Última revisión
22/11/2010
Auto Penal Nº 481/2010, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 160/2010 de 22 de Noviembre de 2010
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 4 min
Orden: Penal
Fecha: 22 de Noviembre de 2010
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 481/2010
Núm. Cendoj: 36038370022010200469
Núm. Ecli: ES:APPO:2010:1231A
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
AUTO: 00481/2010
AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Sección núm. 2
Rolo: RVP 160/2010 I
Órgano de procedencia: XDO. VIXILANCIA PENITENCIARIA NÚM. 2 DE PONTEVEDRA
Procedemento de orixe: EXPEDIENTE 1414/2010-1
Apelante : MINISTERIO FISCAL
Apelado : Carlos Miguel
Procuradora: LOURDES MARTÍNEZ CABRERA
Letrada : YOLANDA FORTÚNEZ ORTEGA
AUTO NÚM. 481
Maxistrados:
Don José Juán Ramón Barreiro Prado
Dona Rosario Cimadevila Cea
Don Luis Carlos Rey Sanfiz (Suplente)
Pontevedra, a vinte e dous de novembro de dous mil dez.
Antecedentes
Primeiro. Por medio do auto do 26 de marzo de 2010 o Xulgado de Vixilancia Penitenciaria núm. 2 de Pontevedra estima o recurso interposto polo interno Carlos Miguel , contra o acordo da Xunta de Tratamento do 28 de xaneiro de 2010.
Segundo. Contra a dita resolución o Ministerio Fiscal interpuxo o recurso de apelación ante o xulgado. Tras os trámites correspondentes, remitiuse o expediente a este tribunal para a súa resolución.
Expón o parecer da Sala o maxistrado don José Juán Ramón Barreiro Prado.
Fundamentos
Único.- Por un auto do 26 de marzo de 2010 o maxistrado xuíz do Xulgado de Vixilancia Penitenciaria número 2 de Galicia (Pontevedra ) concedeulle un permiso ordinario de saída de tres días ao interno no Centro Penitenciario da Lama Carlos Miguel , coas medidas ou regras de control consistentes na presentación ante as FSE ao comezo e ao final do permiso, a tutela de Celso , e a analítica de control. Contra a amentada resolución recorreu en apelación o fiscal alegando, en esencia, a reincidencia criminal do interno na comisión de delitos contra a seguridade do tráfico ou contra a seguridade viaria, contra a Administración de xustiza e contra a autoridade pública, a falla de submisión voluntaria a un tratamento específico de deshabituación ou rehabilitación do consumo abusivo de bebidas alcólicas, e o afastamento do cumprimento das tres cuartas partes da condena -25 de xuño de 2012-.
Pois ben, non podemos acoller a impugnación xa que o interno agora apelado reúne os requisitos que de mínimo vén esixindo a lexislación vixente para o gozo dun permiso ordinario de saída - arts. 47 da LOXP e 154 do RP - e, incluso, ten recoñecidas dúas recompensas e o posible risco de quebrantamento avalíase nun baixo 25%. Ademais, resulta que xa gozou doutros permisos de saída. En concreto, como o propio preso demostra, entre os días 4 e 7 de xullo de 2010 gozou dun sen a máis mínima incidencia negativa. Por iso debemos novamente lembrar a doutrina xurisprudencial (por todas a STC 24/2005, do 14 de febreiro ) segundo a cal:
En casos como el presente, de concesión o denegación de un permiso de salida a un preso que previamente había disfrutado del mismo, es evidente que el carácter circunstancial del supuesto hace que el órgano judicial no tenga que estar estrictamente vinculado al sentido de su decisión previa. El permiso podrá ser denegado porque hayan cambiado las circunstancias concretas del penado, o porque sin haberlo hecho existan razones que justifiquen un cambio en la valoración judicial acerca del riesgo de quebrantamiento de condena, o porque existan razones para interpretar que, frente a una comprensión anterior del sentido de la norma jurídica, ésta exige un riesgo menor de quebrantamiento para proceder a la denegación. Pero es necesario que tales razones se exterioricen, como única vía para que, dadas las circunstancias aparentemente homogéneas entre dos decisiones contradictorias, se deseche la impresión de que el resultado es arbitrario.
E abofé que, no presente caso, non existen méritos para mudar de criterio xudicial e, xa que logo, rexeitamos o recurso e confirmamos o auto contra o que apelaba o fiscal.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,
Fallo
Desestimar o recurso de apelación formulado polo Ministerio Fiscal, fronte o auto do 26 de marzo de 2010 ditado no expediente núm. 1414/2010-1 polo Xulgado de Vixilancia Penitenciaria núm. 2 de Pontevedra , e confirmar a devandita resolución no seus térmos.
A presente resolución é firme e contra ela non cabe recurso ningún.
Devólvase o expediente ó Xulgado de procedencia con testemuño desta resolución, para cumprimento do acordado, arquivándose o rolo.
Achéguese un testemuño desta resolución ó rolo de Sala.
Así o acordamos, mandamos e asinamos por medio deste auto.

