección 002ª

ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Tfno.: 986.80.51.19 Fax: 986.80.51.14

66200 AUTO RESOLVIENDO APELACION. VARIOS MAGISTRADOS

Rollo: 0000429 /2006, M.J.

Número Identificación Único: 36038 37 2 2006 0002132

Órgano Procedencia: JDO. DE INSTRUCCION N. 2 de PONTEVEDRA

Proc. Origen: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO nº 0001042 /2006

Apelante: Pedro Antonio

Procurador/a : MARIA DEL ROSARIO CASTRO CABEZAS

Apelado: MINISTERIO FISCAL FISCAL

Procurador/a :

A U T O Nº 470

===========================================================

Ilmos.Sres.:

Presidente

DON JOSE JUAN BARREIRO PRADO

Magistrados

DON LUCIANO VARELA CASTRO

Dª ROSARIO CIMADEVILA CEA

===========================================================

Pontevedra, Sete de Novembro de dous mil seis.

Antecedentes

PRIMERO.- Na causa arriba mencionada o Xulgado de Instrucción núm. dous de Pontevedra ditou auto do 15/5/2006 no que se decretaba o sobreseimiento e arquivo das actuacions.

SEGUNDO.- Contra dito auto a Procuradora Dª Rosario Castro Cabezas na representación de Don Pedro Antonio formulou recurso de apelación que foi admitido a trámite e remitironse ás actuaciones a este Tribunal para resolución do mesmo.

Sendo Ponente o Iltmo.Sr. Don JOSE JUAN BARREIRO PRADO.

Fundamentos

ÚNICO.- Compréndese o abraio que os feitos denunciados teñen ocasionado en Pedro Antonio e mesmo, se cadra, sería recomendable unha reconsideración da regulación legal de tal tipo de relacións entre as empresas fornecedoras dos servizos de teléfono, televisión, e internet, e os seus meros usuarios, para os casos de desavinzas xurdidas con motivo da prestación de tales servizos e, conseguintemente, do seu pagamento.

Mais o que se denunciaba na presente causa, con ser grave e mover á comprensión do estado de ánimo do denunciante, dende logo que non resulta subsumible nun ilícito penal e, en concreto, nos delitos de estafa e coacción que se tiñan citados. Neste sentido, e tal e como xa se ten razoado na instancia pola Maxistrada-Xuíz, nin existiu un engano precedente que levase ao denunciante a asinar o contrato coa empresa "R", e si numerosas diverxencias posteriores verbo da súa concreta execución, con inclusión da suposta defraudación relativa aos aparatos medidores, nin tampouco unhas coaccións no senso penal do termo dende o momento en que, por unha banda, a empresa alegando a devolución dun recibo bancario por importe de 228,47 euros advertía da suspensión dos servizos e, o seu usuario, daba orde ao banco de que non se aboasen máis recibos que presentase "R" con cargo a súa conta.

Rexéitase o recurso de apelación e mantense así o sobresemento libre e arquivo das actuacións decretado na instancia.

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación.

Daquela,

Fallo

Se desestima o recurso de apelación interposto pola representación de DON Pedro Antonio contra o auto do 15-5-2006 ditado polo Xulgado de Instrucción núm. 2 de Pontevedra, e confirmar dita resolución.

Devólvanse as actuacions ao Xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe ningún recurso, para a súa notificación e cumprimento.

Únase testemuño desta resolución ós autos correspondentes e ó rolo de Sala.

Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos se asinamos.

DILIGENCIA.- Seguidamente se cumple lo acordado. Doy fe.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.