Última revisión
20/12/2006
Auto Penal Nº 521/2006, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 420/2006 de 20 de Diciembre de 2006
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 6 min
Orden: Penal
Fecha: 20 de Diciembre de 2006
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: VARELA CASTRO, LUCIANO
Nº de sentencia: 521/2006
Núm. Cendoj: 36038370022006200444
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
AUTO: 00521/2006
AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Sección núm. 002
Rolo: 420/2006 CR
Procedencia: JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.1 de REDONDELA
Proc. de orixe: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO nº 0000019 /2003
Maxistrados
Don José Juan Ramón Barreiro Prado, Presidente
Don Luciano Varela Castro
Dona Rosario Cimadevila Cea
AUTO NÚM. 521
Pontevedra, vinte de decembro de dous mil seis
Antecedentes
Primeiro. Na causa arriba mencionada o Xulgado de 1ª Instancia e Instrucción núm. 1 de Redondela ditou o auto do 28 de xuño de 2005 no que estimaba parcialmente o recurso de reforma interposto pola Compañía Banco Vitalicio de España S.A. contra a providencia de 24 de maio de 2004..
Segundo. Contra o dito auto a representación procesual de Familiares do falecido Jacobo , formulou recurso de apelación, e admitido a trámite, remitíronse a este Tribunal para resolución do mesmo.
Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don Luciano Varela Castro.
Fundamentos
ÚNICO.- Pretende a parte apelante que se exclúa das dilixencias previas, quedando reducida a efectos na peza de responsabilidade civil, o informe pericial proposto pola aseguradora que actúa como responsable civil, fóra do marco de cobertura por seguro obrigatorio. O argumento é que tal pericia atinxe exclusivamente á existencia ou non de responsabilidade penal no imputado.
Unha advertencia preliminar: malia tratarse a parte propoñente da dilixencia discutida dunha aseguradora, a cuestión suscitada aféctalle na medida en que é responsable civil sen especificidade por ter aquela natureza de aseguradora. Non é aplicable a doutrina que se veu fixando a respecto da posibilidade de ser parte cando a decisión do proceso atinxe unicamente á cobertura por razón do seguro de concerto obrigatorio.
A invocación que fai a parte apelante da doutrina constitucional adoece dunha falta de coidado cando non recolle, como advirte a sentenza do TC 90/1988 que se invoca, que a indefensión que dá lugar ó amparo, a indefensión constitucional, ten un canon non coincidente coa indefensión que se debe excluír por aplicación da lei ordinaria. Neste ámbito, o dereito de defensa lexitima reclamacións que non teñen abeiro en garantías constitucionais.
Debe distinguirse o estatuto da aseguradora chamada a responder por razón do seguro voluntario, do que lle alcanza cando soamente responde en virtude do seguro de concerto obrigado. Así o lembra a sentenza TC 19/2002, do 28 de xaneiro , "[...] en materia de seguros voluntarios las compañías aseguradoras poseen, además, interés en la fijación del «quantum» de la indemnización; [...]"; e de xeito máis completo na Sentenza 43/1989, do 20 de febreiro , na que ilustra esta doutrina: "[...] Este Tribunal ha venido manteniendo el distinto tratamiento procesal de la Entidad aseguradora cuando no se trata de seguro obligatorio, sino de seguro voluntario de automóviles. Así, la STC 4/1982, de 8 de febrero , ha sostenido que este tipo de responsabilidad está sometido al tratamiento procesal establecido para «responsabilidad civil de terceras personas, imponiendo el cumplimiento de lo dispuesto en los arts. 615 a 625 (Ley de Enjuiciamiento Criminal ), con exigencia de fianza al responsable y posible contradicción inicial, así como de lo señalado en ius cogens en los arts. 652, 692 y 736 para el proceso de urgencia, que imperativamente otorgan la condición de parte a dicho responsable, y exigen que califique la causa frente a las acusaciones, y conceden finalmente el derecho a defenderse con la amplitud necesaria». Por su parte, la STC 48/1984, de 4 de abril (RTC 198448), aun aceptando una restricción de la intervención de las Compañías aseguradoras en los procesos de carácter penal, limitada a los problemas indemnizatorios, estima que el derecho y el interés de la Compañía de seguros incluye discutir la obligación de pagar la indemnización en relación con una regular vigencia de un contrato de seguro, de modo que si el seguro no existiera o derivara del contrato una excepción al pago «la Compañía podría liberarse de su obligación. En materia de seguros voluntarios, las Compañías aseguradoras poseen, además, interés en la fijación del quantum de la indemnización» [...]."
Engade despois: "[...] que la Compañía aseguradora en relación con el seguro voluntario podrá alegar, no sólo frente a su asegurado, sino también frente a los terceros perjudicados, exclusiones de responsabilidad por los resultados dañosos acaecidos por un accidente en relación con riesgos excluidos expresamente de cobertura en la correspondiente póliza. Por ello, en lo que se refiere al seguro voluntario, debe darse la posibilidad a la Compañía aseguradora, mediante la oportuna citación, de hacer valer en el proceso sus correlativos derechos de personación y defensa para impedir su condena sin ser oída ( STC 4/1982, de 8 de febrero ) [...]."
Así, pode entenderse que o responsable civil vaia ser convocado a formular un escrito de cualificación (artigo 652 da LACR) no que se responda a cada unha das correlativas conclusións da acusación, naturalmente acoutadas ó feito que constitúe o obxecto respecto do que teñen a calidade de parte. Xa que logo, poderán presentar medios de proba sobre cada unha desas conclusións.
E iso inclúe a conclusión primeira das indicadas no artigo 650.
Naquela sentenza, o TC chega a dicir: "[...] aunque los intereses de aquélla eran ajenos al enjuiciamiento y calificación jurídico- penal de la conducta del autor del delito [...], sí que estaba legitimada para intervenir en relación con la responsabilidad derivada para ella del seguro voluntario, tanto en lo tocante a la fijación del montante indemnizatorio, como a la obligación de asumir el pago de la indemnización de acuerdo al alcance de la correspondiente póliza. Ello supone que sus derechos e intereses legítimos estaban afectados por la decisión en el proceso penal, por lo que la solicitante de amparo debería haber sido emplazada personalmente en el mismo, al constar sus datos en el correspondiente certificado del seguro obligatorio, para que hubiera podido comparecer y hacer valer ante el Tribunal aquellos derechos o intereses."
Outra consideración non é de menor transcendencia. Estamos na fase de investigación. Nesta fase non se propoñen nin se practican propiamente dilixencias de proba, senón de investigación. A consecuencia é que o Xulgado ten unha iniciativa da que o órgano xulgador está privado no artigo 728 da LACr , que non afecta ó xuíz de instrución.
Daquela, o xuíz de instrución pode, en calquera momento, ordenar de oficio a dilixencia que estime oportuna, aínda que a oportunidade desta lle chegue por iniciativa de quen non estaba lexitimado para propoñela (artigo 456).
Por esas dúas razóns -lexitimación do responsable civil para propoñer dilixencias e facultade do xuíz instrutor para asumi-la proposta en calquera caso-, o recurso debe ser rexeitado.
Daquela,
Fallo
DESESTIMAR o recurso de apelación interposto pola representación procesual de FAMILIARES DO FALECIDO Jacobo , contra o auto de data 28 de xuño de 2005, ditado nas Dilixencias Previas-Abreviado nº 19/03 polo Xulgado de 1ª Instancia e Instrucción nº 1 de Redondela (Rolo de apelación núm. 420/06), el cual debemos confirmar e confirmamos integramente.
Devólvanselle as actuacións ó xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe ningún recurso, para a súa notificación e cumprimento.
Únase un testemuño desta resolución ós autos correspondentes e ó rolo de Sala.
Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.
