Sentencia Penal Nº 51/202...il de 2020

Última revisión
17/09/2017

Sentencia Penal Nº 51/2020, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 213/2020 de 24 de Abril de 2020

Relacionados:

Tiempo de lectura: 18 min

Orden: Penal

Fecha: 24 de Abril de 2020

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 51/2020

Núm. Cendoj: 36038370022020100045

Núm. Ecli: ES:APPO:2020:580

Núm. Roj: SAP PO 580:2020

Resumen:
CONDUCCIÓN BAJO INFLUENCIAS BEB.ALCOHÓLICAS/DROGAS

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00051/2020

-

ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

Correo electrónico: seccion2.ap.pontevedra@xustiza.gal

Equipo/usuario: MM

Modelo: 213100

N.I.G.: 36038 43 2 2019 0002276

ROLO: RJR APELACION JUICIO RAPIDO 0000213 /2020 P (I)

Xulgado procedencia: XDO. DO PENAL N.3 de PONTEVEDRA

Procedemento de orixen: JUICIO RAPIDO 0000249 /2019

Delito: CONDUCCIÓN BAJO INFLUENCIAS BEB.ALCOHÓLICAS/DROGAS

Recorrente: Laureano

Procurador/a: FAUSTINO JAVIER MAQUIEIRA GESTEIRA

Abogado/a: ANTONIO ALBERTO CALVAR CARBALLO-PEREZ

Recurrido: MINISTERIO FISCAL

Procurador/a: D/Dª

Abogado/a: D/Dª

SENTENZA NÚM. 51

==========================================================

MAXISTRADOS/AS:

Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

Ilmo. Sr. don Juan José Trashorras García

==========================================================

Pontevedra, a vinte e catro de abril de dous mil dezanove.

Visto, pola Sección Segunda desta Audiencia Provincial, na causa instruída Xuizo Rápido nº 249/2019, o recurso de apelación interposto polo procurador Sr. Faustino Javier Maquieira Gesteira, en representación de Laureano, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Penal núm. 3 de Pontevedra. Constituíronse como partes o/a mencionado/a recorrente e o Ministerio Fiscal, na representación que lle é propia, e actuou como relator/a o/a maxistrado/a don José Juan Barreiro Prado.

Antecedentes

Primeiro.-No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do trece de febreiro de dous mil vinte, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

'Que debo CONDENAR Y CONDENO a Laureano en quien no concurren circunstancias modificativas de la responsabilidad criminal, como autor penalmente responsable de un delito contra la seguridad vial por conducir bajo la influencia de bebidas alcohólicas tipificado en el artículo 379 del Código Penal, a la pena de ocho meses de multa con una cuota diaria de seis euros con la responsabilidad personal subsidiaria del artículo 53 del Código Penal en caso de impago y privación del derecho a conducir vehículos a motor y ciclomotores durante dos años. Y como autor de un delito de negativa a someterse a la prueba de alcoholemia del artículo 383 del Código Penal, concurriendo en este delito la circunstancia atenuante de embriaguez del artículo 21.7 en relación con el 21.1 y 20.1 del Código Penal, a la pena de seis meses de prisión con la accesoria de inhabilitación especial para el ejercicio del derecho de sufragio pasivo durante el tiempo de la condena y privación del derecho a conducir vehículos a motor y ciclomotores durante un año y un día. Con imposición de costas.

E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:

' Probado y así se declara que sobre las 03,30 horas del día 12 de julio de 2019, el acusado, Laureano, mayor de edad, con antecedentes penales no computables a efectos de reincidencia, circulaba por la avenida de Lugo de Pontevedra encontrándose influenciado por la previa ingesta de bebidas alcohólicas, de modo que conducía de forma errática, yéndose de un lado a otro de la vía, y sin luces. Por ello una patrulla de la Policía Nacional que lo vio, procedió a darle el alto, y al apreciar en el mismo signos de encontrarse bajo la influencia de tales bebidas, tales como olor a alcohol, mirada brillante, habla pastosa y deambulación titubeante, requirieron la presencia de la Policía local para someterlo a la prueba de determinación del grado de impregnación alcohólica. Personada en el lugar una dotación de la Policía Local requirieron al mismo para someterse a la prueba y si bien en principio accedió a ello, no insuflaba el suficiente aire para que el etilómetro arrojase un resultado completo. Y pese advertirle que de no someterse a la prueba podría incurrir en un delito contra la seguridad vial prosiguió en la misma actitud, soplando de forma incorrecta e insuflando de forma consciente una cantidad de aire insuficiente para que el aparato obtuviera una medición, de tal manera que la prueba no pudo realizarse'.

Segundo.-Contra a devandita sentenza, a representación procesual do/da recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.

Terceiro.-Logo de trasladarlle o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentouse un escrito de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa confirmación.

Cuarto.-O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados e, tras seren recibidos.


Aceptamos e damos por reproducidos os feitos que se declaran probados na sentenza obxecto de recurso.


Fundamentos

Primeiro.O acusado, Laureano, foi condenado na instancia como autor responsable de dous delitos contra a seguridade viaria, un na modalidade de condución dun vehículo de motor baixo a influencia de bebidas alcólicas previsto e penado no artigo 379.2 do Código penal e outro de negativa a realizar as probas de alcolemia do artigo 383 do mesmo texto legal, polo que recorre agora en apelación perante esta alzada na procura da súa absolución. A fiscala oponse a que acollamos o devandito recurso.

Segundo.As alegacións do apelante relativas á vulneración do artigo 24 da Constitución española non son admisibles. As presentes dilixencias seguíronse polos condutos do procedemento para o axuizamento rápido de determinados delitos, previsto no título III do libro IV da Lei de axuizamento criminal (artigos 795 a 803). Logo do correspondente escrito de acusación do fiscal, a defensa amosou a súa desconformidade e solicitou poder presentar o seu escrito de oposición a aquel perante o xulgado do penal de Pontevedra. Así o fixo con achega de documental médica e solicitude dun informe do médico forense, que se practicou e do cal nos ocuparemos deseguido. A continuación realizouse a vista oral na instancia con achegamento, en tal momento, de máis documental médica por parte da defensa do agora apelante.

Xa que logo, nin a máis mínima indefensión, vulneración, conculcación ou quebrantamento de nada do previsto no artigo 24 da CE se lle causou ao agora apelante. O feito de que, nun principio, xurdisen diferenzas verbo de que xulgado era o competente para a realización da proba médicoforense solicitada pola defensa do agora apelante -se o de instrución ou o do penal, que, ao final, foi o encargado de realizala- en nada afectou ao dereito ao xuíz predeterminado pola lei ou, como dixemos, a ningún dos dereitos reflectidos no artigo 24 da Constitución española.

Terceiro.O apelante, Laureano, solicita con carácter previo a realización dunha vista nesta segunda instancia. Mais non concorren ningún dos supostos do artigo 790.3 da Lei de axuizamento criminal, por todos os medios probatorios propostos practicárense no xuízo oral realizado na instancia. O Tribunal Constitucional (TC) non impón como obrigatoria a repetición da vista ou a práctica das probas na alzada. De xeito ben nidio se colixe, entre outras, das SSTC 48/2008, do 11 de marzo, e 22/2013, do 31 de xaneiro, segundo as cales:

Ni la STC 167/2002 ni las numerosas Sentencias posteriores que han aplicado y perfilado su doctrina en torno a las garantías procesales de inmediación y contradicción han cuestionado por restrictivo el sistema que nuestro Ordenamiento jurídico establece como sistema de apelación penal, según la propia denominación legal. No es el objeto de nuestra doctrina el análisis constitucional de los supuestos en los que se puede apelar, o las razones por las que puede hacerse, o los casos en los que la revisión debe conformar la práctica y la valoración de la prueba.

[...] 'La doctrina que parte de la STC 167/2002 no comporta que deban practicarse necesariamente nuevas pruebas en apelación cuando los recurrentes cuestionen los hechos declarados como probados, cuestión que sólo al legislador corresponde decidir en su competencia de configuración de los recursos penales, sino únicamente que al órgano judicial le está vedada la valoración de las pruebas personales que no se hayan practicado ante él: que 'en el ejercicio de las facultades que el art. 795 LECrim otorga al Tribunalad quem deben respetarse en todo caso las garantías constitucionales establecidas en el art. 24.2 CE ' (FJ 11).

Fóra dos supostos legalmente previstos, a parte apelante non pode pretender que se realice un novo xuízo na alzada con reiteración dos mesmos medios probatorios xa practicados perante o xulgado a quoa xeito de nova oportunidade para conseguir unha resolución xudicial que colme os seus intereses de parte ou que, cando menos, os atenda de xeito parcial. E isto é o que sucede na presente causa, na cal se solicita a realización dunha nova vista nesta alzada cando resulta que na instancia se practicou a proba documental médicoforense a que alude o apelante e a testemuñal que bota en falla nin tan sequera a solicitou -de feito, non solicitou ningunha testemuña-.

Neste sentido, o agora apelante, Laureano, solicitou un informe médicoforense que consta achegado ás actuacións (f. 132), pero non pediu que comparecese a súa autora no momento da vista oral. Mesmo a defensa do recorrente chegou a impugnar na vista oral o contido do devandito informe sendo ela mesma, lémbrese, quen o solicitou; e, en todo caso, achegou -co seu escrito de defensa e ao comezo da vista oral- toda unha morea de documental médica coa pretensión de que fosen soporte das súas teses defensivas. E, verbo do axente da Policía Nacional con número de carné profesional NUM000, que non puido comparecer á vista polas razóns que se expresaban na correspondente documental -f. 150-, esta testemuña non foi solicitada polo acusadoapelante e si polo fiscal, quen nada opuxo a que se realizase e continuase a vista oral sen este testemuño. Se quen solicitou a proba testemuñal procedeu deste último xeito, resulta estraño que a parte contraria, que nunca pediu a declaración deste axente, agora a solicite por primeira vez nesta alzada. E, en todo caso, insistimos, non se dá ningún dos supostos a que o artigo 790.3 da Lei de axuizamento criminal vinculaba a posibilidade de realización da vista oral nesta segunda instancia.

Cuarto.As testemuñas que acudiron á vista oral da instancia -un axente da Policía Nacional e dous da Policía Local- declararon verbo do que presenciaron en cada momento da súa intervención profesional nos feitos. En tal sentido, expresáronse a preguntas tanto da fiscala como do avogado da defensa manifestando, segundo o seu criterio, o estado en que se encontraba o acusado e os intentos para practicar a proba de alcolemia. A maxistrada xuíza de ningún modo lles outorgou a aquelas testemuñas a consideración de médicos ou expertos en medicina, como se alega no recurso de apelación.

Os axentes non declararon máis que verbo dos feitos en que participaron por mor da súa condición: que foron avisados de que había unha persoa bébeda -o acusado- rifando con outro nun bar de Pontevedra; que cando chegaron aquela estaba tirada no chan boca abaixo e non se daba erguido; que o sentaron nunha cadeira e chamaron unha ambulancia para levalo a un centro sanitario, ao cal se opuxo e mesmo a que os propios axentes o levasen; que quedou no bar cun amigo; que despois viron un coche que circulaba moi amodo, en zigzag e sen luces -eran as 3:30 horas da madrugada-, déronlle o alto e comprobaron que o seu condutor era o acusado; que todos os axentes referiron o evidente e notorio lamentable estado en que se encontraba o agora apelante dende o punto de vista da súa afectación alcólica e a inconveniencia para a condución dun vehículo de motor; os numerosos intentos -entre uns cinco e oito- que realizaron para que o apelante fixese con éxito a proba de alcolemia; a ocasión en que chegou a obterse unha medición de 1,08 miligramos de alcol por litro de aire expirado; a circunstancia de que sopraba no alcolímetro pero deseguido paraba para impedir o resultado efectivo da proba; e a conclusión de que, sen razón ningunha, por non insuflar o aire suficiente no alcolímetro, o agora apelante impediu adrede a correcta realización da devandita proba de alcolemia. Como se pode comprobar a partir desta pequena escolma e resumo do declarado polos axentes, só dende o punto de vista profesional e das máximas da experiencia prestaron o seu testemuño no xuízo oral, sen irrogárense nin a maxistrada xuíza atribuírlles a condición de facultativos ou expertos en medicina, como sen xeito se alega no recurso de apelación.

Verbo da suposta influencia das doenzas do acusado na apreciación de que se encontraba baixo os efectos de bebidas alcólicas, tampouco por ningures se acreditou. O desenvolvemento dos feitos, dos cales deron cumprida conta do xeito indicado os axentes que testemuñaron na vista oral, a absoluta incompatibilidade das doenzas alegadas co notorio fedor etílico que desprendía o acusado e o contundente informe da médica forense eliminan calquera posibilidade no pretendido sentido. Segundo esta última, o acusadoapelante (diagnosticado de dipsomanía) non presentaba ningunha enfermidade que puidese influír na alcolemia e impedirlle a realización das probas correspondentes para a súa investigación. Así, os antidepresivos e o medicamento Antabus que tomaba non modificaban a alcolemia, e as fracturas nas costelas non o incapacitaban para soprar por, en esencia, non modificarse a súa capacidade pulmonar.

Se os feitos cobraron relevancia penal non foi porque, como noutras ocasións, se realizase un control rutineiro por parte dos axentes da autoridade, senón por mor de que estes viron como a eles se achegaba un coche moi amodo, facendo zigzags e sen luces en plena madrugada. Por tal motivo, déronlle o alto e xusto foi nese intre cando os axentes se decataron de que quen o conducía non era senón a mesma persoa bébeda que motivara a súa previa intervención nun establecemento público desta mesma cidade, polo que chamaron a outros axentes para a realización da proba de alcolemia.

Na actualidade os niveis de intervención legais son dous: a infracción administrativa que supón un ilícito meramente formal, no cal abonda con superar a taxa de alcolemia que se sinala en tal tipo de lexislación, e o ilícito penal. E, dentro deste, o lexislador quixo criminalizar, á súa vez, dúas condutas: unha é a da condución dun vehículo de motor ou ciclomotor baixo a influencia de drogas, estupefacientes, substancias psicótropas ou de bebidas alcólicas e a segunda é a superación dunhas determinadas taxas de alcohol que se concretan no aire expirado en 0,60 miligramos de alcol por litro ou en 1,2 gramos de alcol por litro, e ao inserirse nesta segunda conduta a expresión en todo caso será condenadoformalizouse unha auténtica presunción iuris et de iure( artigo 379.2 do Código penal).

En consecuencia, a condena na instancia polo amentado delito do artigo 379.2 do Código penal foi a teor da súa primeira oración, na cal, como reflectimos, se condena o condutor dun vehículo de motor ou ciclomotor que o faga baixo a influencia de drogas, estupefacientes, substancias psicótropas ou de bebidas alcólicas. O delito de condución baixo a influencia de bebidas alcólicas require así non só a presenza dunha determinada concentración alcólica no condutor, senón, amais, que esa circunstancia inflúa na condución ( SSTC do 3, do 4, do 28 e do 30 de outubro de 1985; 1/2009, do 12 de xaneiro; 256/2007, do 17 de decembro; 206/2007, do 24 de setembro; 196/2007, do 11 de setembro; 319/2006, do 15 de novembro; 137/2005, do 23 de maio; e 68/2004, do 19 de abril, e SSTS do 22 febreiro de 1991, do 14 de xullo de 1993, do 9 de decembro de 1999, do 15 de abril de 2002, do 22 de outubro de 2002, do 5 de marzo de 2003, do 19 de abril de 2004, do 15 de setembro de 2006 e do 24 de setembro de 2008).

A inferencia da influencia do alcol na condución pódese acadar a través de diversos medios: probas directas, como o recoñecemento dos feitos por parte do autor ( STC 145/1987, do 23 de setembro; 89/1988, do 9 de maio, e 252/1994, do 19 de setembro); probas indiciarias, como as circunstancias da propia circulación ( STC 252/1994, do 19 de setembro), a forma de produción do accidente ( SSTC 272/2005, do 24 de outubro; 206/2007, do 24 de setembro, e 256/2007, do 17 de decembro), os cuantiosos danos a carón doutros indicios ( STC 272/2005, do 24 de otubro), a inxestión de alcol nunha cantidade ben significativa xunto coas condicións psicofísicas en que o propio acusado recoñecía encontrarse por, segundo el, estar cansado por non durmir ( STC do 17 de decembro de 2007) e, como non podía ser menos, a conxunción dos signos externos de afectación etílica cunha condución anómala ou irregular. Pero o máis frecuente na práctica adoitan ser as declaracións dos axentes que observaron a condución e levaron a cabo o test de alcolemia, dando por sabido que, aínda sen a proba de alcolemia, as declaracións dos axentes de tráfico poden ser suficientes para a condena penal ( SSTC 222/2001, do 5 de novembro, e 262/2006, do 11 de setembro). E, verbo disto último, é mester remitirse, para evitar inútiles reiteracións, ao manifestado polos tres axentes que testemuñaron no acto da vista oral realizado na instancia.

Noutra orde de cousas, debemos deixar ben claro que a negativa ás probas de alcolemia non se esgota na súa forma expresa, senón que este delito tamén se pode cometer mediante actos concluíntes que abranguen un amplo abano casuístico: facer que se sopra, soprar sen a suficiente forza, soprar botando o aire por fóra da embocadura do etilómetro ou durante un breve período de tempo, soprar co emprego de saliva... E, no caso do agora apelante, a súa negativa amosouse ben nidia dende o momento en que, sen a máis mínima imposibilidade física para poder soprar suficientemente no correspondente aparato para a obtención do resultado da concentración alcólica no aire expirado, xusto paraba de facelo e interrompía así adrede a súa práctica, consciente, evidentemente, do resultado positivo que se ía obter.

Xa que logo, e por todo o dito, a condena do acusado polo delito do artigo 383 do Código penal e o do artigo 379.2 do mesmo texto legal amósase ben correcta e axustada a dereito.

Quinto.No relativo ás penas, a maxistrada xuíza impuxo, polo delito do artigo 379.2 do Código penal, a de multa de oito meses a razón de seis euros diarios, e, polo delito do artigo 383, a de prisión de seis meses. Neste último caso, no seu mínimo legal posible por mor da aplicación da circunstancia atenuante de embriaguez ao abeiro do artigo 21.7ª en relación cos artigos 21.1ª, 20.1º e 61.1.1ª, todos eles do Código penal. E, no relativo ao primeiro delito, impúxose a pena de multa na súa metade inferior aínda que non no seu mínimo legal por los numerosos síntomas que presentaba que permite inferir que estaba altamente influenciado(fundamento de dereito segundo da sentenza contra a que se apela), co que non podemos estar máis de acordo.

Noutra orde de cousas, lémbrese que a cota diaria de 6 € e incluso superiores, cantidades que se establecen cando non consta a capacidade económica do reo nin que se encontre, afortunadamente, en situación de pobreza, miseria ou indixencia económica, goza dun amplo, notorio e conteste referendo xurisprudencial. A imposición da cota diaria da pena de multa en 6 € está moi próxima ao mínimo legal fixado no artigo 50.4 do Código penal. E, dada a amplitude dos límites cuantitativos previstos no referido texto legal, de 2 a 400 €, a imposición dunha cota diaria na denominada zona baixa da previsión, por exemplo e como é o caso, en 6 €, non precisa dun expreso fundamento -por todas, a STS, Penal, Sección 1ª do 21 de outubro de 2014 ROJ: STS 4257/2014 - ECLI:ES:TS:2014:4257, e as que nela se citan-. Máis recentemente, o ATS, Penal, Sección 1ª, do 30 de maio de 2019 (ROJ: ATS 5982/2019 - ECLI:ES:TS:2019:5982A) e as resolucións que nel se citan sinalan que a indixencia sería a única situación que determinaría a necesidade da imposición da cota diaria mínima prevista na lei; e que, nos casos ordinarios en que non concorran circunstancias que impliquen a existencia dunha situación extrema de indixencia ou miseria, resulta axeitada a imposición dunha cota prudencial situada no treito inferior, próxima ao mínimo, como acontece neste caso.

Sexto.As custas da presente alzada impoñémosllas á parte apelante por mor do rexeitamento do seu recurso.

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,

Fallo

Que debemos desestimar o recurso de apelacióninterposto pola representación procesual de Laureano contra a sentenza ditada con data do 13 de febreiro de 2020 no Xuízo Rápido núm. 249/2019 polo Xulgado do Penal núm. 3 de Pontevedra, confirmar esta sentenza. Impóndolle as custas ao apelante.

Notifíquese a presente sentenza ás partes facéndolles saber que a presente resolución non é firme e contra a mesma, cabe interpoñer RECURSO DE CASACIÓN, que ha de prepararse mediante escrito autorizado por Avogado e Procurador, presentado ante este Tribunal dentro dos DEZ DÍASseguintes ao da última notificación e que deberá conter os requisitos esixidos no art. 856 da L.E.Criminal

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos, mediante esta sentenza, da que se levará certificación ao rolo de sala e que se anotará nos rexistros correspondentes.

PUBLICACIÓN.-A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado don José Juan Barreiro Prado durante a audiencia pública. Dou fe.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.