Auto Penal Nº 54/2012, Au...ro de 2012

Última revisión
31/01/2012

Auto Penal Nº 54/2012, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 60/2012 de 31 de Enero de 2012

Relacionados:

Tiempo de lectura: 3 min

Orden: Penal

Fecha: 31 de Enero de 2012

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 54/2012

Núm. Cendoj: 36038370022012200057

Resumen:
ESTAFA Idioma: Gallego

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

AUTO: 00054/2012

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2 de PONTEVEDRA

2252AD86

Domicilio: ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Telf: 986.80.51.19

Fax: 986.80.51.14

Modelo: 662000

N.I.G.: 36026 41 2 2011 0001648

ROLLO: APELACION AUTOS 0000060 /2012

Juzgado procedencia: JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.2 de MARIN

Procedimiento de origen: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO 0001357 /2011

RECURRENTE: MINISTERIO FISCAL FISCAL

Procurador/a:

Letrado/a:

RECURRIDO/A:

Procurador/a:

Letrado/a:

AUTO NÚM. 54

MAXISTRADOS/AS

Ilmo. Sr. don José Juan Ramón Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona M. Rosa del Carmen Collazo Lugo.

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

Pontevedra, 31 de xaneiro do 2012.

Antecedentes

Primeiro.- Na causa arriba mencionada o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 2 de Marin , ditou un auto con data do 21 de setembro de dos mil once, no que se acorda o sobreseimento e archivo das presentes dilixencias.

Segundo.- Contra o dito auto o Ministerio Fiscal, formulou recurso de apelación , e, admitido a trámite , remitíronse as actuacións a este Tribunal para a súa resolución.

Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don José Juan Ramón Barreiro Prado.

Fundamentos

Único.- Por un auto do 21 de setembro de 2011 o xuíz a quo acordou incoar dilixencias previas e o sobresemento e arquivo ao abeiro dos artigos 637.2 e 779.1.1ª da Lei de axuizamento criminal . Mais contra a amentada Resolución formulou un recurso de apelación o fiscal.

As dilixencias foron incoadas con motivo da denuncia formulada por Carlos Miguel contra Juan Luis por un presunto delito de estafa. O amentado auto polo que se acordou sobreser libremente a causa, porque o xulgador a quo considerou que os feitos non eran constitutivos de delito, foi convenientemente notificado ao fiscal, pero non así ao propio denunciante ( artigo 270 da Lei orgánica do poder xudicial ). A resolución nesta alzada sen que o denunciante teña coñecemento do recurso do fiscal e incluso da sorte da súa denuncia abofé que podería xerarlle prexuízos irreparables, sobre todo, no caso da confirmación da Resolución xudicial da instancia.

Xa que logo, debemos declarar a nulidade das actuacións ao abeiro do artigo 238.3º da Lei orgánica do poder xudicial e a súa retroacción ao momento da notificación do auto polo que se acordou o sobresemento libre das actuacións. Saneado o defecto causante de indefensión ao denunciante, procédase despois conforme a dereito.

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,

Fallo

Declarar a nulidade das dilixencias previas 1357/2011 do Xulgado de Instrución de Marín número 2 (rolo de apelación 60/2012-A); e a súa retroacción ao intre da notificación do auto do 21 de setembro de 2011, que se deberá comunicar ao denunciante Carlos Miguel para, despois , poder continuar coa tramitación da causa conforme a dereito.

A presente Resolución é firme e contra ela non cabe recurso ningún.

Devólvanselle as actuacións ao xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe recurso ningún, para a súa notificación e cumprimento.

Únase un testemuño desta Resolución aos autos correspondentes e ao rolo de Sala.

Así, por medio deste auto , o acordamos, mandamos e asinamos.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.