Auto Penal Nº 86/2009, Au...zo de 2009

Última revisión
13/03/2009

Auto Penal Nº 86/2009, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 76/2009 de 13 de Marzo de 2009

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 2 min

Orden: Penal

Fecha: 13 de Marzo de 2009

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 86/2009

Núm. Cendoj: 36038370022009200272

Resumen:
DELITO SIN ESPECIFICAR

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

AUTO: 00086/2009

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Sección nº 002

Rolo: 0000076 /2009 J

Procedencia: JDO. 1A.INST.E INSTRUCCION N. 3 de CANGAS DE MORRAZO

Proc. de orixe: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO n? 0000114 /2007

ILMOS/AS SRS/AS MAXISTRADOS/AS

D. Juan Ramón Barreiro Prado, Presidente

Dª Mª Mercedes Pérez Martín Esperanza

Dª Rosario Cimadevila Cea

A U T O Nº 86

Pontevedra, trece de marzo de dous mil nove

Antecedentes

Primeiro.- Na causa arriba mencionada o Xulgado de Instrucción núm. 3 de Cangas ditou un auto con data do 7 de outubro de 2008 , no que se acordaba o sobresemento provisional e o arquivo das actuacións.

Segundo.- Contra o dito auto o procurador Rivas Gandasegui, na representación de Juan Pablo , formulou recurso de reforma, ditándose auto do 9 de decembro de 2008 , que o desestimaba. Notificada amentada resolución ás partes, formulouse recurso de apelación, remitíndose as actuacións a este Tribunal para a súa resolución.

Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don Juan Ramón Barreiro Prado.

Fundamentos

Único.- As dilixencias que examinamos a través dun testemuño incoáronse por mor da denuncia presentada por Juan Pablo contra Bruno , por un suposto delito de estafa dos artigos 248 e 249 do Código penal .

Na cerna do asunto latexa a venda dun coche por parte do sobriño - Bruno -, ao seu tío - Juan Pablo -, que este último veu empregando durante varios meses.

Aproveitando que o coche estaba no taller do vendedor, e ao xurdir diferenzas con motivo do pagamento do prezo aprazado, así como por mor dos accesorios instalados, aquel decidiu retelo baseándose nunha interpretación da facultade a tal respecto prevista no artigo 1600 do Código civil . Esta interpretación pódese presentar como máis ou menos dubidosa pero, dende logo, non se pode pretender reprochar neste eido penal.

Xa que logo, rexeitamos o recurso de apelación formulado e confirmamos a resolución xudicial contra a que se apelaba.

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,

Fallo

Desestimar o recurso de apelación formulado pola representación procesual de Juan Pablo , fronte o auto do 7 de outubro de 2008, ditado polo Xulgado de Instrución núm. 3 de Cangas, nas dilixencias previas núm. 114/07 , e confirmar a devandita resolución nos seus termos.

Remítase ao xulgado de procedencia xunto un testemuño da presente resolución, contra a que non cabe recurso ningún, para a súa notificación e cumprimento.

Únase un testemuño desta resolución aos autos correspondentes e ao rolo de Sala.

Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.