Última revisión
16/09/2011
Auto Penal Nº 537/2011, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 165/2011 de 16 de Septiembre de 2011
Relacionados:
Tiempo de lectura: 5 min
Orden: Penal
Fecha: 16 de Septiembre de 2011
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: GARCIA BREA, MATILDE ETHELDREDA
Nº de sentencia: 537/2011
Núm. Cendoj: 36038370022011200602
Núm. Ecli: ES:APPO:2011:1221A
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
AUTO: 00537/2011
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2 de PONTEVEDRA
Domicilio: ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5
Telf: 986.80.51.19
Fax: 986.80.51.14
Modelo: 662000
N.I.G.: 36038 43 2 2010 0006558
RT ROLLO: APELACION AUTOS 0000165 /2011 A
Juzgado procedencia: XDO. DE INSTRUCION N. 2 de PONTEVEDRA
Procedimiento de origen: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO 0001352 /2010
RECURRENTE: Estibaliz
Procurador/a:ANTONIO D. RIVAS GANDASEGUI
Letrado/a: EVARISTO MONTOYA IGLESIAS
RECURRIDO/A: MINISTERIO FISCAL FISCAL
Procurador/a:
Letrado/a:
A U T O Nº 537
ILMOS. SRES. MAXISTRADOS:
D. JOSÉ JUAN RAMÓN BARREIRO PRADO, PRESIDENTE
Dª ROSARIO CIMADEVILA CEA
Dª MATILDE ETHELDREDA GARCÍA BREA (SUPLENTE)
Pontevedra, dieciséis de septiembre de dos mil once.
Antecedentes
Primeiro.- Nas Dilixencias previas núm. 1352/2010 seguidas polo Xulgado de Instrución núm. 2 de Pontevedra, ditouse un auto o día 10 de setembro de 2010, cuxa parte dispositiva literalmente di: " SOBRESER LIBREMENTE as presentes actuacións."
Segundo.- Contra o citado auto, a representación procesual de don Isidoro interpuxo un recurso de reforma, que foi rexeitado por un auto do 15 de abril de 2011 e, posteriormente, formulou un recurso de apelación , ao que se opuxo o Ministerio Fiscal. Remitíronse as actuacións a este Tribunal para a resolución do recurso.
Expón o parecer da Sala a maxistrada dona MATILDE ETHELDREDA GARCÍA BREA.
Fundamentos
Primeiro.- As presentes dilixencias previas incoáronse en virtude dunha denuncia sobre un posible delito de estafa. Por un auto do 10 de setembro de 2010 Decretouse o sobresemento provisional e o arquivo das actuacións, que se mantivo no auto do 15 de abril de 2011, ao rexeitarse o recurso de reforma. Ambas as Resolucións fúndanse en que do actuado non existen indicios de criminalidade, polo que non procede soster imputación ningunha, e en que as dilixencias practicadas son bastantes para chegar á conclusión de que, aínda que se practicasen outras novas , non mudarían a decisión adoptada , dado que os feitos non constitúen delito, sen prexuízo da reclamación que puidese corresponder na vía civil.
A recorrente insiste na alzada en que é preciso realizar outras dilixencias, concretamente, propón tomar declaración a dúas persoas imputadas e facer mais indagacións.
Segundo .- Conforme alega o Ministerio Fiscal , a recorrente, que non é unha persoa allea ás relacións comerciais, celebrou un negocio xurídico consistente en prestar un diñeiro a cambio de recibir unhas obrigas de pagamento, pactando unha importante comisión no momento da devolución. Por conseguinte, tiña coñecemento de que se lle entregaban as obrigas de pagamento porque o tomador non podía descontalas, de xeito que era totalmente consciente do risco da operación, e por iso ía recibir unha substanciosa comisión. Ademais, antes de aceptar , asesorouse cun empregado de banca. Tal negocio reportaríalle un beneficio de 5.000 ou 6.000 euros semanais -segundo declarou-, pero a operación rematou mal ao non pagarse estas obrigas, sen que conste que fosen falsas. Trátase, pois, dunha cuestión civil.
Acóllense os fundamentos contidos nos autos do 10 de setembro de 2010 , e do 15 de abril de 2011 , que damos por reproducidos, co fin de evitar inútiles reiteracións. Nin houbo engano nin erro á hora de negociar por parte de dona Estibaliz nin das demais persoas intervenientes. Dona Estibaliz aceptou entregar os cartos a cambio de recibir tres obrigas de pagamento que non se correspondían con ningunha operación comercial, e que se estendían por un importe superior ao diñeiro que entregaba, estando a súa ganancia na diferenza entre unha e outra cantidade. En definitiva, concedeu un préstamo a unhas persoas que sabía que tiñan problemas de solvencia, e por iso non acudían ás entidades bancarias, obtendo a cambio xuros Superiores aos do mercado.
Como razoa o xuíz, os feitos non son constitutivos de delito, polo que resulta innecesario seguir practicando novas dilixencias e tomar declaracións a outros imputados , sen que se comprenda a invocación que fai a recorrente aos dereitos á defensa de tales imputados, aos que ela mesma denuncia.
En definitiva, a Resolución contra a que se recorre está ben fundamentada, e a decisión adoptada nela é correcta e axustada a Dereito.
Terceiro.- En consecuencia, rexeitase o recurso de apelación interposto pola denunciante contra o auto do 10 de setembro de 2010 ditado polo Xulgado de Instrución núm. 2 de Pontevedra, o cal confirmamos.
As custas deben ser declaradas de oficio de conformidade co establecido no artigo 240 da Lei de axuizamento criminal.
Polo exposto, vistos os preceptos legais citados, os seus concordantes e demais de xeral e pertinente aplicación, a Sala acorda ,
Fallo
Rexeitar o recurso de apelación interposto pola representación procesual de dona Estibaliz contra o auto do 10 de setembro de 2010 do Xulgado de Instrución núm. 2 de Pontevedra, nas Dilixencias previas núm. 1352/2010 , confirmándose na súa integridade o devandito auto de sobresemento e o arquivo das actuacións. Decláranse as custas de oficio.
Notifíqueselles a presente resolución ao Ministerio Fiscal e aos demais que se constituíron en parte.
Devólvanse as actuacións ao Xulgado de procedencia cun testemuño desta Resolución , para o cumprimento do acordado, e lévese ao rolo de sala unha certificación do auto ditado.
Este auto é firme e contra el non cabe recurso ningún.
Así o acordan, mandan e asinan o maxistrado don JOSÉ JUAN RAMÓN BARREIRO PRADO (presidente), e as maxistradas dona ROSARIO CIMADEVILA CEA e dona MATILDE ETHELDREDA GARCÍA BREA (relatora substituta).

