Última revisión
03/06/2021
Sentencia ADMINISTRATIVO Nº 100/2021, Tribunal Superior de Justicia de Galicia, Sala de lo Contencioso, Sección 3, Rec 7194/2020 de 12 de Marzo de 2021
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 34 min
Orden: Administrativo
Fecha: 12 de Marzo de 2021
Tribunal: TSJ Galicia
Ponente: VILLARES NAVEIRA, LUIS
Nº de sentencia: 100/2021
Núm. Cendoj: 15030330032021100110
Núm. Ecli: ES:TSJGAL:2021:1702
Núm. Roj: STSJ GAL 1702:2021
Encabezamiento
SENTENCIA: 00100/2021
Procurador:
Letrado: LETRADO DE LA SEGURIDAD SOCIAL
Procurador:MARCIAL PUGA GOMEZ
Letrado: MARIA CELIA VEIGA RAMOS
A Sección 003 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pronunciou a
Francisco Javier Cambón García
Juan Bautista Quintas Rodríguez
Cristina Paz Eiroa
Juan Carlos Fernández López
Luís Villares Naveira (Relator)
A Coruña, 12 de marzo de 2021
Antecedentes
A parte apelante presenta un recurso ante a Sala, que é aquendado a esta Sección, sendo designado Maxistrado Relator Luís Villares Naveira.
É obxecto de impugnación a Sentenza nº 120/2020, ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 4 da Coruña pola que se anula a resolución de 31/7/2018 da Dirección Provincial do Instituto Social da Mariña, que acordaba declarar indebida a alta no Réxime especial de traballadores do mar (RETM) do interesado como traballador por conta allea da Autoridade Portuaria do Ferrol, San Cibrao.
Os argumentos en que a parte apelante fundamenta a súa pretensión son os seguintes:
a) o recurso debeu ser coñecido pola Sala do Contencioso do TSXG por razón de materia e o carácter indeterminado da contía;
b) concorre a prescrición de accións, por reclamarse cambio de encadramento a datas anteriores á de catro anos prevista no art. 37 do RD 84/1996; non resulta de aplicación a norma invocada pola sentenza de instancia;
c) existe erro na aplicación do RD 1311/2007 porque a libreta de navegación e o certificado do responsable do buque non acreditan a realización das actividades previstas no art. 2.1.;
d) o responsable do buque é empresa pública, Autoridade Portuaria, que se desdí do certificado no documento presentado polo interesado. Aínda que non se seguiron consecuencias desa contradición entre documentos, non pode darse validez ao certificado nese documento;
e) existen probas diferentes das achegadas de contrario que acreditan que o actor non realizou as actividades precisas para o encadramento pretendido. Ademais, os presentados non foron asinados pola autoridade competente. Asínaos a Autoridade Portuaria de Ferrol: non hai sinatura da Capitanía Marítima; aínda dándoos por bos, existe un período de 9 anos sen que consten embarques, entre 2008 e 2017. É máis, dende esa falta de embarque o certificador indica un embarque de 1937 días, o que é incorrecto en calquera posto de traballo. Tamén resultan contraditorias as probas existentes sobre as horas de motor, que en 13 anos apenas acadaron os 52 días completos en total, o que determina un tempo mínimo no período. No mesmo sentido, resulta imposible acreditar que a embarcación poda admitir como embarcados aos 24 policías portuarios diariamente, posto que esa é a súa capacidade máxima;
f) tamén foi infrinxido o art. 14 do Regulamento sobre Despacho de buques. As anotacións da libreta de navegación deben ser feitas polo capitán. No caso de autos este resulta ser traballador da Autoridade Portuaria e xefe do interesado. As anotacións realizadas por este conteñen tachaduras e son imprecisas. Impugnado este contido na vía administrativa, o propio capitán (e patrón da embarcación) puntualiza que non houbo embarques e desembarques senon enroles e desenroles na dotación da embarcación, non querendo significar que estivese efectivamente embarcado, senón que posuía a documentación en regra para facelo;
g) para acreditar a actividade real da embarcación o ISM solicitou documentación á Autoridade Portuaria, que proporcionou os cadernos manuscritos de entradas e saídas da embarcación, que se ben non acreditan quen embarca de cada vez, si reflicte os días que saíu a embarcación, as horas navegadas e o combustible consumido, de onde se desprende que apenas houbo actividade de embarque;
h) a sentenza non se pronuncia sobre a alegación da apelante acerca da previsión do Convenio Colectivo, en concreto das súas funcións e confrontadas estas co previsto na Lei 47/2015. Realmente, entre as funcións de xefe de equipo da Policía Portuaria nada hai que permita concluír que o recorrente tivo como actividade que estar embarcado como técnico ou tripulante, máis ben ao contrario.
A parte apelada oponse ás pretensións impugnatorias polos seguintes motivos:
a) existe sentenza firme da Sala rexeitando o recurso de apelación presentado nun suposto idéntico ao presente, en relación a unha sentenza estimatoria.
b) Sobre a competencia obxectiva para o coñecemento do asunto, o presente litixio foi coñecido polo xulgado por indicación da propia Sala, de onde cabe concluír a competencia daquel para a resolución recaída;
c) ausencia de crítica á sentenza no relativo á alegación de prescrición da acción, xa que aquí non se están reclamando débedas por cotizacións.
d) Equivócase o recurso ao indicar que o motivo de acollemento da demanda é a aplicación do art. 2 do RD 1311/2007, porque o fai en atención ao traballo real desenvolvido polo traballador.
e) Sobre os datos que constan na libreta de navegación, non é certo que neles consten os días efectivos de navegación, aínda que se anoten roles e desenroles.
f) O determinante para o encadramento no RETM é a prestación de servizos que realice o actor e se son dos contemplados no art. 3 da Lei 47/2015, non a realización de labores marítimas.
g) Malia afirmarse que os datos consignados na libreta son falsos, non se interpuxo de contrario denuncia ningunha, só indicando que quen os cubría tiña interese ilexítimo.
h) O apelado conseguiu probar que realizaba funcións que comprendían estar a bordo da embarcación xunto con outras diferentes en terra.
i) No tocante á falta de contestación a un dos motivos alegados na contestación á demanda, o maxistrado non está obrigado a facelo, senón a resolver a pretensión e excepcións, que si se fixo. En todo caso, o Convenio colectivo describe entre as funcións do xefe de Policía Portuaria do apelado as relacionada co tráfico interior de portos.
No procedemento foi practicada unicamente a documental que consta nos autos de instancia.
Resultaron feitos probados os seguintes:
a) a Libreta de navegación titularidade de Sebastián constata uns períodos de embarque de 1 ano (entre 22/2/2005 e 23/2/2006), 6 anos (de 23/2/2006 a 4/3/2012), un mes (de 6/3/2012 a 13/4/2012), tres semanas (de 13/4/2012 a 7/5/2012) e do 7/5/2012 sen finalización.
b) A Licenza de Navegación e a Certificación de períodos de embarque expedida por Elias a favor de Sebastián contén idéntica mención de períodos de embarque e desembarque.
c) Os tres documentos anteriores aparecen asinados por Elias, en calidade de '
d) A Certificación emitida por Elias de data 23/7/2018, en calidade de Responsable de Policía Portuaria da Autoridade Portuaria de Ferrol- San Cibrao, engadindo entre paréntese o propio documento '
e) O despacho de buques da Capitanía Marítima de Ferrol, determina, en relación ao buque Asunción Nieves a existencia de períodos de 221, 152, 145 ou 119 días consecutivos sen despacho.
f) Os cadernos manuscritos da embarcación Asunción Nieves conteñen unha relación sistematizada das anotacións, diferenciadas dos días en que constan as saídas, como unha parte da actividade total anotada. O sumatorio dos días con anotacións no ano con maior número ascende a 86 en 2008. O ano de maior número de días con saídas acada 63. Constan anos como 2005, 2015 ou 2018 en que se relacionan 15 días. Constan anotadas as horas efectivas de motor, que suman en trece anos 1228.
Fundamentos
Sostén en primeiro lugar a apelante que o procedemento debeu ser coñecido en primeira instancia pola Sala e non polo Xulgado, polo que solicita a declaración de incompetencia con anulación da resolución, tras o cal se solicita a declaración de adecuación a dereito da resolución recorrida. Oponse a apelada sostendo que o litixio foi iniciado ante a propia Sala, pero tras decretar esta a falta de competencia obxectiva, foi tramitado ante o Xulgado. Engade ademais a falta de alegación deste motivo na contestación á demanda.
Resulta de interese traer a colación o Auto nº 45/2019, de 11 de febreiro, ditado por esta Sala e Sección onde declaramos a nosa falta de competencia obxectiva para o coñecemento do litixio en primeira instancia, por razón de contía. A este respecto debe significarse que unha vez tomada esta decisión, para o xulgado de instancia non é dabre rexeitar a competencia, por razón analóxica do disposto no art. 7.3. LXCA, polo que a falta de alegación por parte da demandada tería sido ineficaz neste sentido. Por outra banda, cómpre indicar tamén que a competencia é improrrogable, tal como sinala o art. 7.2. LXCA, polo que cabe a súa revisión, mesmo de oficio, en calquera momento do procedemento.
Nesta materia que nos ocupa, relativa á competencia obxectiva para coñecer dos asuntos relativos ao correcto encadramento no réxime de afiliación á Seguridade Social, esta Sala e Sección fixou uns novos criterios á vista do estado actual da xurisprudencia, que constan nos Autos ditados nos PPOO nº 7282/2020, 7284/2020, 7086/2020 e 7263/2020, e que son de data posterior ao Auto nº 45/2019 que consta no presente litixio como determinante do curso procesual seguido polo Xulgado de instancia.
Dada a contradición existente entre o devandito auto e a posición actual da Sala, faise precisa unha explicación exhaustiva das razóns xurídicas que motivaron o cambio de criterio e que levarán ao acollemento do motivo formulado pola apelante, que se fai nos apartados que seguen.
En primeiro lugar, debemos indicar que a cuestión da contía do procedemento é unha materia de orde pública revisable de oficio pola Sala, e que as súas conclusións poden afectar á determinación da competencia obxectiva. Así o lembramos na STSXG desta Sección 3ª nº 2081/2020, de 15 de maio, con ocasión dun recurso de apelación:
En consecuencia, debe o Tribunal comprobar a corrección xurídica da determinación da contía na instancia para verificar posteriormente o acceso á apelación da sentenza ou no seu caso a competencia obxectiva da ditada e sometida a apelación.
A Lei 29/1998, reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa ( LXCA) indica no seu art. 8.3. que son competencia dos Xulgados do Contencioso os recursos: '
Esa é a situación en que se atopan encadradas tanto a Tesourería Xeral da Seguridade Social (
Nestes casos, entra en xogo a competencia residual das Salas do Contencioso dos TTSX, ao se indicar no art. 10.1.m) que coñecerán como órgano de instancia de '
No tocante as regras de determinación da contía, o art. 41.1. sinala que '
Finalmente, o art. 42.2. parágrafo segundo establece que '
Debemos arestora determinar se pode deducirse un valor económico concreto cuantificable no acto recorrido ou pola contra estamos diante dun asunto que por razón da concreta materia da Seguridade Social deba reputarse de contía indeterminada.
Coñecida é a tensión entre as regras de determinación da contía previstas no art. 41 LXCA e as especialidades contidas no art. 42, que para o caso da materia da Seguridade Social sinala como indeterminada para aqueles casos en que o obxecto de recurso sexa
En termos xerais, a modulación na interpretación da atribución directa nestes asuntos da contía como indeterminada vén condicionada pola hipotética existencia dun interese económico concreto cuantificable de forma directa por relación a unha reclamación de cantidade derivada da propia resolución recorrida. Neste estado de cousas, cando existe ese interese económico concreto e ademais este interese constitúe o único obxecto do litixio, a tendencia xurisprudencial é a entender que o litixio ten unha contía determinada e determinable que ten como punto de partida esa cantidade; e dicimos punto de partida porque posteriormente cómpre aplicar as regras interpretativas -quer derivadas directamente da lei ( art. 41 e 42.1. LXCA), quer da interpretación xurisprudencial desta-, que depuren da cantidade inicial o que deba reputarse contía para os efectos do procedemento.
Existen pola contra outros casos en que o asunto aparece desprovisto dunha posibilidade de determinación do seu interese económico de forma directa (sen que isto signifique que non teña ese interese, xa que na inmensa maioría das pretensións xurisdicionais subxace este valor económico), normalmente porque se discute un cambio de situación xurídica da persoa interesada que proxecta os seus efectos para o futuro ou porque se trata do recoñecemento de dereitos que non teñen unha clara cuantificación económica. Nestes casos é onde o recoñecemento da contía como indeterminada preséntase xurisprudencialmente como de fixación máis incontestable.
De todos modos, como prevención, faise preciso analizar cada grupo de supostos en función do litixio concreto para un correcto encaixe da contía e en consecuencia da determinación da competencia obxectiva, xa que as liñas interpretativas inferidas non son idénticas en todos os casos enunciados no propio art. 42.2. parágrafo segundo LXCA.
No caso que nos ocupa, o litixio versa exclusivamente sobre a impugnación da denegación dun cambio de encadramento da parte demandante, para inserilo no Réxime Especial dos Traballadores do Mar, fronte o Réxime no que se atopaba encadrado con anterioridade. A pretensión está completamente desprovista de dimensión económica cuantificada na demanda e ningunha das partes deriva do litixio ningunha reclamación de cantidades.
En casos coma o presente, as consecuencias económicas que podan deducirse do eventual acollemento do recurso non aparecen como o obxecto principal do procedemento, posto que nin sequera foron cuantificadas pola actora na vía administrativa, polo que non integran propiamente o obxecto da pretensión, senón que a actividade impugnatoria actual diríxese a obter un cambio de réxime que no seu caso recoñeza unha situación da que posteriormente se poda deducir un entorno institucional máis favorable aos intereses do interesado.
En consecuencia, ante a ausencia dun interese económico concretamente cuantificado como integrante da pretensión actora, tratándose dun acto de encadramento relativo á correcta inclusión nun determinado Réxime da Seguridade Social, entende a Sala que o asunto debe cualificarse como de contía indeterminada por aplicación do art. 42.2. parágrafo 2 LXCA.
Aínda que a cuestión non fose directamente abordada xurisprudencialmente, cóntanse por decenas as resolucións dos diferentes Tribunais Superiores de Xustiza que abordan esta caste de litixios como asuntos de contía indeterminada e polo tanto son ventiladas en instancia ante a Sala (Así, por exemplo, Andalucía: Resolución: 2328/2020 Nº Recurso: 1301/2019; Cataluña: Resolución: 35/2019 Nº Recurso: 305/2017; Cantabria: Resolución: 203/2018 Nº Recurso: 125/2018; Comunidade Valenciana: Resolución: 465/2015 Nº Recurso: 781/2012). Singularmente, esta Sala ten tramitado con esta consideración estes asuntos, entre outros nas SSTSXG de 31/5/2018, nº 243/2018 Recurso: 4432/2016 ou nas nela citadas.
No mesmo sentido, o Tribunal Supremo ten ventilado este tipo de asuntos en casación ordinaria procedentes de litixios deducidos en instancia polas Salas (
A apelada sostén na súa oposición ao recurso a existencia doutro asunto na Sala confirmatorio dunha resolución idéntica á presente, recaída no Recurso de Apelación nº 7148/2019. Esta invocación non impide a este Tribunal coñecer deste recurso, mesmo sobre o fondo do asunto, xa que naquela ocasión se sostiña unha inadmisibilidade do recurso por razón de contía, razón que agora non concorre, como se verá no apartado seguinte.
O acto impugnado é a resolución de 31/7/2018 da Dirección Provincial do Instituto Social da Mariña, que acordaba declarar indebida a alta no Réxime especial de traballadores do mar (RETM) do interesado como traballador por conta allea da Autoridade Portuaria do Ferrol, San Cibrao.
Pois ben, ao abeiro das consideracións realizadas no fundamento xurídico anterior, e dado que o acto impugnado non pretende ningunha reclamación de cantidade, debemos concluír que o asunto debe reputarse de contía indeterminada.
O Tribunal Supremo ten declarado reiteradamente en materia de Seguridade Social que os asuntos de contía indeterminada deben considerarse como de contía superior a 60 mil euros para os efectos de determinación de competencia obxectiva e réxime de recursos (
Á vista da doutrina actual da Sala sobre a competencia obxectiva en materia de actos de encadramento relativos á determinación do réxime da Seguridade Social aplicable ás funcións desenvolvidas pola persoa traballadora e dado que a competencia é improrrogable, consonte co art. 7.2. LXCA, procede declarar a nulidade da sentenza de instancia por falta de competencia obxectiva.
No seu lugar, procede ditar unha nova resolución sobre o fondo do asunto, dado que a Sala dispón de todos os elementos de xuízo necesarios para facelo, téndose realizado os trámites esenciais mediando os principios de defensa, contradición e igualdade de oportunidades para ambas partes coa inmediación xudicial que garantiu a súa efectividade, entendendo que quedan perfectamente convalidadas para o xuízo sobre o fondo sen perda de dereitos constitucionais ou de legalidade ordinaria.
Así se ten pronunciado o Tribunal Supremo, por todas na STS nº 375/2019 (sección 4) do 20 de marzo (ROJ: STS 911/2019 - ECLI:ES:TS:2019:911 Recurso: 2116/2016), a respecto dun procedemento en que con ocasión dun recurso de apelación procedente do Xulgado do Contencioso nº 10 de Valencia, anulou a sentenza por falta de competencia obxectiva e na mesma resolución ditou pronunciamento sobre o fondo do asunto como tribunal de instancia. Con ocasión do recurso de casación interposto contra a sentenza, o TS no FX 4º explica:
Sostén a parte demandante a inadecuación procedimental da revisión de oficio operada polo Instituto Social da Mariña, por non empregar o curso previsto no art. 107 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
A alegación debe ser rexeitada, porque tal como establece a Disposición adicional primeira desta Lei, coa rúbrica
En materia de seguridade social, en consecuencia, o
Sostén a demandada prescrición de accións por prevelo así a normativa no relativo ás cotizacións derivadas do correcto encadramento no réxime pretendido, pero esta alegación debe ser rexeitada porque a acción impugnatoria, tal como se razoou no FX primeiro desta resolución, está desprovisto dun interese económico concreto cuantificable e en ningún caso está integrado polas cotizacións debidas ou habidas como consecuencia do cambio de réxime de encadramento. Para estes efectos, debe traerse a colación a doutrina da Sala que sinala, para os supostos de rectificación de cotización, non existe prescrición de accións precisamente porque non é obxecto de reclamación ningunha cantidade específica. Así o recolle a STSXG nº 266/2018 (ROJ: STSJ GAL 4307/2018 - ECLI:ES: TSJGAL:2018:4307 Rec.: 7208/2017) que sintetiza esta doutrina, sinalando no seu FX 2º que:
En consecuencia, o dereito invocado non pode ser declarado prescrito, porque polo demais é evidente o interese do actor na correcta clasificación no réxime correspondente da Seguridade Social en relación ao entorno institucional da acción protectora que nun ou noutro caso poda corresponder, non só para o presente senón tamén para o futuro.
O motivo debe ser rexeitado.
Solicita o demandante que se anule a resolución pola que se revisou de oficio o encadramento no RETM para incluílo no RXSS, xa que entende que, en consideración ás funcións e actividade realmente realizadas, debe estar clasificado dentro do RETM.
A Lei 47/2015, de 21 de outubro, reguladora da protección social das persoas traballadoras do sector marítimo-pesqueiro (LPTSMP) establece no seu art. 3, denominado Traballadores por conta allea, que:
Sostén o demandante que xustificou adecuadamente estar comprendido dentro deste ámbito de aplicación, ao exercer a súa actividade a bordo da embarcación 'Asunción Nieves', en tanto que Xefe de Equipo da Policía Portuaria, unha situación esta, a de traballo habitual a bordo do buque, que a administración non consideraba convenientemente acreditado.
O documento principal en que o demandante apoia a súa posición é a
Este documento é coherente cos datos que constan na
Finalmente, e consecuencia dos documentos anteriores, é a
O elemento común aos tres documentos é que aparecen asinados por Elias, en calidade de '
Pois ben, ao folio 88 do expediente consta
A palmaria contradición existente entre o certificado emitido por Elias en data 23/7/2018 e todos os fitos asinados por el mesmo ao longo de trece anos, non só na Licenza de Navegación senón tamén na Libreta de Navegación, evidencia en primeiro lugar un incumprimento grave dos seus deberes documentais como capitán do buque recollidos nos arts. 14, 15 e 16 da Orde de 18 de xaneiro de 2000 pola que se aproba o Regulamento sobre Despacho de Buques (en adiante ODB) pero ademais revela indicios racionais dunha vontade consciente e sostida no tempo de facer declaracións falsas en documentos oficiais de navegación marítima. A Sala fai esta consideración porque resulta inverosímil que unha persoa coa súa cualificación profesional e cos seus anos de desempeño confunda embarque e desembarque con enroles e desenroles. En canto á falsidade, esta resulta especialmente grave á vista da consideración legal que o noso ordenamento xurídico lles dá no art. 2. letras U e W da devandita ODB aos documentos dos que o Sr. Elias se desdí na certificación.
A consecuencia evidente desta situación é negar calquera eficacia probatoria aos documentos expedidos ou asinados por Elias a respecto da certificación de embarque e desembarque aquí estudados.
Á marxe dos documentos anteriores, constan outros no expediente de onde poder deducir a actividade no mar que puido desenvolver o interesado.
En efecto, dado que toda a actividade marítima ao longo destes trece anos (2005-2018) aparece desenvolvida a bordo dunha mesma embarcación, o Asunción Nieves, resulta de utilidade acudir ao arquivo de
Doutra banda, consta tamén no expediente, aos folios 113 a 263, os
Consta finalmente nos folios 89 a 92
O estado actual da xurisprudencia para os efectos de cualificar o correcto encadre da actividade laboral desenvolvida por un traballador atente ao concepto de habitualidade, entendido este como o que ocupa a meirande parte do tempo do traballador, e que configura así o seu réxime de aseguramento e cotización. Pode verse neste sentido os FFXX 6º e 8º apartado 1º da STS nº 762/2019 Recurso: 871/2018, de 3 de xuño, ROJ: STS 1812/2019 - ECLI:ES:TS:2019:1812 .
Por todas as anteriores consideracións, procede rexeitar o recurso formulado polo demandante.
A argumentación exposta na fundamentación precedente debe conducir ao rexeitamento total das pretensións da parte apelante, e proceder así este tribunal a declarar a conformidade a dereito da resolución obxecto de recurso ( artigos 68.1.b e 70.1. LXCA).
De conformidade co establecido no artigo 139.2. da LXCA, dadas as dificultades de dereito que presentou o procedemento, singularmente no relativo á determinación da competencia obxectiva, non se aprecian motivos para a imposición de custas.
Os feitos relacionados no FX 4º B resultan indiciarios de responsabilidade penal en relación a Elias, por un posible delito de falsidade documental prevista e penada nos arts. 390 a 399 do Código Penal.
Para os efectos da súa investigación, dedúzase testemuño á Fiscalía Provincial da Coruña da presente resolución, así como dos seguintes folios do expediente administrativo:
· 7 a 12 (libreta de navegación);
· 14 a 19 (certificación de períodos de embarque);
· 88 (Certificado emitido por Elias);
· 93 a 112 (Licenza de Navegación).
Logo de ver os artigos citados e demais de xeral e pertinente aplicación, este Tribunal dita a seguinte
Fallo
Que, con
Así o pronunciamos, mandamos e asinamos.
