Auto Penal Nº 625/2008, A...re de 2008

Última revisión
10/12/2008

Auto Penal Nº 625/2008, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 676/2008 de 10 de Diciembre de 2008

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 3 min

Orden: Penal

Fecha: 10 de Diciembre de 2008

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 625/2008

Núm. Cendoj: 36038370022008200646

Resumen:
DELITO SIN ESPECIFICAR

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

AUTO: 00625/2008

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Sección nº 002

Rolo: 0000676 /2008-M

Procedencia: JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.2 de CALDAS DE REIS

Proc. de orixe: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO n? 0000421 /2008

ILMOS/AS SRS/AS MAXISTRADOS/AS

D. Juan Ramón Barreiro Prado, Presidente

Dª Mª Mercedes Pérez Martín Esperanza

Dª Rosario Cimadevila Cea

A U T O Nº 625

Pontevedra, dez de Decembre de dous mil oito.

Antecedentes

Primeiro.- Na causa arriba mencionada o Xulgado de Instrución núm. 2 de Caldas de Reis ditou un auto con data do 17 de outubro de 2008 , no que acorda a prisión provisional, comunicada e sen fianza de Agustín .

Segundo.- Contra o dito auto, pola defensa de Agustín formulouse recurso de reforma e subsidiario de apelación. Por auto do 5 de novembro de 2008 desestimouse o recurso de reforma interposto, admitíndose o recurso de apelación e remitíndose testemuño de particulares a este Tribunal para a súa resolución.

Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don Juan Ramón Barreiro Prado.

Fundamentos

Único.- O auto do 17 de outubro de 2008 decretou a prisión provisional, comunicada e sen fianza, de Agustín .

Contra tal resolución recorre agora en apelación na procura da súa liberdade e, subsidiariamente, para que se declare eludible a súa actual situación persoal mediante a fixación dunha fianza adecuada aos seus medios económicos.

Do testemuño de particulares enviado a esta alzada para a resolución da impugnación colíxese que, a teor das escoitas telefónicas e dos seguimentos policiais levados a cabo, o agora apelante Agustín xunto con outros -cuxa privación de liberdade xa foi confirmada por este mesmo Tribunal no caso de Justino e de Secundino - formaba parte dunha asociación ilícita para a comisión de delitos contra o patrimonio e, en concreto, dunha das denominadas bandas de asalto a diversas naves industriais e comerciais, incluso coa anulación dos seus sistemas de seguridade. Existen así indicios da súa participación delituosa nunha morea de delitos de roubo con forza nas cousas dos artigos 237, 238.1, 2, e 5, en relación cos artigos 241 e 235.3 e 74, todos eles do Código penal , e mais nun delito de asociación ilícita dos artigos 515.1º e 517.2º do Código penal . Á marxe, amais, de estar imputado nun posible delito de falsidade en documento público ou oficial dos artigos 390.2 e 392 do mesmo texto legal .

Cumpridos así os requisitos do artigo 503.1.1º e 2º da Lei de axuizamento criminal , igualmente concorren as finalidades sinaladas no mesmo artigo 503.1.3º do mesmo texto legal . E dentro destas, sobre todo, a de asegurar a presenza do imputado no proceso, dada a inferencia racional da probabilidade do risco de fuxida por mor do seu escaso arraigo laboral e practicamente nulo social e familiar, sen prexuízo de ulteriores valoracións ao respecto se as incipientes dilixencias que se levan a cabo se prolongasen no tempo.

En conclusión, procede rexeitarmos o recurso de apelación formulado, e confirmarmos a resolución xudicial impugnada.

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,

Fallo

Que cómpre rexeitar, como rexeitamos, o recurso de apelación interposto pola defensa de Agustín contra o auto do 17 de outubro de 2008 ditado polo Xulgado de Instrución núm. 2 de Caldas de Reis, nas dilixencias previas procedemento abreviado núm. 421/08 , confirmando o devandito auto.

Devólvanselle as actuacións ao xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe recurso ningún, para a súa notificación e cumprimento.

Únase un testemuño desta resolución aos autos correspondentes e ao rolo de Sala.

Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.