Auto Penal Nº 497/2008, A...re de 2008

Última revisión
30/09/2008

Auto Penal Nº 497/2008, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 483/2008 de 30 de Septiembre de 2008

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 3 min

Orden: Penal

Fecha: 30 de Septiembre de 2008

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 497/2008

Núm. Cendoj: 36038370022008200590

Resumen:
ESTAFA

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

AUTO: 00497/2008

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Sección nº 002

Rolo: 483/2008 CR

Procedencia: JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.1 de A ESTRADA

Proc. de orixe: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO nº 681/2007

A U T O Nº 497

ILMOS/AS SRS/AS MAXISTRADOS/AS

D. Juan Ramón Barreiro Prado, Presidente

Dª Mª Mercedes Pérez Martín Esperanza

Dª Rosario Cimadevila Cea

Pontevedra, trinta de setembro de dous mil oito

Antecedentes

Primeiro.- Na causa arriba mencionada o Xulgado de Instrución núm. 1 de A Estrada ditou un auto con data do 4 de xuño de 2008 , no que acordaba a reforma do auto de data 27 Setembro 2007 , no sentido de alzar o sobresemento libre acordado e ordenar a práctica da dilixencia indicada no mismo.

Segundo.- Contra o dito auto a representación procesual de D. Cornelio , formulo recurso de apelación, e, admitido a trámite, remitíronse as actuacións a este Tribunal para a súa resolución.

Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don Juan Ramón Barreiro Prado.

Fundamentos

Único.- Tal e como se narraban os feitos na querela formulada por Olegario contra Estefanía , e Cornelio , Regina e Aida , o único inicial xeito de indagar se os feitos son ou non constitutivos dun delito de estafa dos artigos 248 e 249 do Código penal , ou dun delito de apropiación indebida do artigo 252 do mesmo texto legal, é a práctica da dilixencia solicitada polo fiscal no seu informe do 31 de outubro de 2007 (folla 116 das actuacións) e acordada pola xuíza a quo no seu último auto do 4 de xuño de 2008 . Só despois da recepción de tal documental, da súa análise, e das dilixencias que da anterior proba se puidesen derivar, é que novamente, e con máis fundamento, se poderá definitivamente decidir se as actuacións deben proseguir, ou se o procedente é o seu sobresemento e arquivo, con estudo incluso da posibilidade da prescrición agora invocada polo apelante no seu recurso.

Rexeitamos así o recurso de apelación formulado e confirmamos a resolución xudicial impugnada.

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,

Fallo

Que debiamos desestimar e desestimamos o recurso de apelación interposto pola representacion procesual de D. Cornelio fronte o Auto ditado con data do 4 de xuño de 2008 polo Ilmo. Maxistrado-Xuíz do Xulgado de Instrucción nº 1 de A Estrada, no procedemento de Diligencias Previas Proc. Abreviado núm. 681/07 (rolo de apelación núm. 483/08), e debemos confirmar o mencionado Auto.

Devólvanselle as actuacións ao xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe recurso ningún, para a súa notificación e cumprimento.

Únase un testemuño desta resolución aos autos correspondentes e ao rolo de Sala.

Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.