Auto Penal Nº 589/2008, A...re de 2008

Última revisión
18/11/2008

Auto Penal Nº 589/2008, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 649/2008 de 18 de Noviembre de 2008

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 4 min

Orden: Penal

Fecha: 18 de Noviembre de 2008

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 589/2008

Núm. Cendoj: 36038370022008200621

Resumen:
DELITO SIN ESPECIFICAR

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

AUTO: 00589/2008

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Sección nº 002

Rolo: 0000649 /2008 C

Procedencia: XDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.2 de CALDAS DE REIS

Proc. de orixe: DILIXENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO nº 0000421 /2008

ILMOS/AS SRS/AS MAXISTRADOS/AS

D. Juan Ramón Barreiro Prado, Presidente

Dª Mª Mercedes Pérez Martín Esperanza

Dª Rosario Cimadevila Cea

A U T O Nº 589

Pontevedra, dezaoito de novembro de dos mil oito.

Antecedentes

Primeiro.- Na causa arriba mencionada o Xulgado de Instrución núm. 2 de Caldas de Reis ditou auto con data do 17-10-2008 no que se acordaba a prisión provisional e sen fianza do recurrente.

Segundo.- Contra o dito auto, na representación de Alonso , formulo recurso de apelación, e, admitido a trámite, remitíronse as actuacións a este Tribunal para a súa resolución.

Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don Juan Ramón Barreiro Prado.

Fundamentos

Único.- O auto do 17 de outubro de 2008 decretou a prisión provisional, comunicada e sen fianza de Alonso .

Contra tal resolución recorre agora en apelación na procura da súa liberdade e, subsidiariamente, para que se declare eludible a súa actual situación persoal mediante a fixación dunha fianza.

No escrito do recurso de apelación así formulado non se nega a adquisición dun permiso de conducir falso. E antes, na declaración do agora apelante en sede xudicial, igualmente admitira que empregara tal permiso de conducir para pasar a fronteira dende Grecia ata España, usándoo só para iso. Pois ben, tal feito por si só xa podería ser constitutivo dun delito de falsidade documental dos artigos 390.1 e 392 do Código penal , ao que lle corresponde unha hipotética pena de prisión de seis meses a tres anos e multa de seis a doce meses. E xa só por este feito tería cobertura a prisión provisional comunicada e sen fianza acordada contra Alonso a teor dos requisitos do artigo 503.1.1º e 2º da Lei de axuizamento criminal , e consonte as finalidades igualmente sinaladas no mesmo artigo 503.1.3º do mesmo texto legal . E dentro destas, sobre todo salientamos a de asegurar a presenza do imputado no proceso, dada a inferencia racional da probabilidade do risco de fuxida por parte do recorrente ante a súa total falta de arraigo, que nin tan sequera intenta acreditar no recurso de apelación. Este risco é aínda máis evidente se, como o propio recorrente confesou, tamén usou un permiso de conducir belga que mercou en Macedonia que incorporaba unha fotografía súa e estaba a nome dun tal Armando , mentres que xa antes fora detido na vila de Coslada cando empregaba a identidade falsa de Eulalio .

Por maior abastanza do dito, resulta que nos autos tamén existen indicios da súa participación delituosa nunha morea de delitos de roubo con forza nas cousas dos artigos 237, 238.1, 2, e 5, en relación cos artigos 241 e 235.3 e 74, todos eles do Código penal , e mais nun delito de asociación ilícita dos artigos 515.1º e 517.2º do Código penal , pola presunta participación do recorrente nunha das coñecidas como bandas de asalto ás naves e instalacións industriais, con incluso anulación dos seus sistemas de seguridade en varias ocasións.

En conclusión, procede rexeitar o recurso de apelación formulado e confirmar a resolución xudicial contra a que se apela.

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,

Fallo

DESESTIMAR o recurso de Apelación formulado por la representación procesual de Alonso , e CONFIRMAR o auto do 17-10-2008, ditado polo Xulgado de Instrución núm. 2 de Caldas de Reis, nas dilixencias previas núm 421/08 .

Devólvanselle as actuacións ao xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe recurso ningún, para su cumprimento.

Únase un testemuño desta resolución e ao rolo de Sala.

Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.