Última revisión
16/09/2017
Sentencia Penal Nº 1/2017, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 1120/2016 de 11 de Enero de 2017
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 8 min
Orden: Penal
Fecha: 11 de Enero de 2017
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 1/2017
Núm. Cendoj: 36038370022017100001
Núm. Ecli: ES:APPO:2017:47
Núm. Roj: SAP PO 47:2017
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00001/2017
AUDIENCIA PROVINCIAL SECCION SEGUNDA
ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5
Teléfono: 986.80.51.19
213100
N.I.G.: 36055 41 2 2014 0002332
APELACION PROCTO. ABREVIADO 0001120 /2016CR
Delito/falta: TRÁFICO DE DROGAS SIN GRAVE DAÑO A LA SALUD
Denunciante/querellante: Sebastián
Procurador/a: D/Dª MARIA ELENA SALGADO TEJIDO
Abogado/a: D/Dª GUILLERMO PRESA SUAREZ
Contra: MINISTERIO FISCAL
Procurador/a: D/Dª
Abogado/a: D/Dª
SENTENZA Nº 1
==========================================================
ILMOS/AS SR./SRASPresidente: D. JOSE JUAN BARREIRO PRADO MaxistradosDª.ROSARIO CIMADEVILA CEA
D. CELSO JOAQUÍN MONTENEGRO VIEITEZ
==========================================================
PONTEVEDRA, a once de xaneiro do dous mil dezasete.
Visto pola Sección Segunda desta Audiencia Provincial, na causa instruída co número 1120/2016, o recurso de apelación interposto pola representación procesal do apelante Sebastián , contra a sentenza ditada polo Xulgado do Penal nº 1 de Pontevedra no PA 135/16. Constituíronse como partes o mencionado recorrente e o Ministerio Fiscal, na representación que lle é propia, e actuou como relator o maxistrado donJosé Juan Ramón Barreiro Prado.
Antecedentes
Primeiro.-No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do 5 de setembro do 2016 cuxaparte dispositivaé do teor literal seguinte:
' Que debo condenar y condeno a D. Sebastián , como autor criminalmente responsable de un delito contra la salud pública en su modalidad de tráfico de drogas que no causan grave daño a la salud, a las penas de un año y seis meses de prisión, con la accesoria de inhabilitación especial para el ejercicio del derecho de sufragio pasivo durante el tiempo de la condena, y a la pena de multa de doce mil euros, con la responsabilidad persoal subsidiaria, en caso de impago, de cuatro meses de privacióin de libertad, con imposición de las costas del juicio, decretándose el comiso y destrución de la droga y efectos aprehendido, con imposición de la mitad de las costas del juicio.
Que debo abslver y absuelvo a Dª Rosario del delito contra la salud publica de que venía siendo acusado, con declaración de oficio de la mitad de las costas del juicio. '
E,como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:
'UNICO.- Probado y así se declara que el día 26 de septiembre de 2014 sobre las 10:00 horas, la Guardia Coivil del puesto de Tui intervino en una finca sita en DIRECCION000 nº NUM000 Guillarei, Tui, donde vive el acusado, Sebastián , mayor de edad y sin antecedentes penales, siete plantas de cannabis queuna vez pesadas -hojas e inflorescencias- ya secas, arrojaron un peso de 4.160,983 gramos, así cimo opoantas y ramas de cannabis en proceso de secado que, una vez pesadas - inflorescencias secas- arrojaron un peso de 4.768 gramos.
Sebastián , consumidor de cannabis, tenía en su poder la anterior cantidad de droga para venderla y distribuirla a otras personas, siendo el precio de venta de dicha sustancia por kilogramos en el mercado ilícito, según la tabla de valoración periódica elaborada por la Oficina Central Nacional de estupefacientes para el segundo semestre del año 2013, de 8.911,08 euros.
No consta que la acusada Rosario , madre de Sebastián , con quien convivía en el domicilio en el que se intervino la marihuana, tuviera en su poder dicha sustancia para venderla y distribuirla a otras personas. '
Segundo.-Contra a devandita sentenza, a representación procesual do recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.
Terceiro.-Logo de trasladarlle o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentouse por escrito/s de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa confirmación.
Cuarto.-O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados para a sustanciación do recurso.
Aceptamos e damos por reproducidos os feitos que se declaran probados na sentenza obxecto de recurso.
Fundamentos
Primeiro.- O acusado, Sebastián , foi condenado na instancia como autor responsable dun delito contra a saúde pública, na súa modalidade de tráfico de drogas que non causan grave dano á saúde, previsto e penado no artigo 368 do Código penal . Presenta agora un recurso de apelación perante esta alzada na procura da súa absolución. A fiscala oponse a que acollamos a impugnación.
Segundo.- A única alegación que realiza no recurso de apelación consiste na vulneración do dereito á inviolabilidade do domicilio do artigo 18.2 da Constitución española . Solicita o apelante a declaración de nulidade da entrada e rexistro con extensión a todo o que se encontrou durante a práctica da amentada dilixencia, coa conseguinte absolución nesta alzada.
O auto do 24 de setembro de 2014 que pronunciou a xuíza do Xulgado de Instrución número 2 de Tui para acordar a entrada e rexistro na vivenda e anexos situados na DIRECCION000 , NUM000 , de Guillarei, concello de Tui, onde residía o acusado, Sebastián , cos seus pais, reflectía no seu razoamento xurídico segundo o oficio do mesmo día polo que a Garda Civil de Tui solicitaba o correspondente mandamento. Así, indicaba o seguinte: que os axentes recibiran o 17 de setembro de 2014 unha chamada dun veciño da zona que os informaba de que na amentada vivenda e anexos o mozo que alí vivía cultivaba plantas de marihuana; que ao día seguinte dous axentes se desprazaran ata o lugar e comprobaran, dende o exterior, que se notaba un forte olor a marihuana; que o veciño lindeiro - Lucio - lles permitiu acceder á súa propiedade, dende onde tamén se apreciaba un forte olor a marihuana, e que dende ela puideron contemplar a parte traseira da propiedade onde vivía o agora recorrente; que dende esta posición observaron, dentro da parcela onde vivía o recorrente, dúas plantas de marihuana ao longo do muro, cunha altura aproximada de 1,70 metros; e tamén divisaron como na parte máis afastada da vivenda había unha especie de invernadoiro duns 20 metros cadrados, cunha altura de 2 metros, aproximadamente, en cuxo interior observaron un número indeterminado de plantas de cánnabis sativa (marihuana) con brotes.
O apelante alega, respecto da chamada telefónica aos axentes, que só se trataría dunha mera confidencia e que, en todo caso, cultivar marihuana no propio domicilio non sería delito e nin tan sequera un ilícito administrativo. Que precisamente por iso o forte olor a marihuana non importaría nada e dependería da capacidade de olfacto de cada persoa. Que as dúas plantas que dende fóra viron os axentes estarían xustificadas polo propio consumo. E que o único dato relevante dende o punto de vista incriminatorio resultou ser falso.
Pois ben, e verbo desta última alegación, o axente da Garda Civil con carné profesional NUM001 declarou na vista oral realizada na instanciaque non viron nada dentro do invernadoiro. Mais deseguido engadiu, tras examinar o atestado a solicitude da defensa do acusado, quenon recordaba con exactitude se se vía ou non, agora non o podía dicir con exactitude(se dentro do invernadoiro había plantas de marihuana). Deste xeito, non se inseriu no atestado nin no oficio para solicitar a entrada e rexistro no domicilio e anexos do acusado un dato inexacto ou incorrecto, senón que sinxelamente, transcorridos case que dous anos, o axente non lembraba con exactitude se dende o fundo lindeiro ao do acusado viu ou non dentro do invernadoiro se había máis plantas de marihuana que as dúas que si que ben á vista estaban fóra, a carón dun muro.
En todo caso, esta última nidia constatación, o forte cheiro a marihuana e a previa chamada que motivou a súa actuación constituían un mínimo presuposto habilitante do pronunciamento do auto de entrada e rexistro, que se realizou así de xeito legal e regulamentario. E consecuencia desta dilixencia foi a incautación de sete plantas de cánnabis que, pesadas as súas follas e inflorescencias xa secas, deron un total de 4 160,938 gramos, e de máis plantas e follas da mesma substancia en proceso de secado que, unha vez pesadas -as inflorescencias secas-, deron un total de 4 768 gramos, cun valor total de 8 911,08 €, que, como con acerto resolveu o maxistrado xuíz a quo, estaban destinadas á distribución a outras persoas.
En conclusión, rexeitamos o recurso e confirmamos a sentenza contra a que se apelaba.
Terceiro.- Impoñemos as custas da presente alzada á parte apelante por mor do rexeitamento do seu recurso.
Tras seren vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,
Fallo
Que debemos desestimar o recurso de apelacióninterposto pola representación procesual de Sebastián , contra a sentenza ditada con data do 5 de setembro do 2016, no PA 135/2016 , polo Xulgado do Penal nº 1 de Pontevedra , econfirmaresta sentenza, con as custas ao apelante.
Así o pronunciamos, mandamos e asinamos, mediante esta sentenza, contra a que non cabe recurso ningún da que se levará certificación ao rolo de sala e que se anotará nos rexistros correspondentes.
PUBLICACIÓN.-A anterior sentenza foi lida e publicadanodía da data, polo maxistrado don José Juan Ramón Barreiro Prado, durante a audiencia pública. Dou fe.
