Última revisión
17/09/2017
Auto Penal Nº 222/2018, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 5, Rec 108/2018 de 16 de Mayo de 2018
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 29 min
Orden: Penal
Fecha: 16 de Mayo de 2018
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: XERMAN VARELA CASTEJON
Nº de sentencia: 222/2018
Núm. Cendoj: 36057370052018200173
Núm. Ecli: ES:APPO:2018:582A
Núm. Roj: AAP PO 582:2018
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 5
PONTEVEDRA
AUTO: 00222/2018
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 5 de PONTEVEDRA
Domicilio: C/ LALIN Nº 4-1º VIGO
Telf: 986 817162-63 Fax: 986 817165
Equipo/usuario: RD
Modelo:662000
N.I.G.:36057 43 2 2013 0002803
ROLLO:RT APELACION AUTOS 0000108 /2018
Juzgado procedencia: XDO. DE INSTRUCIÓN N. 7 de VIGO
Procedimiento de origen: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO 0000833 /2013
RECURRENTE: AIG, AXA SEGUROS GENERALES
Procurador/a: JOSE FERNANDEZ GONZALEZ, MARIA DOLORES DOLDAN PALACIOS
Abogado/a: GABRIEL GOMEZ PUMAR, LUIS ENRIQUE RODRIGUEZ GONZALEZ
RECURRIDO/A: MINISTERIO FISCAL
Procurador/a:
Abogado/a:
AUTO 222/2018
MAXISTRADAS/O
Ilma. Sra. dona, presidenta Mercedes Pérez Martin Esperanza
Ilma. Sra. don José Ramón Sánchez Herrero
Ilmo. Sr. don Xermán Varela Castejón
Vigo, dezaseis de maio de dous mil dezaoito.
Antecedentes
Primeiro.-Por un auto 8 de setembro de 2017 acordouse nas Dilixencias previas 833/2013 do Xulgado de instrución nº 7 de Vigo a apertura de xuízo oral.
Nese auto faise constar que o Ministerio Fiscal instara por medio de escrito de acusación a condena de Arsenio e Petra como autores dun delito continuado de apropiación indebida. Igualmente, en concepto de responsabilidade civil, solicitaba que ambos foran condenados a indemnizar a diversas persoas en diversas contías por un importe total de 1.144.113,85 euros. Dese importe solicitaba que responderan de forma directa as entidades AIG Europe e AXA ata os límites das súas respectivas responsabilidades contractuais. Ademais, solicitaba que fora condenada como responsábel civil subsidiaria a entidade Bautista Administradores de Vigo SL.
Ademais diversas Comunidades de Propietarios instaron tamén a apertura de xuízo oral contra as dúas persoas físicas indicadas. Nestes casos instábase a apertura de xuízo pola posíbel comisión de delitos de falsidade documental previsto no artigo 395 do CP e apropiación indebida. En tres casos solicitando tamén, ou alternativamente, que se considerara cometido un delito de estafa. En todos os casos era solicitada a condena como responsábeis civís directos das dúas entidades aseguradoras indicadas.
O auto acordaba a apertura de xuízo oral e requirir, ademais de ás dúas persoas físicas e á SL mencionada, ás entidades aseguradoras AIG Europe e AXA como responsábeis civís directas para que prestaran fianza ata os límites das súas correspondentes pólizas, 400 mil euros no primeiro caso e 600 mil no segundo.
No auto tamén se acordaba informar ás partes que contra o mesmo non cabía recurso algún salvo no referido á situación persoal 'y a lo dispuesto en relación con las fianzas respecto de las que podrán interponer recurso de reforma en el plazo de tres días'.
Segundo.-A entidade AXA interpuxo recurso de reforma e subsidiaria apelación contra esa decisión.
Manifesta a entidade que os delitos de falsificación de documento privado, estafa e apropiación indebida non poden estar amparos por unha póliza de responsabilidade civil.
Indica que no contrato de póliza de seguro asinado non se cubrían este tipo de eventos que quedarían fóra do obxecto de cobertura do seguro. En concreto refire que os danos ás Comunidades de propietarios non serían derivados nin dun erro profesional nin producidos de forma involuntaria que é o que define o obxecto do contrato.
Igualmente apunta que nesa póliza son Aseguradas persoas con determinada relación co asegurado no desempeño de 'funciones propias de su cometido' e 'dentro del ámbito de las actividades'.
Terceiro.-Dado traslado do recurso ao Ministerio Fiscal este presentou escrito de oposición ao mesmo reproducindo de forma extensa unha sentenza do Tribunal Supremo na que se afirmaba que, fronte a terceiros, si cabía predicar, como fai neste caso o Ministerio Fiscal, o deber de responder da entidade aseguradora.
Cuarto.-Deuse traslado á entidade AIG Europe do recurso interposto por AXA manifestando a mesma por escrito que apoiaba tal recurso se ben estendía a pretensión do mesmo a que fora revogada tamén a esixencia de fianza a AIG Europe.
Quinto.-A entidade AIG Europe, pola súa banda, tamén interpuxo recurso de reforma e subsidiaria apelación contra o auto de 8 de setembro de 2017 .
Igual que a entidade AXA, AIG Europe defende nese recurso que as accións atribuídas aos acusados quedarían fóra do ámbito da póliza subscrita con esa entidade.
Apela tamén ao contido da póliza e á referencia nela ao erro profesional do asegurado afirmando que unha acción dolosa dirixida a un enriquecemento ilícito non pode merecer sa consideración. Engadindo que estaba excluído expresamente da póliza.
O Ministerio Fiscal respondeu a este recurso remitíndose ao explicado na resposta ao da entidade AXA.
Sexto.-Por auto de dous de xaneiro de dous mil dezaoito a maxistrada do Xulgado de instrución nº 7 de Vigo resolveu os recursos de reforma contra o auto de 8 de setembro presentados polas dúas entidades aseguradoras no sentido de desestimalos.
Previamente, resolve no mesmo auto diversos recursos contra a providencia de 11 de outubro de 2017 na que se admitiron eses recursos de reforma. Neste punto manifesta que procede desestimar as queixas pola admisión dos recursos de reforma proclamando 'al ser ya unánime la doctrina jurisprudencial en el sentido de que en relación con dicha resolución[a contemplada no artigo 783 da LACrim ] y a parte de la expresa mención legal de la posibilidad de recurso contra en relación con la situación personal del acusado asímismo debe admitirse el recurso en relación con la fianza para el aseguramiento de responsabilidades civiles establecida en dicha resolución'.
No referido ás pretensións das entidades aseguradoras, rexeita as mesmas remitíndose ao manifestado no escrito do Ministerio Fiscal e a xurisprudencia que menciona este.
Sétimo.-Contra esta decisión de desestimación do recurso de reforma alzáronse ambas entidades aseguradoras reiterando os argumentos dados e discutindo as afirmacións do Ministerio Fiscal e do auto impugnado.
Admitido a trámite o recurso deuse traslado ás outras partes manifestando o Ministerio Fiscal a súa oposición ao mesmo.
Con este auto resólvese o amentado recurso, manifestando o parecer da Sala o maxistrado Xermán Varela Castejón.
Fundamentos
Primeiro.-Os dous recursos de apelación das entidades aseguradoras que acabamos de expor nos feitos desta resolución son dirixidos contra un auto que resolveu as reformas presentadas contra un auto anterior que acordaba a apertura de xuízo oral e o resto de decisións contempladas no artigo 783 da LACrim .
En concreto as impugnacións refírense á decisión de requirir a prestación de fianza que incluía aquel auto de apertura. Non se discuten a contía ou a correspondencia da fianza requirida cos escritos de acusación presentados senón que queda centrada a pretensión de impugnación común a ambas entidades en se procede ou non que sexan requiridas pois entenden, polos argumentos que expoñen con detalle, que non entrarían os feitos no ámbito da póliza de seguro que relacionan aos posíbeis responsábeis penais con elas.
O auto polo que se acordou a apertura de xuízo oral, e esas esixencias de fianza, establecía na súa parte dispositiva que contra o mesmo non cabía recurso algún salvo no referido á situación persoal 'y a lo dispuesto en relación con las fianzas respecto de las que podrán interponer recurso de reforma en el plazo de tres días'. O auto de dous de xaneiro de dous mil dezaoito resolveu os recursos de reforma contra o auto de oito de setembro de dous mil dezasete presentados polas dúas entidades aseguradoras no sentido de desestimalos. Pero, previamente, resolve no mesmo auto diversos recursos contra a providencia de 11 de outubro de 2017 pola que se admitiron eses recursos de reforma. Neste punto manifesta que procede desestimar as queixas pola admisión dos recursos de reforma proclamando 'al ser ya unánime la doctrina jurisprudencial en el sentido de que en relación con dicha resolución[a contemplada no artigo 783 da LACrim ] y a parte de la expresa mención legal de la posibilidad de recurso contra en relación con la situación personal del acusado asímismo debe admitirse el recurso en relación con la fianza para el aseguramiento de responsabilidades civiles establecida en dicha resolución'.
Pese á unanimidade xurisprudencial que proclama o auto impugnado, resulta obrigado valorar se realmente cabe recurso contra esa decisión.
O artigo 783 da Lei de Axuizamento Criminal establece no seu punto terceiro o seguinte:
'Contra el auto que acuerde la apertura del juicio oral no se dará recurso alguno, excepto en lo relativo a la situación personal, pudiendo el acusado reproducir ante el órgano de enjuiciamiento las peticiones no atendidas.'.
Nunhainterpretación literaldo precepto a regra parece clara en canto ao suposto de feito e ás consecuencias previstas legalmente. En primeiro lugar a referencia que realiza o punto 3º do artigo 783 reproducido é diáfano en canto é o auto que se regula nese precepto o que queda excluído da posibilidade de recurso. O artigo non exclúe desa posibilidade de recurso só a concreta decisión de apertura de xuízo oral senón todo contido dese auto. Tan é así, que o mesmo artigo ten que excluír expresamente un dos contidos do auto desa previsión. E o que exclúe é o referido á situación persoal. Se resulta preciso expresar esa excepción é dado que, de non existir, tamén a decisión relativa á situación persoal quedaría excluída da posibilidade de recurso. Polo tanto, se a dicción do artigo afirma que o que non é susceptíbel de recurso é o auto e só queda excluído o relativo á situación persoal, parece que se debe entender que todo o resto de contidos propios do auto tampouco poden ser obxecto de impugnación por vía de recurso.
En ocasións afírmase que o contido propio do auto que prevé o artigo 783 da LACrim sería a decisión de apertura e os outros contidos serían accidentais e idénticos a decisións que poden ser adoptadas noutros momentos procesuais.
Hai que matizar entón quecontidos ten o autono que se decide a apertura de xuízo oral dentro dun procedemento de Dilixencias previas ademais desa decisión de apertura.
Concretamente, de acordo co artigo 783 LACRim :
'Al acordar la apertura de juicio oral resolverá el Juez de Instrucción sobre (I) la adopción, modificación, suspensión o revocación de las medidas interesadas por el Ministerio Fiscal o la acusación particular, tanto en relación con el acusado como respecto de los responsables civiles, (II) a quienes, en su caso, exigirá fianza, si no (III) la prestare el acusado en el plazo que se le señale, (IV) así como sobre el alzamiento de las medidas adoptadas frente a quienes no hubieren sido acusados.
(V) En el mismo auto señalará el Juez de Instrucción el órgano competente para el conocimiento y fallo de la causa.'
Pese á redacción un tanto confusa do artigo, conclúese da súa lectura queé contido propio do auto, ademais da decisión sobre apertura de xuízo oral, os outros cinco pronunciamentosindicados: sobre medidas interesadas por unha parte, sobre requirimento de fianza á persoa acusada, sobre requirimento de fianza ao responsábel civil para o caso de que aquela non a preste, sobre alzamento de medidas e sobre órgano competente.
Así (I) debe decidir sobre medidas instadas polas acusacións tanto de natureza civil como penal, sendo evidente que as medidas ás que se refire son desa dobre natureza pois a referencia a medidas sobre responsábeis civís só pode ir referida a medidas dese contido civil. Este primeiro suposto faise depender no texto legal da petición de parte.
Sen embargo existenoutros dous que son regulados como necesarios e non pendentes da petición de parte: o requirimento de fianza ao acusado e o mesmo requirimento aos responsábeis civís en caso de non prestar fianza o acusado. Efectivamente, alterando a orde de mención, o contido (III) refírese á petición de fianza ao acusado no prazo que se lle indique, mención na que se da por suposta esa esixencia pois a mesma non deriva de petición de parte algunha, senón de esixencia legal. E inmediatamente antes o punto (II) advirte que tamén será requirida esa fianza ao responsábel civil 'en su caso'.
Ademais desa expresión no mesmo artigo 783 da LACrim dos contidos indicados como propios deste auto, existe un argumento de carácter sistemáticoque diferenza este requirimento de prestación de fianza de outras previsións reguladas na mesma Lei de Axuizamento Criminal de esixencias de fianzas.
O auto de apertura de xuízo oral que agora analizamos é ditado unha vez finalizada a instrución. É sabido que a decisión que se adopta ao abeiro do artigo 779 da mesma Lei supón pór fin á instrución. No caso de decidir continuar polos trámites dos artigos 780 e seguintes, esa decisión, ao mesmo tempo que pon fin á instrución, supón unha primeira valoración xudicial do resultado da mesma afirmando que existen indicios suficientes de que teñan sucedido uns feitos con caracteres de delito. Ademais, o ditado do auto de apertura de xuízo oral supón tamén que teñen sido presentado escrito de acusación e que o mesmo enténdese que xustifica esa decisión de apertura. Son xa que logo dous os filtros de control xudicial que ten pasado a tese da acusación que é base da decisión de requirir a prestación de fianza.
Polo que acabamos de indicar entendemos que non cabe equiparar absolutamente o requirimento de fianza consecuencia desa apertura coa adopción de medidas cautelares propia da instrución contemplada no artigo 764 da Lei de Axuizamento Criminal . Neste último precepto o que se regula é a posibilidade de adopción de medidas cautelares de carácter civil polo xuíz de instrución e durante a mesma instrución (en cumprimento das finalidades da propia instrución que contempla o artigo 299 da Lei). É dicir a lei prevé esas medidas antes dos filtros propios do artigo 779 e 783 da Lei e requirindo entón atender aos presupostos propios dese tipo de medidas regulados na Lei de Axuizamento Civil á que se remite, sen que esa remisión conste no artigo 783. Entendemos que cabe afirmar que non son idénticas unha situación e outra pola diferenza que existe nos filtros xudiciais que ten pasado a hipótese da acusación en cada caso. E, por iso mesmo, non reclaman a mesma regulación en canto á posibilidade de recursos.
Outra previsión legal aparece dentro do Procedemento Ordinario ou Sumario no artigo 589 da LECrim . Neste caso a Lei exprésase tamén en termos imperativos en canto ao requirimento de prestación de fianza ('se mandará por el Juez que preste fianza bastante para asegurar las responsabilidades pecuniarias'), e tamén en canto ao importe mínimo a esixir ('no podrá bajar de la tercera parte más de todo el importe probable de las responsabilidades pecuniarias'). Esta decisión debe relacionarse co artigo 384 da mesma Lei pois ambas son consecuencia do mesmo suposto de feito. Aquel artigo 589 establece esa consecuencia 'cuando del sumario resulten indicios de criminalidad contra una persona'; e o 384 refire que deberá ser ditado o chamado auto de procesamento 'desde que resultare del sumario algún indicio racional de criminalidad contra determinada persona'. En ambos casos, polo tanto, existe un filtro xudicial sobre a entidade dos indicios que xustifica non acudir aos presupostos propios das medidas cautelares civís en canto xa é premisa desa decisión o que poderíamos equiparar ao presuposto denominado 'fummus boni iuris'. Existe, pois, certa coincidencia co caso da decisión regulada no artigo 783 da LACrim o que permite entender que o fundamento do carácter imperativo da decisión é idéntico. Agora ben, esa coincidencia é só parcial, pois no caso do artigo 783 da LACrim , como xa indicamos, a decisión é tomada despois de finalizada a instrución, valorada a procedencia da continuación da causa e valorada a procedencia de abrir xuízo oral ante escritos de acusación xa presentados. É máis, o órgano xudicial chamado a adoptar a decisión no artigo 589 é diferente do chamado a decidir sobre a procedencia da apertura de xuízo oral pois esa decisión no caso do Sumario é competencia da Audiencia Provincial nun momento posterior. Esa diferenza co caso do artigo 589 permitiría explicar a diferenza na réxime de recursos.
No referido ao aseguramento da eventualresponsabilidade civil dun terceirodiferente ao responsábel penal, contamos coa regulación dos artigos 615 a 619 da Lei de Axuizamento Criminal . Sitúanse no Título X do Libro III referido ao Sumario e aparecen regulados antes da conclusión do mesmo. As apreciacións sobre esta regulación e a súa proximidade ou distancia coas decisións do artigo 783 son as mesmas que indicamos no caso das previsións do artigo 589 sempre da LACrim . Debendo engadir que, neste caso, a diferenza é que durante a instrución do Sumario a Lei fai depender esas medidas da petición de parte.
Recollendo o afirmado ata o momento obtemos que a Lei establece no artigo 783 o ditado dun auto con diversos contidos que lle son propios. Que prevé, no seu punto terceiro, unha regra clara que exclúe da posibilidade de recurso ese auto salvo nun contido concreto referido á situación persoal da persoa acusada. Que entre esas decisións están a referida ás medidas cautelares que teñan sido instadas polas partes, pero tamén, como algo diferente, a de requirir da prestación de fianza á persoa acusada e, para o caso de que non a preste esta, aos terceiros responsábeis civís. Que ese requirimento non é idéntico á posibilidade de adoptar medidas cautelares de carácter civil durante a instrución de dilixencias previas que contempla o artigo 764, nin á previsión imperativa de prestación de fianza durante a instrución de sumarios que contempla o artigo 589 sempre da LACrim . Que, polo tanto, que nestes últimos si caiba a presentación de recursos non supón que teña que ser recoñecida esa posibilidade no caso da decisión que acompaña á de apertura de xuízo oral.
Segundo.-O tema que estamos analizando é obxecto de certo debate na xurisprudencia das Audiencias provinciais. Se atendemos ás decisións do último ano podemos observar que existen dúas formas de interpretación da norma pasando a expor algúns exemplos de ambos.
O auto da Audiencia Provincial de Ciudad Real de 16 de xuño de 2017 (ROJ AAP CR 330/2017) remítese a decisións previas da mesma Audiencia para reiterar que considera que non cabe recurso contra a decisión de prestación de fianza e o seu importe.
A Audiencia Provincial de Huesca en auto de 9 de xuño de 2017 (ROJ AAP HU 94/2017) tamén rexeita a posibilidade do recurso. No mesmo sentido a de León da mesma data (ROJ AAP LE 703/2017).
O Auto da Audiencia Provincial de Logroño de 9 de outubro de 2017 (ROJ AAP LO 394/2017 ) analizaba tamén a cuestión recollendo diversas posturas sobre a materia e concluíndo que non cabe admitir o recurso.
O Auto da Audiencia Provincial de Madrid de 23 de xuño de 2017 (ROJ AAP M 2586/2017) tamén recolle diversas resolucións sobre a materia para concluír na imposibilidade de interposición de recurso.
En todo caso, debemos mencionar que tamén existen resolucións que optan por interpretar como posíbel ese recurso contra a decisión de prestación de fianza.
O Auto da Audiencia Provincial de A Coruña de 9 de outubro de 2017 (ROJ AAP C 1004/2017 ), se ben no caso rexeita o recurso por ir dirixido contra un sobresemento que, mencionado no auto de apertura, fora acordado nun auto anterior firme, manifestaba: 'Una interpretación coherente y amplia del mencionado precepto admite la posibilidad de recurso en aquellos aspectos o cuestiones que exceden del propio contenido de apertura de juicio oral y no constituyen el contenido esencial de la resolución, esto es, aquellos pronunciamientos accesorios respecto a la decisión principal que se han articulado en la resolución.'. Non compartimos esta afirmación se dela quere extraerse a consecuencia de entender que a prestación de fianza é un deses 'pronunciamientos accesorios' aos que se refire. Xa expusemos argumentos contrarios a esa interpretación como é que o requirimento de prestación de fianza é contido propio e substancial do auto regulado no artigo 783, que é o auto e non a decisión de apertura o que o punto terceiro dese artigo exclúe da posibilidade de recurso, e, finalmente, que non é idéntica esa decisión a outras previsións de prestación de fianza durante a instrución. Agora ben, a propia Audiencia de A Coruña en auto de 18 de decembro de 2017 (ROJ AAP C 1252/2017) da mesma sección, aínda reproducindo o mesmo parágrafo que acabamos de indicar, afirma que a decisión de requirir a prestación de fianza non é susceptíbel de recurso algún, co que parece que ese parágrafo non pretendía dicir o contrario e que esta última é a posición desa sección.
A Audiencia Provincial de Granada en auto de 23 de outubro de 2017 (ROJ AAP GR 1117/2017 ) admite a posibilidade de recurso afirmando: 'Esta Audiencia, en sintonía con otras, ha admitido que los pronunciamientos sobre responsabilidad civil contenidos en dicho auto de apertura de juicio oral son susceptibles de recurso, y que la excepción al régimen general de impugnación establecida en el art. 783.3 LECrim debe limitarse a la decisión de acordar la apertura de juicio, pero no alcanza a otros pronunciamientos como, en este caso, la responsabilidad civil, en la medida en que podrían haber sido formulados en una resolución distinta sometida a dicho régimen general de impugnación.'. Fronte a eses argumentos debemos indicar, como dixemos antes, que a previsión do punto terceiro do artigo 783 da LACrim non fai esa diferenza cando establece a norma excluínte do recurso. Pero, sobre todo, reiterando o afirmado antes, que non compartimos que a decisión sobre prestación de fianza poida ser formulada noutra resolución pois o artigo 783 require que sexa adoptada nesa resolución e faino pois non é idéntica a natureza desa decisión (polos presupostos nos que se funda e a situación do control xudicial neste momento) que a natureza doutras medidas contempladas na Lei para outros momentos.
Especialmente interesantes son varias decisións da Audiencia Provincial de Valéncia afirmando a posibilidade de interposición de recurso contra a decisión de requirir a prestación de fianza. O interese deriva da síntese que realizan das posicións sobre a materia que reproducimos tomándoa da sentenza de 12 de maio de 2017 (ROJ AAP V 1230/2017):
'Se han manejado como argumentos contrarios a la recurribilidad (AP Lleida 22.5.2012 y la citada por el MF AN Secc IV de 2.9.2015):
1.- El tenor literal del artículo 783 .3 de la LECr , pues el acuerdo relativo a la fijación de fianza y su cuantía son propios de tal resolución conforme al apartado 2 del mismo precepto, y tanto respecto de los imputados como de los responsables civiles. Es más, el propio artículo, en su apartado 3, subsana la falta de recurso para el acusado, el cual puede reproducir ante el órgano de enjuiciamiento sus pretensiones no atendidas.
2.- La STC 54/1991, de 11 de marzo , señala que la exclusión de la posibilidad de recurso contra el auto de apertura de juicio oral no supone la quiebra del derecho al proceso con todas las garantías 'por el hecho de que contra el auto de apertura del juicio oral no se da recurso alguno'. En el contenido propio del auto de apertura del juicio oral se encuentra, conforme a lo establecido en el apartado segundo del artículo 783 de la LECr , la decisión del Instructor de garantizar las posibles responsabilidades pecuniarias.
3.- Es cierto que, en una primera aproximación, el tenor literal del precepto puede suponer que la admisión o no del recurso tan solo dependa del momento en que por el Juzgado se acuerde la adopción de la medida cautelar, de manera que si lo es en un momento anterior o distinto al auto de apertura del juicio oral, sería susceptible de recurso mientras que si lo es en ésta última resolución no lo será, esta primera apreciación se desvanece si se tiene en cuenta que aquella resolución tiene lugar en lo que se ha denominado fase intermedia , de manera que por aquel entonces el Instructor no solo ha acordado la adecuación de las actuaciones al trámite previsto para el procedimiento abreviado sino que, además, se ha formulado ya escrito de calificación y ha habido una nueva valoración del Instructor al descartar cualquier otra posibilidad de las previstas en el propio artículo 783 de la Ley. Y a todo ello cabe añadir el que la propia Ley excluye, y además lo hace expresamente, la posibilidad de recurso frente a aquella resolución, con una única excepción, que es la relativa a la situación personal, mientras que en todo lo demás podrá replantearse ante el Órgano encargado del enjuiciamiento.
4.- Se podría presentar un escrito para que se valorará la pretensión de rebaja a través de la previsión del artículo 612 LECrim .
Argumentos favorables a la posibilidad de recurrir ( Auto AP Pontevedra de 1 de febrero de 2.006 , Auto de 4 de julio de 2002 y 29.4.2005 AP de Castellón , y AP de Zaragoza en auto de 9 de enero de 2002 ):
1.- La fijación de fianza es un pronunciamiento que no integra el contenido del auto de apertura de juicio oral no susceptible de recurso, y por lo tanto lo correcto es que pueda resolverse sobre la fianza con la formación de la correspondiente pieza separada sobre responsabilidades civiles .
2.- Es posible ya en la fase de instrucción, acordar el aseguramiento de las responsabilidades pecuniarias de los que pudieran resultar responsables civiles directos o subsidiarios, acordándose tales medidas mediante Auto, y formalizándose en pieza separada. Al acordar la apertura del juicio oral, resolverá el Juez de instrucción sobre las medidas cautelares interesadas por el Ministerio Fiscal o la acusación particular, sin que sea necesario que lo haga en el mismo Auto. Así, puede incluirse en la parte dispositiva del mismo Auto o en resolución distinta dictada en pieza separada, el pronunciamiento de adopción, modificación, suspensión o revocación de medidas cautelares de carácter patrimonial para aseguramiento de las responsabilidades pecuniarias del acusado y de los que pudieran resultar responsables civiles, directos y subsidiarios.
3.- Solución que resulta acorde con la doctrina del Tribunal Constitucional que considera que el derecho de acceso a los recursos forma parte del derecho de tutela judicial efectiva consagrado en el artículo 24 de nuestra Constitución ( S.T.C. 2/89 y 69/90 , entre otras muchas), lo que implica que debe siempre favorecerse el acceso a los recursos.
4.- Si en virtud del 764.1 de la LECrim cualquier medida que tenga por objeto el aseguramiento de las responsabilidades pecuniarias se ha de acordar mediante auto, y se formalizarán en pieza separada, frente al cual cabe recurso de reforma y apelación a tenor de lo dispuesto en el art 766 , es evidente que el mismo recurso procederá cuando tal medida cautelar se adopte en el Auto de Apertura de Juicio Oral, lo contrario sería tanto como admitir la interposición o no de recurso dependiendo del momento en que por el Juzgado se acuerde la adopción de una medida cautelar.
5.- A tenor del art 764.1 el Juez de Instrucción debe formar pieza separada con testimonio del Auto de apertura de Juicio oral en lo relativo a la medida cautelar acordada, donde se debe tramitar la totalidad de las incidencias que surjan de la misma.
La clave de esta opción (Villafranca) que acepta la posibilidad de interponer recurso contra el pronunciamiento fijando las responsabilidades pecuniarias acordadas en el auto de apertura de juicio oral, se centra en que la ley procesal obliga al Juez de instrucción, desde el momento en que se acredita la existencia indicios de posible responsabilidad civil en la persona o personas imputadas, a proceder a la apertura de la pieza de responsabilidad civil, acordando la adopción de garantías, resolución que es esencialmente recurrible.
Lo que vienen a discutir esta opción es que la omisión por el Juez de Instrucción de proceder a la apertura de la correspondiente pieza de responsabilidad civil en su momento procesal oportuno, trasladando la fijación de la responsabilidad pecuniaria y su determinación al auto de apertura de juicio oral, puede ocasionar una grave consecuencia a las partes afectadas con dicha resolución, ya que dicha conducta lo que ocasiona es convertir una decisión judicial esencialmente recurrible en irrecurrible.
En este sentido el artículo 589 LECrim establece: 'Cuando del sumario resulten indicios de criminalidad contra una persona, se mandará por el Juez que preste fianza bastante para asegurar las responsabilidades pecuniarias que en definitiva puedan declararse procedentes, decretándose en el mismo auto el embargo de bienes suficientes para cubrir dichas responsabilidades si no prestare la fianza. La cantidad de ésta se fijará en el mismo auto y no podrá bajar de la tercera parte más de todo el importe probable de las responsabilidades pecuniarias.', y el artículo 590 concluye: 'Todas las diligencias sobre fianzas y embargos se instruirán en pieza separada'. El artículo 764 en su apartado 1º dice: 'Asimismo, el Juez o Tribunal podrá adoptar medidas cautelares para el aseguramiento de las responsabilidades pecuniarias, incluidas las costas. Tales medidas se acordarán mediante auto y se formalizarán en pieza separada'.
Por ello una de las opciones que se ha propuesto valorar la posibilidad de considerar como recurrible el auto de apertura de juicio oral en aquellos procedimientos en los que se haya omitido, en toda la tramitación de la causa, la apertura de la pieza de responsabilidad civil, deduciéndose su irrecurribilidad cuando conste incoada la correspondiente pieza de responsabilidad civil, circunstancia que posibilita que la parte disconforme con su contenido puede interponer los recursos que considere adecuados al objeto de conseguir una valoración en segunda instancia de su alegaciones.
Como objeción a esta última opción entendemos que la petición que se efectúe en conclusiones provisionales podría ser significativamente distinta a la fijada en la pieza de responsabilidad civil.
A nuestro juicio, la omisión de lo preceptuado en el artículo 589 LECrim (la referencia a indicios de crimnalidad en el caso de procedimiento abreviado pueden existir respecto de determinada persona antes del dictado del auto de previsto en el art 779.4 LECrim ) no puede transformar en irrecurrible dicha decisión en perjuicio del investigado/acusado. Una decisión favorable a la irrecurribilidad, sin matización alguna, podría favorecer comportamientos procesales tendentes a privar del derecho al recurso al afectado. En otras palabras, las acusaciones podrían considerar conveniente no instar nunca la ejecución de la previsión normativa que recoge el artículo mencionado. Por otra parte, el artículo 612 LECrim parece referirse a circunstancias sobrevenidas, vista su relación con el artículo 611.'
Por ello esta Sección estima razonables los argumentos a favor de la recurribilidad del pronunciamiento a que se contrae el presente recurso de queja.'
É interesante valorar os cinco argumentos expostos nesa síntese da tese favorábel á aceptación do recurso.
No referido ao 1º (que non integra o contido do auto de apertura) entendemos que o contido do artigo 783 da LACrim permite afirmar que si é propio do auto que regula ese precepto a medida discutida. Ese artigo regula o contido do auto e establece, dentro del, ese requirimento de prestación de fianza. Ese contido si parece propio deste momento procesual, é dicir esa medida de aseguramento é consecuencia de que esteamos no momento en que se decide que a pretensión acusatoria concretada nos escritos correspondentes está xustificada. E, por último, o precepto non exclúe a decisión de apertura de xuízo oral da posibilidade do recurso senón que exclúe ao auto que se dita de acordo con el.
No referido ao 2º punto (carácter accidental da inclusión da decisión sobre medidas neste auto) entendemos que é máis sólido advertir que non se trata dunha medida (nin por fundamento nin por requisitos) equiparábel como idéntica ás posíbeis medidas cautelares adoptadas constante a instrución, e, ademais, que a prestación de fianza está regulada expresamente como algo diverso ás medidas que podería instar unha acusación como xa vimos antes.
No referido ao punto 3º (doutrina constitucional sobre o dereito ao recurso) dado que é sabido que esa mesma doutrina do Tribunal Constitucional advirte que non existe propiamente un dereito á existenza de recurso neste tipo de casos senón que se o lexislador opta por establecelo entón a súa aplicación formará parte do dereito á tutela xudicial efectiva. O que se discute neste caso é, precisamente, se o lexislador optou por excluílo.
No punto 4º entendemos que se reitera unha equiparación entre a adopción de medidasex artigo 764 da LACrim e as deste momento cando , primeiro , o artigo 783 da LACrim diferenza a adopción de medidas instadas por partes acusadoras da esixencia de fianza, e, segundo, non hai unha homoxeneidade de ambos momentos procesuais como vimos indicando xa varias veces. De aí que compartamos que as medidas sexan as mesmas e sexa accidental o momento no que se acordan.
O punto 5º tamén parte da mesma visión de que o decidido no caso de requirimento de fianza é unha medida cautelar idéntica ás previstas no artigo 764 da mesma Lei.
Non parece, da lectura de todas esas referencias xurisprudenciais que caiba afirmar que existe unanimidade no sentido de entender procedente a admisión de recurso contra o auto ditado en cumprimento do artigo 783 da LACrim .
Na análise do conxunto de argumentos expostos, aínda recoñecendo a existenza dese debate e de argumentos a favor da outra opción, optamos por entender que o auto no que se acorda a apertura de xuízo oral e, ademais, requirir para a prestación de fianza non é susceptíbel de impugnación por medio dos recursos ordinarios e, polo tanto, a causa de inadmisión trócase en causa de desestimación nestes momentos.
Terceiro.-Todo o anterior queda especialmente claro nun suposto como o que nos ocupa.
O que discuten as entidades aseguradoras nos seus recursos é o fondo do asunto e a súa relación coas persoas das que se predica responsabilidade penal e cos feitos que se lle imputan.
A decisión de requirir de prestación de fianza non é tributaria de ter decidido a procedencia da condena ao pago da responsabilidade civil, senón da existencia da petición de condena e da admisibilidade desa pretensión que se decide ao abrir xuízo oral. Estamos ante unha medida de natureza cautelar que non se adopta por ter decidido o fondo do asunto senón mentres este non é decidido. Por iso non é o momento de entrar nos argumentos dados polas entidades contrarios á súa condena pois ese será, precisamente, o obxecto do xuízo oral que agora é aberto.
Por todo o manifestado,
Fallo
Rexeitar o recurso contra auto de data 13 de setembro ditado polo Xulgado de instrución nº 7 de Vigo por considerar que non debeu ser admitido o mesmo.
Contra a presente resolución non cabe recurso ningún.
Devólvanselle as actuacións ao xulgado de procedencia xunto cun testemuño da presente resolución, contra a cal non cabe recurso ningún, para a súa notificación e cumprimento.
Únase un testemuño desta resolución aos autos correspondentes e ao rolo de Sala.
Así, por medio deste auto, o acordamos, mandamos e asinamos.
