Sentencia Administrativo ...ro de 2008

Última revisión
21/02/2008

Sentencia Administrativo Nº 103/2008, Tribunal Superior de Justicia de Galicia, Sala de lo Contencioso, Sección 2, Rec 4566/2004 de 21 de Febrero de 2008

Relacionados:

Tiempo de lectura: 10 min

Orden: Administrativo

Fecha: 21 de Febrero de 2008

Tribunal: TSJ Galicia

Ponente: FERNANDEZ LEICEAGA, FERNANDO

Nº de sentencia: 103/2008

Núm. Cendoj: 15030330022008100817

Resumen:
URBANISMO

Encabezamiento

T.S.J.GALICIA CON/AD SEC.2

A CORUÑA

SENTENCIA: 00103/2008

Procedimiento ordinario nº 4566/2004

NO NOME DE EL-REI

A Sección Segunda da Sala do Contencioso administrativo do Tribunal Superior de

Xustiza de Galicia pronunciou a seguinte

SENTENZA

ILMOS. SRS.

D. JOSE ANTONIO MENDEZ BARRERA- PTE

D. JOSE MARIA ARROJO MARTINEZ

D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.

A Coruña, vinteún de febreiro de 2008.

O recurso contencioso administrativo núm. 4566 /2004 pendente de resolución nesta Sala, presentado por ARIDOS DE

ASTARIZ SA , representado polo procurador Dª. Cabrera Rodríguez e asistido do letrado D. García Iglesias contra o acordo de

23.07.2004 da Consellería de Política Territorial . É parte demandada a CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL ,

representada e asistida polo letrado da Xunta .

A contía do recurso é indeterminada .

Antecedentes

PRIMEIRO.- Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO.- Déuselle traslado á parte demandada e a Administración opúxose á súa pretensión.

TERCEIRO.- Trala proba e mailo trámite de conclusións o proceso quedou rematado para sentenza.

CUARTO.- Os trámites e mailas formalidades legais cumpríronse.

É ponente o maxistrado D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.

Fundamentos

PRIMEIRO.- O acto que é obxecto de recurso é o acordo de 23.07.2004 que rexeita o recurso de reposición contra a resolución de 25.03.2004 que declara NON LEGALIZABLES as obras de construcción dunha planta de formigado, integrada nun complexo de instalación sitas no lugar de Porto da Cimá-Fea, con demolición e reposición o estado orixinario, e suspensión da actividade - Exped. núm. 107 B 2003/11-0 ).

Tamén se recorre a resolución de 15.11.2004: multa coercitiva por incumpri-la resolución de 25.03.2004.

O recorrente sostén que a administración confunde os trámites dos expedientes 107 B 2003/11-0 e 107 B 200379-0 ( seguido contra ACENTEIRA UTE pola explotación dunha canteira ), o que lle provoca indefensión, ademais de que non se cumpriu co trámite de audencia e que o expediente está caducado, e que a resolución non está motivada.

Verbo do fondo da controversia, nega a construcción dunha planta de formigado, dado que o que existe é unha planta móvil de machaqueo e procesado de áridos, para a que conta con autorización autonómica - de 23.07.1999 - e que non realiza actividade de explotación mineira e de extracción de áridos, senón actividades industriais complementarias da principal. A construcción é legalizable e a medida de demolición desproporcionada.

O letrado da Xunta rebate cada unha destas alegacións.

Compre resolver con carácter preferente a alegación de CADUCIDADE do expediente de reposición da legalidade urbanística.

O expediente iniciouse o 02.04.2003 e rematou con resolución de 25.03.2004 - antes, polo tanto, da reforma da Lei 15/2004 e logo da entrada en vigor da Lei 09/2002 que estableceu, no artigo 209.4 un prazo de 1 ano para tramita-lo expediente de reposición da legalidade urbanística -, polo que a tramitación estendeuse durante 11 meses e 23 días.

O recorrente sostén que, de acordo co artigo 42.3 Lei 30/1992 , era de aplicación o prazo de caducidade de tres meses.

O letrado da Xunta entende que non é de aplicación este prazo.

Debemos darlle a razón ó letrado da Xunta, dado que a previsión da DA 10ª Lei 09/2002 - o recorrente sostén que a planta de formigón construina no ano 1999 - : -Procedementos sancionadores.En todo caso, os procedementos sancionadores ede reposición da legalidade por infraccións cometidas con anterioridade á entrada en vigor desta lei rexeranse pola lexislación vixente no momento da súa comisión, sen prexuízo de lles aplicar ós expedientes sancionadores a norma máis favorable ó sancionado, só abrangue á lexislación substantiva e non procesual, polo que, o prazo de caducidade aplicable é de un ano e este non rematara.

SEGUNDO.- O segundo motivo de nulidade é o de ter prescindido do trámte de AUDIENCIA.

O recorrente sostén que, en dúas ocasións - folios 60-66 -, solicitou que se lle puxera a disposición o expediente, e cando o acordou a administración - folio 72 -, non chegaron a facelo, o que lle causou indefensión.

Partirmos, como indica a STSX GALICIA 28.10.2002: Debido a que buena parte de los argumentos de sustento de esta reclamación constituirían vicios formales, con relación a los defectos de forma conviene señalar que la doctrina del Tribunal Supremo se pronuncia con carácter general en el sentido de que «no todo defecto de forma, aunque existiese, lleva necesariamente a la nulidad de las actuaciones y a la reposición del expediente al momento en el que se cometieron para que esto se produzca es preciso que esa defectuosa actuación haya sido causa de indefensión» STS 11-7-1988 (RJ 19885574 ). Y es que, como también declara la sentencia del mismo alto Tribunal de 27-12-1990 (RJ 199010239 ) «el Derecho Administrativo, en principio, se ha decidido por un antiformalismo ponderado que, sin merma ni quiebra de la legalidad, permita el desarrollo de la actuación administrativa conforme a normas y principios de celeridad y eficacia, hasta el punto de que al vicio de forma o del procedimiento, no se le reconoce tan siquiera virtud invalidante de segundo grado, anulabilidad, más que en aquellos casos excepcionales en que el acto carezca de los requisitos indispensables para alcanzar su fin, se dicte fuera el plazo previsto, cuando éste tenga un valor esencial, o se produzca una situación de indefensión, supuestos todos que acreditan que dicho vicio, carente de fuerza en sí mismo y de naturaleza estrictamente instrumental, sólo adquiere relieve propio cuando su existencia ha provocado una disminución efectiva, real y trascendente de garantías, incidiendo así en la decisión de fondo y alterando, eventualmente, su sentido en perjuicio del administrado y de la propia Administración». La genérica exigencia de que deba producirse indefensión, cuando de mero quebrantamiento de forma se trata, aparece recogido ya en el artículo 238.3 de la Ley Orgánica del Poder Judicial (RCL 19851578, 2635; ApNDL 8375) admitiendo el 243 la subsanación.

No expediente figura que, unha vez ditaron o acordo de inicio do expediente de reposición - e suspensión de obra- déronlle traslado ( folio 56 ) concedéndolle 15 días para facer alegacións. Presentoun un escrito solicitando o traslado da denuncia - folio 60 . O 11.07.2003 - folio 65 - acordaron darlle audiencia antes da proposta de resolución, poñendo a súa disposición o expediente na Dirección Xeral de Urbanismo.

O 23.07 - folio 66 - contesta alegando que non pode trasladarse a Santiago e que lle remitan o expediente.

Acordaron o 08.03.2004 - folio 72 - remitirlle copia do expediente- non figura o xustificante de recepción.

A resolución de 25.03.2004 que declara NON LEGALIZABLES as obras notificáronlla o 30.03.2004 - folio 87-, formalizando o correspondente recurso de reposición.

Do relato dos feitos é obrigado concluir que, se ben é certo que existiu unha irregularidade na tramitación ( non consta o traslado acordado o 08.03 ), non é menos certo que a situación de indefensión provocouna, en grande medida, o propio recorrente que, tendo a súa disposición o expediente, e coñecendo con precisión os feitos que se lle imputan - figura que solicitara a autorización para instala-la planta de formigón e que lla denegaran, e non pode descoñece-la realidade da súa existencia - provoca a indefensión formal alegando que non pode trasladarse a velo expediente e que o descoñecemento dos termos da denuncia lle causan indefensión - cando o seu contido fundamental son as fotografías que reflicten a realidade.

Dado que esta irregularidade non lle impedía o exercicio da súa defensa e que puido facer alegacións - con pleno coñecemento - na vía do recurso de reposición, rexeitamos que esteamos ante un suposto de nulidade.

Tampouco concorre a nulidade que se denuncia por FALTA DE MOTIVACIÓN.

O recorrente sostén que todas as apreciacións da resolución recorrida sobre a planta de formigón son erróneas, dado que o único construido é unha planta de machaqueo e procesamento de áridos para a que conta con autorización - de 23.07.1999.

Non podemos aceptar esta alegación: chega coa visión das fotografías do expediente para apreciar que xunto coa plante de machaqueo e procesamento de áridos, o recorrente instalou unha planta de formigón- e oficinas - e a pesares de que lle denegaron expresamente o 16.11.2001.

Tamén que, como recoñece o recorrente, ó tempo de resolve-lo expediente non estaba aprobado o Plan de Sectorización para o desenvolvemento do solo industrial, polo que, o réxime de aplicación - art. 24.1 Lei 09/2002 - era o do solo rústico, sen que sexa admisible o USO INDUSTRIAL, e sen que a planta de formigón este adaptada o tipo constructivo nin a altura autorizada en solo rústico - art. 36 e 42 Lei 09/2002 .

Verbo da actividade; o acordo recorrido confirma a suspensión acordado o 02.04.2003 para a actividade de explotación mineira e de explotación de áridos.

O recorrente sostén que a única actividade que realiza é a de machaqueo e clasificación de áridos, para o que conta con autorización. Figura no expediente que o 23.07.1999 autorizáranlle a INSTALACION PROVISIONAL dunha planta de machaqueo e clasificación de áridos en Porto da Cima-Fea-Toén.

Non consta que conte con autorización para a actividade - art. 36 e 194.2 Lei 09/2002 - nin autonómica nin municipal.

Dado que carece de licenza de actividade - cousa que non se nega polo recorrente - o acordo recorrido era obrigado, sen que incorra en ningún tipo de ilegalidade.

A administración concédelle un prazo de tres meses para solicita-la autorización autonómica - art. 41.2 Lei 09/2002 - e será nese trámite onde o recorrente poida defende-la adecuación da actividade á cualificación do solo.

Por último; rexeitamos que o acordo que se recorre infrinxa o principio de PROPORCIONALIDADE. Non só este principio é de difícil aplicación - agás de supostos excepcionais- os expediente de reposición da legalidade, senón que, no caso presente, temos a construcción dunha planta de formigón que se denegara por acto expreso e incompatible coa realidade urbanística ó tempo de iniciar e resolve-lo expediente, polo que o único acordo posible era a demolición, e no suposto da actividade esta carece de licenza, polo que era obrigada a paralización acordada - art. 211 e 214 Lei 09/2002 .

Verbo da multa coercitiva; fronte ó pretendido polo recorrente, é de plena aplicación a Lei 09/2002 - estamos ante o incumprimento do acordado en resolución de 25.03.2004 -, recollendo no artigo 209.6 a posibilidade de impor multas coercitivas de 1.000 a 10.000 euros.

Neste caso impuxéronlle a multa en grao máximo e aínda que non falarmos - propiamente- dunha sanción, é obrigado motivar o porque da opción da administración.

No acordo de 15.11.2004 só figura que se impón a multa de 10.000 euros en función das circunstancias concorrentes e dos custo estimado das actuacións necesarias para restaura-la legalidade.

Nembargantes, non se indican cales son as circunstancias concorrentes, e a multa non ten como finalidade cubri-lo custo das futuras actuacións de demolición a realizar pola administración.

En atención a estos motivos, rebaixamos a multa a 3.000 euros.

TERCEIRO.- Non se fai declaración das custas ( art. 139 LXCA ).

Polo dito

Fallo

ACOLLEMOS PARCIALMENTE o recurso contencioso administrativo da procuradora Sra. Cabrera Rodríguez, no nome de ÁRIDOS DE ASTARIZ SA contra o acordo de 15.11.2004 do Director Xeral de Urbanismo, rebaixando a multa coercitiva a 3.000 euros e rexeitamos o recurso contra o acordo de 23.07.2004. Non facemos declaración das custas.

Notifíquesllela ás partes coa advertencia de que teñen un recurso de casación do artigo 86 LXCA , que deberán preparar mediante escrito que deben presentar nesta Sala no prazo de dez días.

Unha vez firme, remítase o expediente administrativo ó Centro de procedencia, xunto coa certificación e comunicación.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos.

PUBLICACIÓN.-

Lida e publicada a anterior sentencia polo maxistrado ponente D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA, en audiencia pública o día da súa data, do que, eu, Secretaria, certifico.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.