Auto Penal Nº 508/2011, A...to de 2011

Última revisión
18/08/2011

Auto Penal Nº 508/2011, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 268/2011 de 18 de Agosto de 2011

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 9 min

Orden: Penal

Fecha: 18 de Agosto de 2011

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 508/2011

Núm. Cendoj: 36038370022011200511

Núm. Ecli: ES:APPO:2011:1045A

Resumen:
QUEBRANTAMIENTO CONDENA O MEDIDA CAUTELAR

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

AUTO: 00508/2011

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2 de PONTEVEDRA

2252408F

Domicilio: ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Telf: 986.80.51.19

Fax: 986.80.51.14

Modelo: 662000

N.I.G.: 36038 43 2 2011 0008322

ROLO: APELACION AUTOS 0000268 /2011CR

Xulgado procedencia: XDO. DE INSTRUCION N. 1 de PONTEVEDRA

Procedemento de orixen: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO 0001906 /2011

RECURRENTE: Gregorio

Procurador/a:

Letrado/a: MERCEDES GALIANO MONTES

RECURRIDO/A: MINISTERIO FISCAL FISCAL

Procurador/a:

Letrado/a:

AUTO Nº 508 ==========================================================

ILMOS. SRES. MAXISTRADOS

D. JOSE JUAN BARREIRO PRADO

D.JOSE CARLOS MONTERO GAMARRA

D. CRISTINA NAVARES VILLAR

==========================================================

En PONTEVEDRA, a dazaoito de agosto de 2011

Antecedentes

Primeiro. - Na causa arriba mencionada o Xulgado de Instrucción nº 1 de Pontevedra ditou un auto con data do 14 de xullo de 2011 no que acordase a prisión provisional comunicada e sin fianza de Gregorio .

Segundo.- Contra o dito auto a defensa de Gregorio formulou recurso de reforma que foi desestimado por auto do 20 de xullo e, admitido o recurso de apelación subsidiariamente interposto, remitíronse as actuacións a este Tribunal para a súa resolución.

Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don JOSE JUAN BARREIRO PRADO.

Fundamentos

Único .- Por un auto do 14 de xullo de 2011 a maxistrada xuíza do Xulgado de Instrución número 1 de Pontevedra acordou a prisión provisional e sen fianza de Gregorio . E , por medio dun novo auto do 20 de xullo de 2011, rexeitou o recurso de reforma que presentou o preso contra a citada decisión e admitiu a trámite perante esta alzada o subsidiario recurso de apelación, coa oposición do fiscal.

Lembraba o Tribunal Constitucional , na súa sentenza 152/2007, do 18 de xuño , que:

Desde la STC 128/1995, de 26 de junio, este Tribunal viene afirmando que la prisión provisional es una medida cautelar cuya legitimidad constitucional, en tanto que limitativa del Derecho a la libertad personal ( art. 17.1 C.E. ) de quien aún goza del Derecho a la presunción de inocencia, exige , como presupuesto, la existencia de indicios racionales de la comisión de un delito por parte del sujeto pasivo; como objetivo, la consecución de fines constitucionalmente legítimos y congruentes con la naturaleza de la medida (riesgo de fuga, de obstrucción del normal desarrollo del proceso o de reiteración delictiva); y como objeto, que se la conciba tanto en su adopción como en su mantenimiento como una medida de aplicación excepcional, subsidiaria, provisional y proporcionada a la consecución de dichos fines (por todas, SSTC 128/1995 , de 26 de julio, FFJJ 3 y 4; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 33/1999, de 8 de marzo , FJ 3; 47/2000, de 17 de febrero, FJ 3 ; o más recientemente STC 35/2007, de 12 de febrero, FJ 2 ).

Las decisiones relativas a la adopción y mantenimiento de prisión provisional han de expresarse a través de una Resolución judicial motivada, motivación que ha de ser "suficiente y razonable", entendiendo por tal no la que colma meramente las exigencias del derecho a la tutela judicial efectiva , sino aquélla que respeta el contenido constitucionalmente garantizado del Derecho a la libertad afectado, ponderando adecuadamente los intereses en juego -la libertad de la persona cuya inocencia se presume, por un lado; la realización de la administración de la justicia penal, en atención a los fines que hemos reseñado, por otro- a partir de toda la información disponible en el momento de adoptar la decisión y del entendimiento de la prisión provisional como una medida excepcional , subsidiaria y provisional.

Para ello, obviamente, la Resolución judicial ha de expresar cuál es el presupuesto de la medida y el fin constitucionalmente legítimo perseguido. Y, en relación con la constatación del peligro de fuga, hemos destacado que deberán tomarse en consideración "además de las características y la gravedad del delito imputado y de la pena con que se le amenaza , las circunstancias concretas del caso y las personales del imputado" , matizando que si bien en un primer momento la necesidad de preservar los fines constitucionalmente legítimos de la prisión provisional pueden justificar que se adopte atendiendo sólo a circunstancias objetivas como el tipo de delito y la gravedad de la pena, el transcurso del tiempo modifica el valor de este dato en la ponderación y obliga a tomar en consideración las circunstancias personales del sujeto privado de libertad y los datos del caso concreto (por todas, S.S.T.C. 128/1995, de 26 de julio, FJ 4; 66/1997 , de 7 de abril, FJ 4; 47/2000, de 17 de febrero, FJ 3; 35/2007, de 12 de febrero, FJ 2 ).

Un bo resumo de tal doutrina fíxoa aínda máis recentemente o mesmo Tribunal Constitucional na súa sentenza 27/2008 , do 11 de febreiro, posteriormente reiterada polas SSTC 122/2009, do 18 de maio, e 50/2009, do 23 de febreiro . Así:

Por ello la legitimidad constitucional de la prisión provisional exige que su aplicación tenga como presupuesto la existencia de indicios racionales de la comisión de una acción delictiva; como objetivo la consecución de fines constitucionalmente legítimos y congruentes con la naturaleza de la medida; y como fundamento la ponderación de las circunstancias concretas que, de acuerdo con el presupuesto legal y la finalidad constitucionalmente legítima, permitan la adopción de la medida ( SST.C. 62/1996, de 16 de abril , FJ 5; 44/1997, de 10 de abril, FJ 5; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 33/1999, de 8 de marzo, FJ 3 , y 14/2000, de 17 de enero, FJ 4 ). En la S.T.C. 333/2006, de 20 de noviembre , FJ 3, se concretó como constitutiva de estos fines la conjura de ciertos riesgos relevantes para el desarrollo normal del proceso o para la ejecución del fallo que parten del imputado: su sustracción a la acción de la Justicia, la obstrucción de la instrucción penal y, en un plano distinto, aunque íntimamente relacionado , la reiteración delictiva, pero lo que en ningún caso puede perseguirse con la prisión provisional son fines punitivos o de anticipación de la pena, o fines de impulso de la instrucción sumarial, propiciando la obtención de pruebas de declaraciones de los imputados, etc. Y, con cita en la STC 128/1995, de 26 de julio, FJ 2, se concluyó que "todos estos criterios ilustrarían , en fin, la excepcionalidad de la prisión provisional que tantas veces ha subrayado este Tribunal."

A aplicación da anterior doutrina constitucional con motivo do recurso de apelación formulado por Gregorio amósanos a total corrección da Resolución da instancia e, xa que logo, deriva na inexorable desestimación dunha impugnación efectuada en idénticos termos que os empregados para o previo recurso de reforma , contundentemente rexeitados na instancia pola maxistrada xuíza a quo .

Non cómpre poñer en dúbida a concorrencia dos requisitos esixidos no artigo 503.1.1º e 2º da Lei de axuizamento criminal . Isto é, e enténdase que só para os efectos da resolución do presente recurso de apelación, a existencia duns feitos que presentan os caracteres do delito de quebrantamento de condena do artigo 468 do Código penal . Deste precepto legal tírase a posibilidade de impoñer unha pena privativa de liberdade que, malia resultar inferior aos dous anos de prisión, se debe poñer en relación co artigo 503.1.3º.c) do mesmo texto legal, ao ser a finalidade da medida cautelar de prisión, precisamente, a de evitar a reiteración delituosa do agora apelante contra a súa ex-parella María Purificación . Amais , na causa constan motivos bastantes para crer responsable criminalmente de tal figura delituosa a persoa contra a que se ditou o auto de prisión, como o demostran, en parte, as declaracións do propio apelante ao recoñecer que sabía que se encontraba a unha distancia inferior á imposta xudicialmente verbo do lugar de traballo da súa ex-parella. Así o testemuñaron os axentes da Policía Nacional que o detiveron na mesma rúa de Pontevedra -a rúa Palamios- onde María Purificación traballa, e onde o recorrente se encontraba fixando carteis co fin de ofertar os seus traballos como pintor e albanel, coa esperanza, quizais, de que se alguén demandaba os seus servizos poder xustificar a súa presenza ben preto daquela.

Agora ben, a carón de tales requisitos a lei esixe , para ditar e manter tan drástica medida cautelar persoal como é a privación da liberdade, que con ela se persiga algunha das finalidades que tamén no citado artigo 503 da LACrim se prevén. E verbo dos amentados fins a Resolución xudicial da instancia alude ao de evitar o risco de que o imputado poida cometer outros feitos delituosos semellantes contra a súa ex-parella. Pois ben, plenamente concordamos con tal apreciación xa que a reiteración delituosa aparece reflectida dun xeito incontestable no testemuño de particulares enviado a esta alzada, no que constan -amais da condena que indiciariamente quebrantou agora- outra anterior polo mesmo delito do artigo 468 do Código penal, e outra máis por violencia no ámbito familiar e ameazas do artigo 171.4 e 5 do Código penal, ambas por feitos cometidos no mes de agosto de 2010. Destas [a1] condenas tamén se fai eco o fiscal máis polo miúdo na súa oposición ao recurso de apelación. Velaí que rexeitemos a impugnación ao amosarse ben nidio o risco de que o apelante poida de xeito inmediato volver a reincidir no mesmo tipo de comportamentos ilícitos, cando a día de hoxe leva pouco máis dun mes de privación de liberdade. De todos os xeitos, tomamos esta decisión sen prexuízo, claro está , de mudar tan drástica medida cautelar persoal por outras menos gravosas caso de demora das actuacións antes da celebración da vista oral.

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación.

Fallo

DESESTIMAR o recurso de apelación formulado pola defensa de Gregorio, contra o auto do 14 de xullo do 2011, ditado polo Xulgado de Instrucción nº 1 de Pontevedra nas dilixencias previas nº 1906/2011 e confirmar o mesmo.

Devólvanselle as actuacións ao xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe recurso ningún, para a súa notificación e cumprimento.

Únase un testemuño desta Resolución aos autos correspondentes e ao rolo de Sala.

Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.

[a1] Se empregas a expresión "facerse eco", debes ter en conta que rexe a preposición "de" (facerse eco destas condenas).

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.