Auto Penal Nº 545/2009, A...re de 2009

Última revisión
30/12/2009

Auto Penal Nº 545/2009, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 436/2009 de 30 de Diciembre de 2009

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 3 min

Orden: Penal

Fecha: 30 de Diciembre de 2009

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 545/2009

Núm. Cendoj: 36038370022009200540

Núm. Ecli: ES:APPO:2009:1627A

Resumen:
ROBO CON VIOLENCIA O INTIMIDACIÓN

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

AUTO: 00545/2009

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Sección nº 002

Rolo: 0000436 /2009 I

Procedencia: JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.1 de VILLAGARCIA DE AROSA

Proc. de orixe: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO nº 1019 /2009

ILMOS/AS SRS/AS MAXISTRADOS/AS

D. José Juan Barreiro Prado, Presidente

Dª Mª Mercedes Pérez Martín Esperanza

Dª Rosario Cimadevila Cea

A U T O Nº 545

Pontevedra, trinta de decembro de dous mil nove

Antecedentes

Primeiro.- Na causa arriba mencionada o Xulgado de Instrución núm. 1 de Vilgarcia de Arousa ditou un auto con data do 20 de novembro de 2009 , no que desestima a petición de liberdade mantendo a prisión comunicada e sen fianza acordada por auto do 14-10-2009 .

Segundo.- Contra o dito auto o/a procurador/a Letrada Sra. Nerea BAhamonde Romano, na representación de Florian , formulo recurso de reforma o cal foi desesetimado por auto do 3 de decembro de 2009 e, admitido a trámite o subsidiario de apelación, remitíronse as actuacións a este Tribunal para a súa resolución.

Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don José Juan Barreiro Prado.

Fundamentos

ÚNICO.- O auto contra o que se apela non é aquel no que se acordou a prisión provisional de Florian ( auto do 14 de outubro de 2009 ), senón o auto polo que se rexeitou a súa posterior solicítude de liberdade, razón pola cal non estamos no suposto do artigo 766.5 da Le¡ de axuizamento criminal , e non procede a celebración de vista como así solicitaba o apelante no seu recurso, polo demais, innecesaria dada a suficiente argumentación reflectida no mesmo.

As razóns polas que a xuíza a quo denega a solicitude de liberdade nun todo se comparten xa que, evidentemente concorrendo os requisitos previstos no artigo 503.1.10 e 2° da Leí de axuizamento criminal -delito de roubo con intimidación con uso de arma dos artigos 237 e 242.1 e 2 do Código penal , pena de prisión de cinco anos xa solicitada pola fiscal, e sólidos motivos para indiciariamente crer responsable de tal delito ao apelante-, igualmente concorren as finalidades sinaladas no mesmo artigo 503.1.3° da LACrim . Entre estas, a de asegurar a presenza do imputado na causa xa calificada polo Ministerio Fiscal e próxima á inmediata celebración de vista oral, nun caso no que o recorrente, á marxe das súas manifestacións, non xustifica o máis mínimo arraigo de ningún tipo. Amais o amplo historial delituoso do recorrente reflectido nas follas histórico penais e tamén no escrito de conclusións provisionais da fiscal mediante a apreciación da agravante de reincidencia, non fa¡ máis que fortalecer os argumentos xurídicos da resolución contra a que se apela que, polo dito, confirmamos.

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación

Fallo

Desestimar o recurso de apelación formulado pola defensa procesual de Florian , fronte o auto do 20 de novembro de 2009, ditado polo xulgado de Instrucción núm. 1 de Vilagarcia de Arousa nas dilixencias previas 1019/2009 , e confirmar a devandita resolución nos seus termos.

Devólvanselle as actuacións ao xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe recurso ningún, para a súa notificación e cumprimento.

Únase un testemuño desta resolución aos autos correspondentes e ao rolo de Sala.

Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.