Auto Penal Nº 503/2008, A...re de 2008

Última revisión
08/10/2008

Auto Penal Nº 503/2008, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 77/2008 de 08 de Octubre de 2008

Relacionados:

Tiempo de lectura: 4 min

Orden: Penal

Fecha: 08 de Octubre de 2008

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: CIMADEVILA CEA, MARIA DEL ROSARIO

Nº de sentencia: 503/2008

Núm. Cendoj: 36038370022008200591

Resumen:
DELITO SIN ESPECIFICAR

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

AUTO: 00503/2008

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Sección núm. 2

Rolo: 77/08 J

Órgano de procedencia: Xulgado de Vixilancia Penitenciaria núm. 2 de Pontevedra

Procedemento de orixe: Expediente núm. 915/08

AUTO NÚM. 503

Maxistrados:

Don José Juán Ramón Barreiro Prado

Dona Mª Mercedes Pérez Martín Esperanza

Dona Rosario Cimadevila Cea

Pontevedra, oito de outubro de dous mil oito

Antecedentes

Primeiro. Por medio do auto do 9 de xuño de 2008, o Xulgado de Vixilancia Penitenciaria núm. 2 de Pontevedra desestimou a petición sobre liberdade condicional por enfermidade incurable, formulada polo interno Everardo , e o arquivo do expediente.

Segundo. Contra a dita resolución o interno interpuxo o recurso de reforma ante o xulgado; este desestimouno por medio do auto do 21 de xullo de 2008 , e notificada amentada resolución ás partes, formulouse recurso de apelación. Tras os trámites correspondentes, remitiuse o expediente a este tribunal para a súa resolución.

Expón o parecer da Sala a maxistrada Dª Rosario Cimadevila Cea.

Fundamentos

PRIMEIRO.- O interno no centro penitenciario de A Lama Everardo formulou recurso contra o acordo polo que mantiña a súa continuidade no segundo grao.

Por auto do Xulgado de Vixilancia Penitenciaria nº 2 dos de Galicia de data 9 de xuño de 2008 rexeitouse o amentado recurso do interno, e o posterior auto do 21 de xullo de 2008 desestimou o recurso de reforma deducido contra a anterior resolución. Agora, perante esta alzada, recórrese en apelación.

Atopándonos, como nos atopamos, ante o recurso contra unha decisión do Xuíz de Vixilancia Penitenciaria nunha cuestión de clasificación de grao e pretensión de liberdade condicional que afectan directamente ao réxime da execución da pena, cómpre traer a colación a doutrina sentada pola sentencia do Tribunal Supremo 671/2002, do 9 de xullo , segundo a cal "... el hecho de que se trate de una materia en la que, por razones elementales de seguridad jurídica, se ha de operar con pautas predeterminadas de carácter general, hizo que la Sala estimase conveniente someter el asunto a un pleno no jurisdiccional del tribunal, que -celebrado el día 28 de junio del año en curso- ha resuelto en el sentido de entender que corresponde aplicar la Disposición adicional quinta, 2 LOPJ , que aborda de forma específica el régimen de recursos contra las decisiones del Juez de vigilancia penitenciaria. Y hacerlo con el criterio de que los recursos contra las decisiones del Juez de vigilancia penitenciaria en cuestiones de clasificación del penado, en la medida que interesan directamente al régimen de ejecución de la pena, es decir, a la ejecución de lo juzgado ( art. 117,3 CE [RCL 19782836; ApNDL 2875 ] y art. 3, 1 y 2 CP ) son competencia del tribunal sentenciador. Y si esto ha de ser así con carácter general, más cuando la resolución de que se trate pueda llevar consigo la libertad condicional y, por consiguiente, la eventual aplicación de medidas de las previstas en el art. 105 CP ".

Xa que logo, correspóndelle a competencia para a resolución do recurso nesta alzada ó tribunal sentenciador, ó que se deberá remitir o expediente polo Xulgado a quo.

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación.

Fallo

Declarar que non resulta competente para a resolución do recurso de apelación formulado polo interno Everardo , contra o auto dictado o 9 de xuño de 2008, polo Ilmo. Sr. Maxistrado-Xuíz do Xulgado de Vixilancia Penitenciaria nº 2 dos de Galicia no expediente 915/08 , debéndoselle remitir as actuacións á Oficina de Notificacións e Reparto para que sexa turnado ao Tribunal sentenciador.

Devólvanse os autos ao Xulgado de procedencia, con testemuño da presente resolución, contra a que non cabe recurso algún, para súa notificación e cumprimento.

Únase testemuño da presente os autos da súa razón e o rolo de Sala.

Así o acordan e asinan os Ilmos.Sres. Maxistrados anotados a marxen, do que certifico.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.