Última revisión
29/02/2008
Auto Penal Nº 87/2008, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 109/2008 de 29 de Febrero de 2008
Relacionados:
Tiempo de lectura: 4 min
Orden: Penal
Fecha: 29 de Febrero de 2008
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 87/2008
Núm. Cendoj: 36038370022008200391
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
AUTO: 00087/2008
AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Sección núm. 002
Rolo: 109/2008 CR
Procedencia: JDO. INSTRUCCION N. 3 de VIGO
Proc. de orixe: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO nº 0001579 /2002
Maxistrados
Don José Juan Ramón Barreiro Prado, Presidente
Dona Mª Mercedes Pérez Martín Esperanza
Dona Rosario Cimadevila Cea
AUTO NÚM. 87
Pontevedra, vinte e nove de Febreiro de dous mil ocho
Antecedentes
Primeiro. Na causa arriba mencionada o Xulgado de Instrucción núm. 3 de Vigo ditou o auto do 10 de outubro de 2007 no que acordaba a apertura do xuízo oral e tense por formulada a acusación contra Blas polos delitos imputados polo Ministerio Fiscal e relacionados non feito único desta resolución, denegándose a apertura do xuízo Oral polos delitos imputados pola acusación particular, en tanto en canto non coincidan polos imputados polo Ministerio Fiscal.
Segundo. Contra o dito auto a representación procesual de Dª Coral e Dª Inmaculada , formulou recurso de apelación, e admitido a trámite, remitíronse a este Tribunal para resolución do mesmo.
Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don José Juan Ramón Barreiro Prado.
Fundamentos
ÚNICO.- No noso anterior auto do 23 de maio de 2007 xa reflectiamos que tiña razón a acusación particular cando invocaba a vulneración do seu dereito á tutela xudicial efectiva por canto que no auto de apertura de xuízo oral se omitía por completo calquera pronunciamento verbo da apertura ou non polos delitos que imputaba tal parte non coincidentes cos obxeto de acusación por parte do Ministerio Fiscal; é dicir, a agresión sexual do artigo 180.3 do Código Penal , e o delito de exhibicionismo do artigo 185 do mesmo texto legal . Asemade que diciamos daquela que este Tribunal non podía asumir, en primeira instancia, pronunciamentos encomendados ao Instructor verbo da apertura ou denegación das pretensións da acusación particular, subsanando así un vicio de incongruencia omisiva que daba lugar á nulidade de pleno dereito consonte a xurisprudencia constitucional que se citaba.
Consecuencia do anterior foi a declaración de nulidade do auto de apertura de xuízo oral de data 14 de novembro de 2006 , e o acordo de que se dictase outro novo polo que se dese adecuada contestación ás pretensións deducidas nos respectivos escrictos de calificación do Ministerio Fiscal e, sobre todo, da acusación particular.
Téndose agora ditado o novo auto do 10 de outubro de 2007 nos que non obra ningunha motivación relativa á denegación de apertura de xuízo oral polo delito de exhibicionismo do artigo 185 do Código Penal obxeto de imputación pola acusación particular, subsisten en tal particular os mesmos argumentos que no noso auto de mención xa explicitabamos, tal e como así igualmente o reflicte o Ministerio Fiscal no seu último escrito do 9 de novembro de 2007. É por iso que, debe decretarse a nulidade do auto do 10 de outubro de 2007 por, precisamente, a incongruencia omisiva de non facer referenza a tal delito para acordar ou rexeitar a apertura do xuízo oral con independenza dos seus restantes pronunciamentos.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación.
Fallo
Declarar a nulidade do auto do 10 de outubro de 2007 ditado pola Maxistrada-Xuíz do Xulgado de Instrucción nº 3 dos de Vigo, no procedemento abreviado 1579/02 (rolo de apelación 109/08-Cr) para que no seu lugar se dite outro novo que, con liberdade de criterio, expresamente resolva verbo da apertura de xuízo oral, ou non, no relativo ao delito de exhibicionismo do artigo 185 do Código Penal, obxeto de imputación pola acusación particular exercitada por Coral e Inmaculada .
Devólvanselle as actuacións ó xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe ningún recurso, para a súa notificación e cumprimento.
Únase un testemuño desta resolución ós autos correspondentes e ó rolo de Sala.
Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.

