Última revisión
09/03/2010
Auto Penal Nº 94/2010, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 63/2010 de 09 de Marzo de 2010
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 8 min
Orden: Penal
Fecha: 09 de Marzo de 2010
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 94/2010
Núm. Cendoj: 36038370022010200059
Núm. Ecli: ES:APPO:2010:200A
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
AUTO: 00094/2010
AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Sección nº 002
Rolo: 0000063 /2010-M
Procedencia: JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.2 de CAMBADOS
Proc. de orixe: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO n? 0000063 /2010
ILMOS/AS SRS/AS MAXISTRADOS/AS
D. Juan Ramón Barreiro Prado, Presidente
Dª Mª Mercedes Pérez Martín Esperanza
Dª Rosario Cimadevila Cea
A U T O Nº 94
Pontevedra, nove de marzo de dous mil dez.
Antecedentes
Primeiro.- Na causa arriba mencionada o Xulgado de Instrución núm. 2 de Cambados ditou un auto con data do 17 de febreiro de 2010 , no que acordou a prisión provisional comunicada e sin fianza de Jose Augusto .
Segundo.- Contra o dito auto, pola defensa de Jose Augusto , formulo recurso de apelación, e, admitido a trámite, remitíronse testemuño de particulares a este Tribunal para a súa resolución.
Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don Juan Ramón Barreiro Prado.
Fundamentos
Único.- Nunha das últimas ocasións que tivo o Tribunal Constitucional para referirse a este tipo de casos, na súa sentenza 152/2007, do 18 de xuño, lembraba que:
Desde la STC 128/1995, de 26 de junio, este Tribunal viene afirmando que la prisión provisional es una medida cautelar cuya legitimidad constitucional, en tanto que limitativa del derecho a la libertad personal ( art. 17.1 CE ) de quien aún goza del derecho a la presunción de inocencia, exige, como presupuesto, la existencia de indicios racionales de la comisión de un delito por parte del sujeto pasivo; como objetivo, la consecución de fines constitucionalmente legítimos y congruentes con la naturaleza de la medida (riesgo de fuga, de obstrucción del normal desarrollo del proceso o de reiteración delictiva); y como objeto, que se la conciba tanto en su adopción como en su mantenimiento como una medida de aplicación excepcional, subsidiaria, provisional y proporcionada a la consecución de dichos fines (por todas, SSTC 128/1995, de 26 de julio, FFJJ 3 y 4; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 33/1999, de 8 de marzo, FJ 3; 47/2000, de 17 de febrero, FJ 3; o más recientemente STC 35/2007, de 12 de febrero, FJ 2).
b) Las decisiones relativas a la adopción y mantenimiento de prisión provisional han de expresarse a través de una resolución judicial motivada, motivación que ha de ser "suficiente y razonable", entendiendo por tal no la que colma meramente las exigencias del derecho a la tutela judicial efectiva, sino aquélla que respeta el contenido constitucionalmente garantizado del derecho a la libertad afectado, ponderando adecuadamente los intereses en juego -la libertad de la persona cuya inocencia se presume, por un lado; la realización de la administración de la justicia penal, en atención a los fines que hemos reseñado, por otro- a partir de toda la información disponible en el momento de adoptar la decisión y del entendimiento de la prisión provisional como una medida excepcional, subsidiaria y provisional.
Para ello, obviamente, la resolución judicial ha de expresar cuál es el presupuesto de la medida y el fin constitucionalmente legítimo perseguido. Y, en relación con la constatación del peligro de fuga, hemos destacado que deberán tomarse en consideración "además de las características y la gravedad del delito imputado y de la pena con que se le amenaza, las circunstancias concretas del caso y las personales del imputado", matizando que si bien en un primer momento la necesidad de preservar los fines constitucionalmente legítimos de la prisión provisional pueden justificar que se adopte atendiendo sólo a circunstancias objetivas como el tipo de delito y la gravedad de la pena, el transcurso del tiempo modifica el valor de este dato en la ponderación y obliga a tomar en consideración las circunstancias personales del sujeto privado de libertad y los datos del caso concreto (por todas, SSTC 128/1995, de 26 de julio, FJ 4; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 47/2000, de 17 de febrero, FJ 3; 35/2007, de 12 de febrero, FJ 2).
Un bo resumo de tal doutrina máis recentemente aínda o fixo o mesmo Tribunal Constitucional na súa sentenza 27/2008, do 11 de febreiro, segundo a cal:
Por ello la legitimidad constitucional de la prisión provisional exige que su aplicación tenga como presupuesto la existencia de indicios racionales de la comisión de una acción delictiva; como objetivo la consecución de fines constitucionalmente legítimos y congruentes con la naturaleza de la medida; y como fundamento la ponderación de las circunstancias concretas que, de acuerdo con el presupuesto legal y la finalidad constitucionalmente legítima, permitan la adopción de la medida (SSTC 62/1996, de 16 de abril, FJ 5; 44/1997, de 10 de abril, FJ 5; 66/1997, de 7 de abril, FJ 4; 33/1999, de 8 de marzo, FJ 3, y 14/2000, de 17 de enero, FJ 4). En la STC 333/2006, de 20 de noviembre, FJ 3, se concretó como constitutiva de estos fines la conjura de ciertos riesgos relevantes para el desarrollo normal del proceso o para la ejecución del fallo que parten del imputado: su sustracción a la acción de la Justicia, la obstrucción de la instrucción penal y, en un plano distinto, aunque íntimamente relacionado, la reiteración delictiva, pero lo que en ningún caso puede perseguirse con la prisión provisional son fines punitivos o de anticipación de la pena, o fines de impulso de la instrucción sumarial, propiciando la obtención de pruebas de declaraciones de los imputados, etc. Y, con cita en la STC 128/1995, de 26 de julio, FJ 2, se concluyó que "todos estos criterios ilustrarían, en fin, la excepcionalidad de la prisión provisional que tantas veces ha subrayado este Tribunal".
A aplicación da anterior doutrina constitucional con motivo do recurso de apelación formulado por Jose Augusto nun todo nos amosa a corrección da resolución da instancia e, xa que logo, a inexorable desestimación daquela impugnación.
Non cómpre poñer en dúbida a concorrencia dos requisitos esixidos no artigo 503.1.1º e 2º da Lei de axuizamento criminal . Isto é, e enténdase que só para os efectos da resolución do presente recurso de apelación, os seguintes: a existencia duns feitos que presentan os caracteres dun delito contra a saúde pública na modalidade de tráfico de drogas do artigo 368 do Código penal , e dun delito de posesión ilícita da armas dos artigos 563 e 564 do mesmo texto legal, dos que se tira a posibilidade de imposición dunhas penas privativas de liberdade superiores aos dous anos de prisión. Así mesmo, na causa constan motivos bastantes para crer responsable criminalmente de tales figuras delituosas a persoa contra a que precisamente se ditou o auto de prisión, como o demostra, sobre todo, a declaración do propio Jose Augusto recoñecendo o encargo de gardar o contido dunha bolsa que descoñecía, mais que presumía ilícito, traballo polo cal, segundo el, ía percibir uns 1500 ?. Amais, o resultado da vixilancia e seguimento do que foi obxecto o apelante cando saíu da súa vivenda en Seseña, a subida ao coche de Fabio , e a volta ao seu domicilio no cal se encontrou a pistola semiautomática con dous cargadores con munición de 17 cartuchos cada un, e unha caixa de munición do calibre 9 mm longo, con 14 cartuchos, non fai máis que abundar nos indicios de criminalidade en contra do recorrente.
Agora ben, a carón de tales requisitos a lei esixe para ditar e manter tan drástica medida cautelar persoal como é a privación da liberdade, que coa mesma se persiga algunha das finalidades que tamén no citado artigo 503 da LACrim se prevén. E verbo dos amentados fins, o xuíz a quo reflectiu o de asegurar a presenza do imputado no proceso por inferirse racionalmente o risco de fuxida (artigo 503.1.3º.a da LACrim) que á forza é mester compartir, xa que, como razoa o xuíz da instancia, o apelante é un cidadán sirio, que nese país ten a súa familia, vivindo el só en Seseña, e que amais desta falta de arraigo familiar en España, tampouco amosa unha mínima vinculación social ou laboral ao non desenvolver ningunha ocupación dende hai máis de medio ano. Igualmente, tamén se salientan os fins de evitar a ocultación, alteración ou destrución das fontes de proba relevantes para o axuizamento (artigo 503.1.3º.b da LACrim) no incipiente estado da causa, dado que o propio auto de prisión data de hai menos dun mes, e cando os outros dous procesados nesta mesma causa manifestaron que xa noutras ocasións acudiron ao mesmo domicilio do apelante para fornecerse de droga.
En conclusión, rexeitamos o recurso de apelación formulado sen prexuízo, claro está, de ulteriores valoracións.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,
Fallo
Que cómpre rexeitar, como rexeitamos, o recurso de apelación interposto pola defensa de Jose Augusto contra o auto do 17 de febreiro de 2010 ditado polo Xulgado de Instrución núm. 2 de Cambados , nas diligencias previas procedemento abreviado núm. 63/10, confirmando o devandito auto.
Devólvanselle as actuacións ao xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a que non cabe recurso ningún, para a súa notificación e cumprimento.
Únase un testemuño desta resolución aos autos correspondentes e ao rolo de Sala.
Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.
