Auto Penal Nº 529/2010, A...re de 2010

Última revisión
15/12/2010

Auto Penal Nº 529/2010, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 333/2010 de 15 de Diciembre de 2010

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 4 min

Orden: Penal

Fecha: 15 de Diciembre de 2010

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 529/2010

Núm. Cendoj: 36038370022010200508

Núm. Ecli: ES:APPO:2010:1284A

Resumen:
TRÁFICO DE DROGAS GRAVE DAÑO A LA SALUD

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

AUTO: 00529/2010

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2 de PONTEVEDRA

Domicilio: ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Telf: 986.80.51.19

Fax: 986.80.51.14

Modelo: 662000

N.I.G.: 36006 41 2 2007 0301793

ROLLO: APELACION AUTOS 0000333 /2010-M

Juzgado procedencia: JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.3 de CAMBADOS

Procedimiento de origen: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO 0001060 /2007

RECURRENTE: Visitacion , Gonzalo

Procurador/a: PATRICIA CONDE ABUIN (AMBOS)

Letrado/a: CARMEN VENTOSO BLANCO (AMBOS)

RECURRIDO/A: MINISTERIO FISCAL FISCAL

Procurador/a:

Letrado/a:

MAXISTRADOS/AS

Ilmo. Sr. don José Juan Ramón Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

Ilmo. Sr. don Luis Carlos Rey Sanfiz

AUTO NÚM. 529

Pontevedra, quince de decembro de dous mil dez.

Antecedentes

Primeiro.- Na causa arriba mencionada o Xulgado de Instrución núm. 3 de Cambados ditou un auto con data do 14 de xuño de 2010 no que acordou no haber lugar a la devolución da embarcación incautada a NAVAL SPORTNAUTIC S.L. interesada pola representación procesual de don Gonzalo .

Segundo.- Contra o dito auto, a representación procesual de dona Visitacion e don Gonzalo , formulou recurso de reforma, que foi desestimado por auto do 7 de xullo de 2010 , e, admitido a trámite o recurso de apelación interposto, remitíronse testemuño das actuacións a este Tribunal para a súa resolución.

Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don José Juan Ramón Barreiro Prado.

Fundamentos

Único.- O recurso de apelación formulado por Visitacion e Gonzalo fúndase nunha única alegación: Falta de motivación, vulneración del artículo 24 de la CE , del derecho a un proceso con todas las garantías y al derecho a la tutela judicial efectiva, generando indefensión, en relación con el artículo 120 de la CE , de la resolución recurrida de fecha 7 de julio de 2010. Infracción del artículo 374 del Código penal . Existencia de un tercero de buena fe, al margen de la inocencia de D. Gonzalo . Porén, tal mestura non pode prosperar.

Cómpre subliñar que o recurso de apelación que se resolve nesta alzada se formula contra o auto do 7 de xullo de 2010 , polo que se rexeita o recurso de reforma contra o anterior auto do 14 de xuño de 2010 . Neste resolveuse que non procedía devolución da embarcación incautada a Naval Sportnautic, S.L. E cando se formulou o recurso de reforma por ningures se mencionou a suposta falla de motivación de tal resolución, nin a vulneración do artigo 24 da CE , do dereito a un proceso con todas as garantías e do dereito á tutela xudicial efectiva, nin se alegou unha suposta indefensión. Xa que logo, a invocación agora de todo o anterior debemos tela por ben sorpresiva e novidosa cando con ocasión da impugnación da resolución denegatoria da devolución do amentado nada, absolutamente nada, se dixo. E aínda que puidera pensarse que tales alegacións efectuadas per saltum nesta segunda instancia estarían referidas ao auto polo que se rexeita a reforma, abofé que a sinxela remisión á súa lectura resulta máis que suficiente para decatarse do seu desatino. As resolucións da instancia están perfectamente motivadas, á marxe de que resulten contrarias aos intereses da parte que agora precisamente recorre en apelación.

Noutra orde de cousas, a entidade Naval Sportnautic, S.L., con domicilio social en Málaga, constituíuse o 13 de xaneiro de 2006 en Granada. Os seus socios fundadores son os devanditos apelantes e, en concreto, Gonzalo o seu administrador único por tempo indefinido. Este está imputado na causa testemuñada que agora se examina, precisamente, por presuntamente subministrar embarcacións para facilitar o tráfico de drogas. E o feito de que, dende un punto de vista de aparencia formal, a embarcación que solicitan os apelantes que lles sexa devolta figure a nome da amentada sociedade mercantil, non é suficiente para obviar neste momento procesual a indiciaria realidade que se colixe de todo o dito, sen prexuízo, claro está, do que no seu día definitivamente se poida resolver. Xa que logo, en troques de infracción do artigo 374 do Código penal , o que se levou a cabo na instancia foi unha recta e correcta interpretación deste, que -insistimos- no momento no que nos encontramos non cabe máis que confirmar.

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,

Fallo

Que cómpre rexeitar, como rexeitamos, o recurso de apelación interposto por dona Visitacion e don Gonzalo contra o auto do 14 de xuño de 2010, ditado polo Xulgado de Instrución núm. 3 de Cambados, nas DPA núm. 1060/07 , confirmando o devandito auto.

Devólvanselle as actuacións ao xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe recurso ningún, para a súa notificación e cumprimento.

Únase un testemuño desta resolución aos autos correspondentes e ao rolo de Sala.

Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.