Última revisión
03/07/2000
Sentencia Administrativo Nº 1057, Tribunal Superior de Justicia de Galicia, Rec 6438 de 03 de Julio de 2000
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 3 min
Orden: Administrativo
Fecha: 03 de Julio de 2000
Tribunal: TSJ Galicia
Ponente: FERNANDEZ LEICEAGA, FERNANDO
Nº de sentencia: 1057
Fundamentos
Recurso n° 02/0006438/1997
NO NOME DO REI
A SALA DO Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ten dictada a
SENTENCIA Nº 1057
ILTMO. SRES.
D. CARLOS LÓPEZ KELLER
D. MANUEL CONDE NUÑEZ
D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
A Coruña, a tres de xullo do 2000.
No proceso contencioso-administrativo n° 02/0006438/1997, pende de resolución nesta sala, interposto por DÑA MARIA SOCORRO M, asistido do letrado Sra Bonet González fronte a resolución da Dirección Xeral de Trafico desestimatoria do recurso ordinario interposto fronte a resolución da Xefatura de Trafico de A Coruña; e parte demandada a Xefatura de Trafico asistida do letrado do Estado.A contía do recurso e de 20.000 ptas.
ANTECEDENTES DE FEITO
PRIMEIRO.- Admitido a tramite o recurso, practicáronse as dilixencias oportunas e a parte recorrente formalizou a demanda, alegando o que estimou pertinente e suplicando se dicte sentencia estimatoria do recurso.
SEGUNDO.- Feito traslado a parte demandada, contestou en tempo e forma, alegando o que estimou oportuno e solicitando a desestimación o recurso.
TERCEIRO.- Finalizado o tramite de conclusións, declarouse rematado o debate escrito e sinalouse para votación e Fallo do día 23-06-2000 .
CUARTO.- Na tramitación do presente procedemento cumpríronse os tramites e formalidades legais.
VISTO: Sendo relator o Iltm. Sr. D. Fernando Fernández Leiceaga.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
PRIMEIRO - Os motivos do recurso son a prescrición da infracción e a infracción do principio de proporcionalidade.
Non existe prescrición por transcurso do prazo sinalado no art. 18 Rd 320/1994, dado que a infracción se denuncia o 16-03-1996, existe un primeiro intento de notificación o 25-04-1996, unha dilixencia da policía local de A Coruña de 06-06-1996 facendo consta-lo enderezo da recorrente e dous posteriores intentos de notificación o 04 e 05-07- 1996 e a publicación no BOP do 31-08, facendo alegacións a recorrente o 31-07, sen que entre ningunha destas dilixencias transcurrirán os tres meses requiridos ( un mes de paralización mailos dous meses esixidos ).
Tampouco existe infracción do principio de proporcionalidade, dado que, como sinala a STS 28-10-1998
Aínda que dende logo non se mencionaron expresamente no acto as circunstancias ou criterios que deben utilizarse para modula-la contía da sanción imposta, a Administración, de feito, levou adiante esa modulación .
Neste caso a motivación resulta da denuncia inicial: non pasar nunca a ITV, polo que, a sanción imposta de 20.000 ptas non se considera desproporcionada.
SEGUNDO.- Non se fai declaración sobre as custas.
VISTOS: Os preceptos legais citados e demais de xeral aplicación
FALLAMOS
Que desestimamos o recurso contencioso-administrativo interposto polo letrado Sra Bonet González, no nome e representación de DÑA MARIA SOCORRO M fronte a sanción dictada pola Xefatura de Trafico de A Coruña.
