Auto Penal Nº 78/2009, Au...zo de 2009

Última revisión
09/03/2009

Auto Penal Nº 78/2009, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 69/2009 de 09 de Marzo de 2009

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 8 min

Orden: Penal

Fecha: 09 de Marzo de 2009

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 78/2009

Núm. Cendoj: 36038370022009200269

Resumen:
ROBO CON VIOLENCIA O INTIMIDACIÓN

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

AUTO: 00078/2009

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Sección nº 002

Rolo: 0000069 /2009CR

Procedencia: JDO. DE INSTRUCCION N. 2 de PONTEVEDRA

Proc. de orixe: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO nº 0000507 /2009

ILMOS/AS SRS/AS MAXISTRADOS/AS

D. Juan Ramón Barreiro Prado, Presidente

Dª Mª Mercedes Pérez Martín Esperanza

Dª Belén María Fernández Lago

A U T O Nº 78

Pontevedra, nueve de marzo de dos mil nueve

Antecedentes

Primeiro.- Na causa arriba mencionada o Xulgado Instrucción nº 2 de Pontevedra ditou un auto con data do 12 de febreiro de 2009 , no que acorda ratificar a prisión provisional comunicada e sen fianza de Guillermo .

Segundo.- Contra o dito auto pola defensa de Guillermo , formulouse recurso de apelación contra o auto de fecha 12 de febreiro de 2009 , e admitido a trámite, remitíronse as actuacións a este Tribunal para a súa resolución.

Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don Juan Ramón Barreiro Prado.

Fundamentos

Primeiro.- Por medio dun auto do 5 de febreiro de 2009 foi decretada a prisión provisional comunicada e sen fianza de Guillermo polo xulgado de instrución de garda de Pontevedra.

A referida situación persoal de privación de liberdade foi expresamente confirmada polo competente Xulgado de Instrución número 2 desta mesma cidade o pasado 12 de febreiro de 2009.

Contra tal resolución formúlase recurso de apelación perante esta alzada.

Segundo.- Nunha das últimas ocasións que tivo o Tribunal Constitucional para pronunciarse verbo desta medida, na súa Sentenza 152/2007, do 18 de xuño , lembraba que:

Desde la STC 128/1995, de 26 de junio , este Tribunal viene afirmando que la prisión provisional es una medida cautelar cuya legitimidad constitucional, en tanto que limitativa del derecho a la libertad personal ( art. 17.1 CE ) de quien aún goza del derecho a la presunción de inocencia, exige, como presupuesto, la existencia de indicios racionales de la comisión de un delito por parte del sujeto pasivo; como objetivo, la consecución de fines constitucionalmente legítimos y congruentes con la naturaleza de la medida (riesgo de fuga, de obstrucción del normal desarrollo del proceso o de reiteración delictiva); y como objeto, que se la conciba tanto en su adopción como en su mantenimiento como una medida de aplicación excepcional, subsidiaria, provisional y proporcionada a la consecución de dichos fines (por todas, SSTC 128/1995, de 26 de julio, FFJJ 3 y 4; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 33/1999, de 8 de marzo, FJ 3; 47/2000, de 17 de febrero, FJ 3 ; o más recientemente STC 35/2007, de 12 de febrero, FJ 2 ).

b) Las decisiones relativas a la adopción y mantenimiento de prisión provisional han de expresarse a través de una resolución judicial motivada, motivación que ha de ser "suficiente y razonable", entendiendo por tal no la que colma meramente las exigencias del derecho a la tutela judicial efectiva, sino aquélla que respeta el contenido constitucionalmente garantizado del derecho a la libertad afectado, ponderando adecuadamente los intereses en juego -la libertad de la persona cuya inocencia se presume, por un lado; la realización de la administración de la justicia penal, en atención a los fines que hemos reseñado, por otro- a partir de toda la información disponible en el momento de adoptar la decisión y del entendimiento de la prisión provisional como una medida excepcional, subsidiaria y provisional.

Para ello, obviamente, la resolución judicial ha de expresar cuál es el presupuesto de la medida y el fin constitucionalmente legítimo perseguido. Y, en relación con la constatación del peligro de fuga, hemos destacado que deberán tomarse en consideración "además de las características y la gravedad del delito imputado y de la pena con que se le amenaza, las circunstancias concretas del caso y las personales del imputado", matizando que si bien en un primer momento la necesidad de preservar los fines constitucionalmente legítimos de la prisión provisional pueden justificar que se adopte atendiendo sólo a circunstancias objetivas como el tipo de delito y la gravedad de la pena, el transcurso del tiempo modifica el valor de este dato en la ponderación y obliga a tomar en consideración las circunstancias personales del sujeto privado de libertad y los datos del caso concreto (por todas, SSTC 128/1995, de 26 de julio, FJ 4; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 47/2000, de 17 de febrero, FJ 3; 35/2007, de 12 de febrero, FJ 2 ).

Un bo resumo de tal doutrina fíxoo máis recentemente aínda o mesmo Tribunal Constitucional na súa Sentenza 27/2008, do 11 de febreiro, segundo a cal:

Por ello la legitimidad constitucional de la prisión provisional exige que su aplicación tenga como presupuesto la existencia de indicios racionales de la comisión de una acción delictiva; como objetivo la consecución de fines constitucionalmente legítimos y congruentes con la naturaleza de la medida; y como fundamento la ponderación de las circunstancias concretas que, de acuerdo con el presupuesto legal y la finalidad constitucionalmente legítima, permitan la adopción de la medida ( SSTC 62/1996, de 16 de abril, FJ 5; 44/1997, de 10 de abril, FJ 5; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 33/1999, de 8 de marzo, FJ 3, y 14/2000, de 17 de enero, FJ 4 ). En la STC 333/2006, de 20 de noviembre, FJ 3 , se concretó como constitutiva de estos fines la conjura de ciertos riesgos relevantes para el desarrollo normal del proceso o para la ejecución del fallo que parten del imputado: su sustracción a la acción de la Justicia, la obstrucción de la instrucción penal y, en un plano distinto, aunque íntimamente relacionado, la reiteración delictiva, pero lo que en ningún caso puede perseguirse con la prisión provisional son fines punitivos o de anticipación de la pena, o fines de impulso de la instrucción sumarial, propiciando la obtención de pruebas de declaraciones de los imputados, etc. Y, con cita en la STC 128/1995, de 26 de julio, FJ 2 , se concluyó que "todos estos criterios ilustrarían, en fin, la excepcionalidad de la prisión provisional que tantas veces ha subrayado este Tribunal."

A aplicación da anterior doutrina constitucional con motivo do recurso de apelación formulado por Guillermo nun todo nos amosa a corrección da resolución da instancia e, xa que logo, a inexorable desestimación da impugnación.

Non cómpre poñer en dúbida a concorrencia dos requisitos esixidos no artigo 503.1.1º e 2º da Lei de axuizamento criminal . Isto é, e enténdase que só para os efectos da resolución do presente recurso de apelación: a existencia duns feitos que presentan os caracteres dun delito de roubo con intimidación nas persoas do artigo 242 do Código penal , e dun delito de exhibicionismo do artigo 185 do mesmo texto legal , dos cales se tira a posibilidade de imposición dunha pena privativa de liberdade superior aos dous anos de prisión; así como que na causa constan motivos bastantes para crer responsable criminalmente de tales figuras delituosas á persoa contra a que precisamente se ditou o auto de prisión, como así o demostran, sobre todo, as declaracións do menor Luis Enrique , parcialmente as do propio apelante, e a identificación deste último por aquel prexudicado na correspondente dilixencia de recoñecemento en rolda.

Agora ben, a carón de tales requisitos, a lei esixe para ditar e manter tan drástica medida cautelar persoal, como é a privación da liberdade, que con ela se persiga algunha das finalidades que tamén no citado artigo 503 da LACrim se prevén. E verbo dos amentados fins, a xuíza a quo reflectiu o de asegurar a presenza do imputado no proceso ( artigo 503.1.3º.a da LACrim ), co que á forza debemos coincidir polas razóns expostas na instancia (proporcionalidade coa gravidade das penas de posible imposición, carencia de arraigo laboral do imputado, adicción deste ás substancias tóxicas, etc.). Amais, tamén xustifica a medida a inminencia da vista oral a teor do momento en que se atopa a tramitación da causa que, de non lograrse, debería dar lugar a unha revisión da situación de prisión. Así mesmo, igualmente concorre a finalidade de evitar que o imputado reitere a comisión doutros feitos delituosos ( artigo 503.2 da LACrim ), por mor dalgunhas das circunstancias nas que se precisamente se sustenta a conxura da evitación de todo risco de fuxida. Boa proba de todo disto foron a detención do apelante non onde di vivir coa súa nai, senón nun coñecido hostal desta cidade; o traslado dunha dotación policial ao centro de metadona de Pontevedra para facerse cunha dose de consumo para o detido; as circunstancias da venda do mp4 referidas polo comprador do mesmo, Gumersindo ; etc.

Rexeitamos así o recurso de apelación formulado sen prexuízo, como apuntamos, de ulteriores valoracións caso de demorarse a vista oral contra o apelante.

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,

Fallo

Que cómpre rexeitar, como rexeitamos, o recurso de apelación interposto pola adefensa de Guillermo . contra o auto do 12 de febreiro de 2009 dictado polo Xulgado de Instrucción nº 2 de Pontevedra, nas diligencias previas procedemento abreviado nº 507/09 , confirmando o devandito auto.

Devólvanselle as actuacións ao xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe recurso ningún, para a súa notificación e cumprimento.

Únase un testemuño desta resolución aos autos correspondentes e ao rolo de Sala.

Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.