Última revisión
30/09/2008
Auto Penal Nº 490/2008, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 576/2008 de 30 de Septiembre de 2008
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 9 min
Orden: Penal
Fecha: 30 de Septiembre de 2008
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 490/2008
Núm. Cendoj: 36038370022008200587
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
AUTO: 00490/2008
AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Sección nº 002
Rolo: 576/2008 CR
Procedencia: JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.2 de CANGAS DE MORRAZO
Proc. de orixe: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO nº 434/2008
PIEZA SEPARADA DE SITUACION PERSONAL DE Luis Antonio
A U T O Nº 490
ILMOS/AS SRS/AS MAXISTRADOS/AS:
D. Juan Ramón Barreiro Prado, Presidente
Dª Mª Mercedes Pérez Martín Esperanza
Dª Rosario Cimadevila Cea
Pontevedra, trinta de setembro de dous mil oito
Antecedentes
Primeiro.- Na causa arriba mencionada o Xulgado de Instrución núm. 2 de Cangas de Morrazo ditou un auto con data do 8 de agosto de 2008 , no que se acordaba manter a prisión provisional comunicada e sen fianza de Luis Antonio , a disposición deste xulgado de Instrucción nº 2 de Cangas de Morrazo, en méritos do procedemento de Dilixencias Previas nº 434/08.
Segundo.- Contra o dito auto a Letrada Dona MARIA FERNANDEZ REFOJOS, na representación de Don Luis Antonio , formulo recurso de apelación, e, admitido a trámite, remitíronse as actuacións a este Tribunal para a súa resolución.
Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don Juan Ramón Barreiro Prado.
Fundamentos
Primeiro.- Por medio dun auto do 21 de abril de 2008 foi decretada a prisión provisional comunicada sen fianza de Luis Antonio .
No mes de xuño de 2008, este solicitou a liberdade provisional que, tras contar coa expresa oposición do Ministerio Fiscal, foi rexeitada polo novo auto do 8 de agosto pasado .
Agora en apelación recórrese contra esta última resolución.
Segundo.- Nunha das últimas ocasións que tivo ao respecto o Tribunal Constitucional, na súa Sentenza 152/2007, do 18 de xuño, lembraba que:
Desde la STC 128/1995, de 26 de junio , este Tribunal viene afirmando que la prisión provisional es una medida cautelar cuya legitimidad constitucional, en tanto que limitativa del derecho a la libertad personal ( art. 17.1 CE ) de quien aún goza del derecho a la presunción de inocencia, exige, como presupuesto, la existencia de indicios racionales de la comisión de un delito por parte del sujeto pasivo; como objetivo, la consecución de fines constitucionalmente legítimos y congruentes con la naturaleza de la medida (riesgo de fuga, de obstrucción del normal desarrollo del proceso o de reiteración delictiva); y como objeto, que se la conciba tanto en su adopción como en su mantenimiento como una medida de aplicación excepcional, subsidiaria, provisional y proporcionada a la consecución de dichos fines (por todas, SSTC 128/1995, de 26 de julio, FFJJ 3 y 4; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 33/1999, de 8 de marzo, FJ 3; 47/2000, de 17 de febrero, FJ 3 ; o más recientemente STC 35/2007, de 12 de febrero, FJ 2 ).
b) Las decisiones relativas a la adopción y mantenimiento de prisión provisional han de expresarse a través de una resolución judicial motivada, motivación que ha de ser "suficiente y razonable", entendiendo por tal no la que colma meramente las exigencias del derecho a la tutela judicial efectiva, sino aquélla que respeta el contenido constitucionalmente garantizado del derecho a la libertad afectado, ponderando adecuadamente los intereses en juego -la libertad de la persona cuya inocencia se presume, por un lado; la realización de la administración de la justicia penal, en atención a los fines que hemos reseñado, por otro- a partir de toda la información disponible en el momento de adoptar la decisión y del entendimiento de la prisión provisional como una medida excepcional, subsidiaria y provisional.
Para ello, obviamente, la resolución judicial ha de expresar cuál es el presupuesto de la medida y el fin constitucionalmente legítimo perseguido. Y, en relación con la constatación del peligro de fuga, hemos destacado que deberán tomarse en consideración "además de las características y la gravedad del delito imputado y de la pena con que se le amenaza, las circunstancias concretas del caso y las personales del imputado", matizando que si bien en un primer momento la necesidad de preservar los fines constitucionalmente legítimos de la prisión provisional pueden justificar que se adopte atendiendo sólo a circunstancias objetivas como el tipo de delito y la gravedad de la pena, el transcurso del tiempo modifica el valor de este dato en la ponderación y obliga a tomar en consideración las circunstancias personales del sujeto privado de libertad y los datos del caso concreto (por todas, SSTC 128/1995, de 26 de julio, FJ 4; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 47/2000, de 17 de febrero, FJ 3; 35/2007, de 12 de febrero, FJ 2 ).
Un bo resumo de tal doutrina máis recentemente aínda fíxoa o mesmo Tribunal Constitucional na súa sentenza 27/2008, do 11 de febreiro, segundo a cal:
Por ello la legitimidad constitucional de la prisión provisional exige que su aplicación tenga como presupuesto la existencia de indicios racionales de la comisión de una acción delictiva; como objetivo la consecución de fines constitucionalmente legítimos y congruentes con la naturaleza de la medida; y como fundamento la ponderación de las circunstancias concretas que, de acuerdo con el presupuesto legal y la finalidad constitucionalmente legítima, permitan la adopción de la medida ( SSTC 62/1996, de 16 de abril, FJ 5; 44/1997, de 10 de abril, FJ 5; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 33/1999, de 8 de marzo, FJ 3, y 14/2000, de 17 de enero, FJ 4 ). En la STC 333/2006, de 20 de noviembre, FJ 3 , se concretó como constitutiva de estos fines la conjura de ciertos riesgos relevantes para el desarrollo normal del proceso o para la ejecución del fallo que parten del imputado: su sustracción a la acción de la Justicia, la obstrucción de la instrucción penal y, en un plano distinto, aunque íntimamente relacionado, la reiteración delictiva, pero lo que en ningún caso puede perseguirse con la prisión provisional son fines punitivos o de anticipación de la pena, o fines de impulso de la instrucción sumarial, propiciando la obtención de pruebas de declaraciones de los imputados, etc. Y, con cita en la STC 128/1995, de 26 de julio, FJ 2 , se concluyó que "todos estos criterios ilustrarían, en fin, la excepcionalidad de la prisión provisional que tantas veces ha subrayado este Tribunal.
A aplicación da anterior doutrina constitucional con motivo do recurso de apelación formulado por Luis Antonio nun todo nos amosa a corrección da resolución da instancia e, xa que logo, a inexorable desestimación daquela impugnación.
Non cómpre poñer en dúbida a concorrencia dos requisitos esixidos no artigo 503.1.1º e 2º da Lei de axuizamento criminal . Isto é, e enténdase que só para os efectos da resolución do presente recurso de apelación: a existencia duns feitos que presentan os caracteres do delito contra a saúde pública dos artigos 368, e 369.1.2ª e 6ª do Código penal , de todos os cales se tira a posibilidade de imposición dunhas penas privativas de liberdade notoriamente elevadas e que, en todo caso, superan con creces os dous anos de prisión; así como que na causa constan motivos bastantes para crer responsable criminalmente de tales figuras delituosas á persoa contra a que precisamente se ditou o auto de prisión, como así o demostra a profusión de indicios contra Luis Antonio dos que se dá conta tanto no orixinal auto de prisión como no que rexeitou a posterior solicitude de liberdade (interceptación pola Garda Civil do vehículo que o apelante ocupaba con outras dúas persoas, incautación ao recorrente de 154 gramos de cocaína, unha balanza de precisión que se atopou no interior do turismo, o resultado das dilixencias de entrada e rexistro nos domicilios tanto do apelante como dos outros dous suxeitos, etc.), circunstancias e detalles todos eles que se deben entender aquí por reproducidos para os efectos de evitar a súa inútil reiteración.
Agora ben, a carón de tales requisitos a lei esixe, para ditar e manter tan drástica medida cautelar persoal como é a privación da liberdade, que coa mesma se persiga algunha das finalidades que tamén no citado artigo 503 da LACrim se prevén. E verbo dos amentados fins, o xuíz a quo reflectiu o de asegurar a presenza do imputado no proceso (artigo 503.1.3º a da LACrim), co que á forza se debe coincidir ao tratarse o apelante dunha persoa de nacionalidade portuguesa sen o máis mínimo arraigo no noso país, agás o ben insuficiente de figurar empadroado en Cangas, vivir nunha vivenda alugada pola súa muller máis dun mes despois de que este fose apresado, e unha mera solicitude de admisión da filla nun colexio de Cangas, da que nin consta a data, presentación, selos, etc., nin nada máis se sabe.
A importancia da pena privativa de liberdade anoada ao delito que se lle imputa ao recorrente, e o ben avanzado da instrución, non fan máis que xustificar a actual situación persoal na que se mantén a Luis Antonio .
Por último, debemos rexeitar que o auto contra o que se recorre careza de motivación por reflectir que persisten os mesmos motivos en virtude dos cales se adoptara a prisión provisional do imputado, por canto que en casos, como o presente, nos que o obxecto do recurso non é directamente o auto de prisión, senón a formulación da solicitude de liberdade posterior polo mero lapso temporal transcorrido dende aquela, se os motivos da medida cautelar persoal seguen a manter toda a súa vixencia, en troques de repetilos, abonda con remitirse a eles.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,
Fallo
Que debiamos desestimar e desestimamos o recurso de apelación interposto pola letrada de Don Luis Antonio fronte o Auto ditado con data do 8 de agosto de 2008, polo Ilmo. Maxistrado-Xuíz do Xulgado de Instrución núm. 2 de Cangas de Morrazo , na Peza separada de situacion persoal de Luis Antonio do procedemento de Dilixencias Previas Proc. abreviado núm. 434/08 (rolo de apelación núm. 576/08), e debemos confirmar o mencionado Auto.
Devólvanselle as actuacións ao xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe recurso ningún, para a súa notificación e cumprimento.
Únase un testemuño desta resolución aos autos correspondentes e ao rolo de Sala.
Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.
