Última revisión
28/12/2006
Auto Penal Nº 537/2006, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 513/2006 de 28 de Diciembre de 2006
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 3 min
Orden: Penal
Fecha: 28 de Diciembre de 2006
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 537/2006
Núm. Cendoj: 36038370022006200451
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
AUTO: 00537/2006
AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Sección núm. 002
Rolo: 0000513 /2006 Cr
Procedencia: JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.1 de CAMBADOS
Proc. de orixe: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO nº 0000608 /2003
Maxistrados
Don José Juan Ramón Barreiro Prado, Presidente
Don Luciano Varela Castro
Dona Rosario Cimadevila Cea
AUTO NÚM. 537
Pontevedra, vinte e oito de decembro de dous mil seis
Antecedentes
Primeiro. Na causa arriba mencionada o Xulgado de Instrución núm. 1 de Cambados ditou providencia do 28 de novembro de 2006 que inadmitía a personación en concepto de acusación particular de Fructuoso e Moises .
Segundo. Contra o dito auto a procuradora Raquel Santos Garcia, na representación de Fructuoso e Moises , formulou recurso de reforma, que foi admitido e tramitado conforme á LACr., ditándose auto do 24 de febreiro de 2006 , que desestimaba o devandito recurso. Notificada a devandita resolución, formulouse recurso de apelación, e remitíronse as actuacións a este Tribunal para resolución do mesmo.
Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don José Juan Ramón Barreiro Prado.
Fundamentos
ÚNICO.- O recurso de apelación formulado por Fructuoso e Moises resulta ser idéntico ao previo de reforma que foi obxeto de desestimación polo auto do 24 de febreiro de 2006 . Non combaténdose especificamente, pois, no recurso de apelación ningún dos argumentos empregados para o rexeitamento da reforma, abondaría con estarmos ao literal contido da impugnada resolución xudicial para, sen máis, rexeitar a agora formalizada apelación.
Máis aínda, semella que se esquece que, logo do auto desta mesma Audiencia Provincial de Pontevedra (sección 1ª) do 1 de febreiro de 2005 , na instancia dictouse o tamén auto do 23 de marzo de 2005 polo que se transformaban as ata entón dilixencias previas nas correspondentes a un procedemento abreviado, ao abeiro así dos artigos 14.3 e 779.1.4ª da Lei de Axuizamento Criminal . E que esta decisión (firme e que non consta recorrida) reflectía, en consecuencia, os feitos punibles e as persoas ás que se lle imputaban, amosando aqueles a posibilidade dun delito de estafa e o seus supostos autores Moises , María Purificación , e Fructuoso . De onde que, evidentemente, non cabía a personación dos dous primeiros dos nomeados en cualidade de acusación particular, como con evidente tino xa se resolveu na instancia.
Rexéitase así o recurso de apelación e confírmase a resolución xudicial impugnada.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación.
Fallo
DESESTIMAR o recurso de apelación formulado pola representación procesual de Moises e Fructuoso , fronte o auto do 28 de novembro de 2006 , que desestimaba o recurso de reforma interposto fronte á providencia de 28 de novembro de 2005, ditado no procedemento abreviado 21/06, polo Xulgado de Instrucción núm. 1 de Cambados, confirmando integramente a devandita resolución.
Devólvanselle as actuacións ó xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe ningún recurso, para a súa notificación e cumprimento.
Únase un testemuño desta resolución ós autos correspondentes e ó rolo de Sala.
Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.

