Última revisión
05/09/2011
Auto Penal Nº 513/2011, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 269/2011 de 05 de Septiembre de 2011
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 4 min
Orden: Penal
Fecha: 05 de Septiembre de 2011
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 513/2011
Núm. Cendoj: 36038370022011200526
Núm. Ecli: ES:APPO:2011:1083A
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
AUTO: 00513/2011
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2 de PONTEVEDRA
2252C1E1
Domicilio: ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5
Telf: 986.80.51.19
Fax: 986.80.51.14
Modelo: 662000
N.I.G.: 36038 43 2 2010 0013353
ROLLO: APELACION AUTOS 0000269 /2011
Juzgado procedencia: XDO. DE INSTRUCION N. 2 de PONTEVEDRA
Procedimiento de origen: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO 0002567 /2010
RECURRENTE: Inés
Procurador/a: A. DANIEL RIVAS GANDASEGUI
Letrado/a: JUAN CARLOS CABADA ALVAREZ
RECURRIDO/A: Romualdo , MINISTERIO FISCAL FISCAL
Procurador/a: SENEN SOTO SANTIAGO
Letrado/a: ELOY ARTIME COT
MAXISTRADOS:
Ilmo. Sr. don Francisco Javier Menéndez Estebanez
Ilmo. Sr. don José Juan Ramón Barreiro Prado, presidente
Ilmo. Sr. don Luis Carlos Rey Sanfiz
AUTO NÚM. 513
Pontevedra, cinco de setembro de dous mil once.
Antecedentes
Primeiro.- Na causa arriba mencionada o Xulgado de Instrución nº 2 de Pontevedra proferiu un auto con data do 18 de Abril de 2011 no que acorda sobreseer libremente as actuacións respecto a Cirilo .
Sobreseer provisionalmente por ausencia de indicios da comisión de delito respeto a Romualdo .
Alzar cantas medidas cautelares teñan sido acordadas remitiendo os oficios necesarios con esa finalidade.
Segundo.- Contra o dito auto o procurador don Antonio Daniel Rivas Gandasegui, na representación de Inés, presentou recurso de reforma, que foi desestimado por auto do 25 de maio de 2011, o citado Procurador formulou recurso de apelación e, admitido a trámite, remitíronse as actuacións a este Tribunal para a súa resolución.
Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don José Juan Ramón Barreiro Prado.
Fundamentos
Único .- Por un auto do 18 de abril de 2011 o maxistrado xuíz do Xulgado de Instrución número 2 de Pontevedra acordou o sobresemento libre das actuacións con respecto a Cirilo e, de xeito provisional, por ausencia de indicios de comisión delituosa , no que se refería a Romualdo . Contra a amentada resolución formulou un recurso de reforma a querelante Inés que, por un novo auto do 25 de maio de 2011, foi rexeitado. Acode agora en apelación perante esta alzada en solicitude de que se continúen as dilixencias, transformándoas nun procedemento abreviado, contra Romualdo como presunto autor dun delito de apropiación indebida por importe de 101.200 ? do patrimonio da querelante. A esta impugnación expresamente se opuxeron tanto o querelado Romualdo como o fiscal.
Cómpre precisarmos que a mesma apelante xa só solicita a continuación das dilixencias contra o seu cuñado Romualdo e non contra o seu ex-marido Cirilo, ante a evidencia da aplicación, no seu concreto caso, da escusa absolutoria prevista no artigo 268 do Código penal . Mais tampouco contra Romualdo existen uns indicios minimamente sólidos como para entender que participou na comisión dun delito de apropiación indebida do artigo 252 do Código penal .
Neste sentido, e con plena asunción do amplamente razoado na instancia polo maxistrado xuíz a quo , debemos salientar que unha cousa é figurar como titular formal nun determinado negocio bancario e a autorización para facer disposicións dentro do mesmo e outra ben distinta é quen resulta ser o dono real dos cartos cos que se creou aquel e dos que se dispuxo despois. O feito de que Romualdo se fiase do seu irmán Cirilo ou confiase nas súas instrucións para retirar os cartos da conta bancaria a nome da querelante Inés -daquela casada con Cirilo - non implica, sen máis, o coñecemento por parte daquel de que o seu irmán se encontraba en fase de crise matrimonial e que a retirada dos cartos ía en prexuízo da súa cuñada, á marxe de tal operación. Figurando Romualdo como titular da conta para os efectos de poder xestionala ante a residencia no Brasil da súa cuñada, abofé que non se pode presumir en contra del que coñecese a desafectio maritalis e que o cumprimento do mandato do seu irmán obedecía a unha operación deste en fraude da titular formal dos cartos , que dista moito de quedar demostrado a quen realmente pertencían.
Xa que logo, e no contexto de tal relación , non existen méritos para, polo de agora, poder efectuar o correspondente reproche neste eido penal, á marxe do que resulte da máis que probable reclamación civil no mesmo sentido.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,
Fallo
Desestimar o recurso de apelación formulado polo procurador don Antonio Daniel Rivas Gandasegui, no nome e representación de dona Inés, fronte o auto proferido polo Iltmo. Sr. Maxistrado-Xuíz do Xdo. Instrución nº 2 de Pontevedra , nas Dilig. Previas Proc. Abreviado 2567/2010, en data 18 de abril de 2011 .
Devólvanselle as actuacións ao xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe recurso ningún, para a súa notificación e cumprimento.
Únase un testemuño desta Resolución aos autos correspondentes e ao rolo de Sala.
Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.

