Última revisión
14/10/2008
Auto Penal Nº 515/2008, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 6/2008 de 14 de Octubre de 2008
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 3 min
Orden: Penal
Fecha: 14 de Octubre de 2008
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 515/2008
Núm. Cendoj: 36038370022008200594
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
AUTO: 00515/2008
AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
SECCIÓN 002
Domicilio:ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5
Telf :986.80.51.19
Fax :986.80.51.14
Modelo : 67250
N.I.G. : 36038 37 2 2008 0001611
ROLO : RECURSO DE QUEIXA NÚM. 6/2008-M
Juzgado procedencia :JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.3 de CAMBADOS
Procedimiento de origen :DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO 0000718 /2007
RECURRENTE : MINISTERIO FISCAL
Procurador/a :
Letrado/a :
RECURRIDO/A :
Procurador/a :
Letrado/a :
AUTO Nº 515
==========================================================
ILMOS/AS SR/SRAS
Presidente
Don JOSÉ JUAN RAMÓN BARREIRO PRADO
Maxistrados/as
Dona MARÍA MERCEDES PÉREZ MARTÍN ESPERANZA
Dona MARÍA COVADONGA HORTAS ÁLVAREZ
==========================================================
PONTEVEDRA, catorce de outubro de dous mil oito.
Antecedentes
ÚNICO.- Polo MINISTERIO FISCAL interpúxose recurso de QUEIXA contra o auto do 9 de xuño de 2008 ditado polo Xulgado de Instrución núm. 3 de Cambados , nas dilixencias previas procedemento abreviado núm. 718/07, admitido o recurso e seguido polos o seus trámites, recíbese informe do Xulgado instructor, dictaminando o Ministerio Fiscal, para os fins previstos no artigo 234 da Lei de Axuizamento Criminal e a continuación ao Maxistrado Ponente Don JOSÉ JUAN RAMÓN BARREIRO PRADO, para resolución do recurso.
Fundamentos
ÚNICO.- O auto ditado o 14 de marzo de 2008 foille notificado á Fiscalía o día 31 do mesmo mes.
A fiscal presentou un recurso de apelación contra a amentada resolución o 9 de abril de 2008 que, mediante un novo auto do 9 de xuño , foi inadmitido por, segundo a xuíza a quo autora de tal resolución, efectuarse fóra de prazo.
Porén, e a teor dos artigos 135.1 e 151.2 da Lei de axuizamento civil , aplicables aos procesos penais por mor do disposto no artigo 4 do mesmo texto legal, notificado o auto do 14 de marzo de 2008 o seguinte día 31 do mesmo mes, o dies ad quem para a válida e eficaz presentación do recurso de apelación contra o mesmo vencía xusto o 8 de abril. E dada a posibilidade igualmente prevista no artigo 135.1 da LAC , o prazo estendíase ata as quince horas do seguinte día hábil, podendo así presentarse a impugnación o día 9 de abril de 2008, como así se efectuou a teor da data que figura no selo do rexistro de entrada que se estampou no propio recurso de apelación intentado pola fiscal.
Deste xeito, é mester estimar o recurso de queixa formulado por esta última perante esta alzada, e revogar o auto do 9 de xuño de 2008 para que no seu lugar se dite outro no que, téndose por formulado en tempo o recurso de apelación presentado pola fiscal contra o auto do 14 de marzo de 2008 , se resolva verbo da súa admisión e consecuente tramitación.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,
Fallo
Estimar o recurso de queixa formulado polo Ministerio Fiscal contra o auto ditado o 9 de xuño de 2008 polo Xulgado de Instrución número 3 de Cambados nas dilixencias previas 718/07 (rolo de queixa 6/08-M) e, con revogación do mesmo, procede ditar unha nova resolución na que, téndose por formulada en tempo a apelación da fiscal contra o auto do 14 de marzo de 2008 , se resolva verbo da súa admisión e consecuente tramitación.
Remítase ao Xulgado certificación desta resolución para cumprimento do acordado.
Este auto é firme e contra o mesmo non cabe recurso.
O acordan e asinan o Ilmos/as. Sr/as. Magistrados/as, dou fe.
