Última revisión
30/10/2008
Auto Penal Nº 552/2008, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 623/2008 de 30 de Octubre de 2008
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 2 min
Orden: Penal
Fecha: 30 de Octubre de 2008
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 552/2008
Núm. Cendoj: 36038370022008200606
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
AUTO: 00552/2008
AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Sección nº 002
Rolo: 623/2008 CR
Procedencia: JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.1 de A ESTRADA
Proc. de orixe: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO n? 0001224 /2006
ILMOS/AS SRS/AS MAXISTRADOS/AS
D. Juan Ramón Barreiro Prado, Presidente
Dª Mª Mercedes Pérez Martín Esperanza
Dª Rosario Cimadevila Cea
A U T O Nº 552
Pontevedra, trinta de outubro de dous mil oito
Antecedentes
Primeiro.- Na causa arriba mencionada o Xulgado de Instrucion núm. 1 de A Estrada ditou un auto con data do 20 de xuño de 2008 , no que se decreta o sobresemento provisional das actuacions respecto do resto dos imputados Joaquín , Simón , Alejo , Eulalio e Nicolas .
Segundo.- Contra o dito auto a representación procesual de Simón , Eulalio , Joaquín e Nicolas , formulou recurso de reforma e subsidiario de apelación, desestimando o primeiro e admitido a trámite o segundo por medio do auto do 26 de setembro de 2008 , remitiéndose a este Tribunal para resolución do mesmo.
Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don Juan Ramón Barreiro Prado.
Fundamentos
ÚNICO.- A existencia de indicios da participación dos agora recorrentes en apelación nun presunto delito de tráfico de drogas, sen que tales indicios abonden para poder fundamentar neles unha posible acusación contra os apelantes, determina que o sobresemento que proceda sexa o provisional do artigo 641.2º da Lei de axuizamento criminal , tal cal así solicitou o fiscal e resolveu a xuíza a quo, e non o libre do artigo 637.1º do mesmo texto legal , como pretenden os amentados recorrentes.
Rexeitamos así o recurso de apelación formulado e confirmamos a resolución xudicial contra a que se apela.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,
Fallo
Que debiamos desestimar e desestimamos o recurso de apelación presentado pola representación procesual de Simón , Eulalio , Joaquín e Nicolas contra o Auto do 20 de xuño de 2008 do Xulgado de 1ª Instancia e Instrucción núm. 1 de A Estrada, nos autos de Dilixencias Previas - Proc. Abreviado nº 1224/06 (Rolo de apelación núm. 623/08), el cual debemos confirmar e confirmamos.
Devólvanselle as actuacións ó xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe ningún recurso, para a súa notificación e cumprimento.
Únase un testemuño desta resolución ós autos correspondentes e ó rolo de Sala.
Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.

