Sentencia Administrativo ...ro de 2008

Última revisión
17/01/2008

Sentencia Administrativo Nº 10/2008, Tribunal Superior de Justicia de Galicia, Sala de lo Contencioso, Sección 2, Rec 4336/2004 de 17 de Enero de 2008

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 6 min

Orden: Administrativo

Fecha: 17 de Enero de 2008

Tribunal: TSJ Galicia

Ponente: FERNANDEZ LEICEAGA, FERNANDO

Nº de sentencia: 10/2008

Núm. Cendoj: 15030330022008100659

Resumen:
URBANISMO

Encabezamiento

T.S.J.GALICIA CON/AD SEC.2

A CORUÑA

SENTENCIA: 00010/2008

Procedimiento ordinario nº 4336/2004

NO NOME DE EL-REI

A Sección Segunda da Sala do Contencioso administrativo do Tribunal Superior de

Xustiza de Galicia pronunciou a seguinte

SENTENZA

ILMOS. SRS.

D. JOSE ANTONIO MENDEZ BARRERA- PTE

D. JOSE MARIA ARROJO MARTINEZ

D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.

A Coruña, dezasete de xaneiro de 2008.

O recurso contencioso administrativo núm. 4336/2004 pendente de resolución nesta Sala, presentado por Dª Carina , representado polo procurador Dª Aguiar Boudin e asistido do letrado Dª González Darriba , contra o acordo

de 04.03.2004 da Dirección Xeral de Urbanismo . É parte demandada a CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL,

representada e asistida polo letrado da Xunta .

A contía do recurso é de 57.235,85 euros .

Antecedentes

PRIMEIRO.- Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera íntegramente o recurso.

SEGUNDO.- Déuselle traslado á parte demandada e a Administración opúxose á súa pretensión.

TERCEIRO.- Tala proba e o trámite de conclusións o proceso quedou rematado para sentenza.

CUARTO.- Os trámites e mailas formalidades legais cumpríronse.

É ponente o maxistrado D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.

Fundamentos

PRIMEIRO.- Segundo resulta do expediente, o 16.10.2003 o servicio de urbanismo confeccionou un informe sobre a construcción dunha vivenda unifamiliar na rúa Telleira da parroquia de San Pedro de Cesantes no Concello de Redondela, sen licencia municipal e en solo non urbanizable protexido de costas e praias. Xuntan fotos e planos.

Acordo de 30.10.2003 de suspensión da obra e inicio do expediente de reposición da legalidade. Notificación de 14.11. Alegacións. Solicitude de informe municipal - non contestan- e trámite de audiencia con novas alegacións. Proposta de resolución e acordo de 04.03.2004: demolición.. Notificación de 12.03.

Multa coercitiva de 06.07.2004. Notificación de 12.07.2004. Recurso de reposición

O recurso baséase na: a) nulidade por falta do informe preceptivo do Concello de Redondela; b) falta de competencia e c) obra legalizable.

O letrado da Xunta sinala que solicitouse o informe que obriga o artigo 58.3 do Regulamento de Disciplina Urbanística e que as NNSS cualifican o terreo como solo non urbanizable de protección de costas e praias.

Non podemos acoller ningún dos motivos que se alegan; é certo que o artigo 58.3 do Decreto dispón: nos procedementos de reposición da legalidade a que se refiren os apartados anteriores se solicitará informe preceptivo do concello correspondente, que deberá emitirse no prazo máximo de 15 días..., o que acontece é que, non só se solicitou dito informe ó Concello de Redondela e que este non contestou en prazo, polo que a administración autonómica podía entender que o Concello non cumpría coa súa obriga de colaboración, e continua-lo expediente para evita-la caducidade, senón que, no caso presente, o informe era NON NECESARIO.

Tal e como figura no expediente as actuacións iniciáronse por informe da policía local de Redondela de 04.07.2003 comunicando a construcción dunha vivenda sen licencia; logo houbo un informe do arquitecto técnico municipal do mesmo día, describindo as obras e informando da cualificación urbanística do terreo: solo non urbanizable de protección de costas e praias, e o acordo da Alcaldía de remiti-las actuacións á Consellería de Política Territorial. Consta en autos a normativa urbanística do terreo- NNSS do Concello de 14.04.1998.

Figuraba, polo tanto, toda a información urbanística que podía facilita-lo Concello, polo que a irregularidade formal denunciada carece de relevancia.

Tampouco podemos admitir que exista falta de competencia da Consellería para adopta-las medidas de reposición da legalidade urbanística.

Segundo resulta do expediente, ó tempo de inicia-lo expediente de reposición da legalidade - 30.10.2003- a obra non estaba rematada, e realizábase sen licencia municipal e sen autorización autonómica, polo que é de aplicación a Lei 09/2002 , xa que a infracción aínda non estaba consumada.

Dado que o solo está cualificado nas NNSS como solo non urbanizable especialmente protexido de costa e praias, de acordo coa Lei 09/002 estariamos ante un solo rústico de protección de costas - art. 32.2.e - e a adopción das medidas de protección da legalidade neste tipo de solo correspóndelle á Consellería de Política Territorial - art. 214 Lei 09/2002 .

Tampouco estamos ante unha obra legalizable; non só esta pretensión esixiría a petición de licencia, e non consta que dende o ano 2003, no que se inicia o expediente, a recorrente fixera actuación ningunha dirixida a conseguila, senón que a súa pretensión de que a cualificación do terreo estaría fora de contexto - pola suma de varias construccións aparentemente tamén ilegais e pola existencia de servicios de auga, luz, recollida do lixo - tampouco é de recibo.

A recorrente sinala no FX VIII que estamos ante un solo urbano de carácter residencial, ou ben fala dun solo urbano consolidado, e solicitou unha proba pericial dirixida a acreditalo.

O sorprendente informe pericial - dado que formula opinións e non propiamente criterios técnicos - non se pronuncia sobre cal debería sela cualificación do terreo, máis é evidente que non estamos ante un solo urbano - non está integrado na malla urbana tal e como esixe o artigo 11.1, nin ten rede de sumidoiros, nin está consolidada os efectos do artigo 11.b .

Inclusive, do informe do perito resulta que a vivenda está construída dentro dos 200 metros da líña da ribeira do mar, polo que, no existe dúbida posible de que estamos ante un solo do artigo 32.2.e Lei 09/2002 , no que están prohibidos os usos residenciais - art. 38.3, e a actuación da recorrente constitúe unha infracción moi grave.- art. 217.2 b Lei 09/2002

En todo caso, sería preciso que as NNSS ou un PXOM recoñecera este carácter para poder atender - previa petición de licencia- á pretensión de legalización. Cuestión difícil de conseguir dada a prohibición do artigo 95.1 Lei 09/2002 : se prohíbe toda modificación do planeamento urbanístico que carrete a conversión ou inclusión directa dosolo rústico en urbano.

Tampouco é relevante o carácter ilegal ( ou non, dado que non se practicou proba ) das construccións dos arredores, xa que o principio de igualdade só xoga dentro da legalidade.

Polo dito, rexeitámo-lo recurso.

SEGUNDO.- Non se fai declaración das custas ( art. 139 LXCA ).

Polo dito

Fallo

REXEITÁMO-LO recurso contencioso administrativo da procuradora Sra. Aguiar Boudin, no nome de Dª Carina contra o acordó de 04.03.2004 da DIRECCIÓN XERAL DE URBANISMO. Non facemos declaración das custas.

Notifíquesllela ás partes coa advertencia de que no teñen recurso ordinario ningún.

Unha vez firme, remítase o expediente administrativo ó Centro de procedencia, xunto coa certificación e comunicación.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos.

PUBLICACIÓN.-

Lida e publicada a anterior sentencia polo maxistrado ponente D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA, en audiencia pública o día da súa data, do que, eu, Secretaria, certifico.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.