Última revisión
05/03/2008
Sentencia Administrativo Nº 129/2008, Tribunal Superior de Justicia de Galicia, Sala de lo Contencioso, Sección 4, Rec 15039/2008 de 05 de Marzo de 2008
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 9 min
Orden: Administrativo
Fecha: 05 de Marzo de 2008
Tribunal: TSJ Galicia
Ponente: FERNANDEZ LEICEAGA, FERNANDO
Nº de sentencia: 129/2008
Núm. Cendoj: 15030330042008100553
Encabezamiento
T.S.J.GALICIA CON/AD SEC.4
A CORUÑA
SENTENCIA: 00129/2008
PONENTE: D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
RECURSO: RECURSO DE APELACION 15039/2008
APELANTE: ADMINISTRACION ESTATAL
APELADO: CONCELLO DE FERROL
NO NOME DO REI
A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza pronunciou a seguinte
SENTENZA
Ilmos. Sres. D.
JOSE MARIA GOMEZ Y DIAZ CASTROVERDE
FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
JOSE MANUEL RAMIREZ SINEIRO
A CORUÑA, cinco de Marzo de dous mil oito.
Na apelación que co número RECURSO DE APELACION 15039/2008 está pendente de resolución ante esta Sala, ANTES
TRAMITADO NA SECCIÓN TERCEIRA COMO AP NÚM. 7026/2006 e que foi interposto pola ADMINISTRACION ESTATAL,
representada polo AVOGADO DO ESTADO, contra SENTENZA de data catro de Maio de dous mil seis ditada no procedemento
PO 156/2005 polo XDO. DO CONTENCIOSO Núm.1 de FERROL sobre DECLARACION DE INADMITS, nº , de 07/01/2004, Rec. -05 SOBRE COMPENSACION DE DEBEDAS. É parte apelada a
Administración demandada, o CONCELLO DE FERROL, dirixido polo letrado don DAVID VIDAL LORENZO.
É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.
Antecedentes
PRIMEIRO.- O Xulgado de instancia ditou a resolución referenciada anteriormente, que na parte dispositiva di: "Declaro la inadmisibilidad del recurso contencioso-administrativo interpuesto por el Abogado del Estado, en nombre y representación de la Agencia Estatal de la Administración Tributaria, en relación con el Decreto del Ayuntamiento de Ferrol de fecha 28 de enero de 2005, por el que se acordó: "Primero: Aprobar la compensación de deudas entre el Instituto Municipal de Hacienda del Concello de Ferrol y el Estado (...) a favor de la Corporación municipal titular del crédito objeto del presente procedimiento, por un importe de trescientos treinta mil quinientos seis euros con sesenta y cinco céntimos (330.506,65 ?), con cargo a los importes que la Delegación de Hacienda deba transferir a la entidad deudora (...); sin hacer especial pronunciamiento sobre las costas del procedimiento".
SEGUNDO.- Notificada a mesma, interpúxose recurso de apelación que foi tramitado en forma, co resultado que obra no procedemento. Acordouse dar traslado das actuacións ó ponente para resolver polo turno que corresponda.
Fundamentos
PRIMEIRO.- Non se aceptan os da sentenza obxecto de recurso.
O Xulgado do Contencioso de Ferrol acolleu a causa de non admisión formulada polo Concello de Ferrol: falta de esgotamento da vía administrativa por prescindir do recurso de reposición, e acoder directamente - art. 44 LXCA - á vía contencioso administrativa.
Entendeu de non aplicación o artigo 44 LXCA dado que, con ocasión do recurso ante a resolución de 28.01.2005 do Concello de Ferrol - compensación de débedas - o Estado actuaba como un particular.
Non estamos de acordo con esta conclusión. A pesares do recollido no último parágrafo do artigo 44.1 Lei 29/1998 : 4.- sen prexuízo do recollido nesta materia na lexislación de réxime local, esta disposición non muda a previsión do núm.1: nos litixios entre Administracións públicas non será necesario interpor recurso en vía administrativa, é dicir, non se mantén como obrigatorio o recurso de reposición no litixio cunha administración local.
Só a nivel teórico podería manterse esta obriga cando a Administración actúa como un particular - que é o suposto ó que se acolle a sentenza recorrida; nembargante, a administración non mantén unha posición equivalente a dos particulares, dado que sempre actúa en tutela do interese xeral, inclusive cando falarmos dunha simple liquidación tributaria.
Entendemos que a aplicación que realiza o xulgador de instancia do artigo 44 LXCA é excesivamente literal e formalista e incompatible coa tutela dos intereses que protexe a administración do Estado.
Consonte coa ATC 28.02.2000: es doctrina de este Tribunal que, aun tratándose del acceso a la jurisdicción, como ocurre en el presente caso, donde actúa con especial intensidad el principio «pro actione», dicho derecho no conlleva «la forzosa selección de la interpretación más favorable a la admisión de entre todas las posibles normas que la regulan -ya que esta exigencia llevaría al Tribunal Constitucional a entrar en cuestiones de legalidad procesal que corresponden a los Tribunales ordinarios-», sino «la interdicción de aquellas decisiones de inadmisión que por su rigorismo, por su formalismo excesivo o por cualquier otra razón revelen una clara desproporción entre los fines que aquellas causas preservan y los intereses que sacrifican» ( SSTC 207/1998, de 26 de octubre [RTC 1998207], F. 3 y 63/1999, de 26 de abril [RTC 199963], F. 2; entre otras ).
Dado que é posible outra interpretación máis favorable á admisión do recurso contencioso, acollémo-lo recurso de apelación neste punto.
SEGUNDO.- Verbo da cuestión de fondo, a administración do Estado impugna o acordo municipal por entender que, de acordo co Regulamento Xeral de Recadación - RD 1684/1990 - so ten por competencia para acorda-la compensación a Facenda Estatal e non a administración local.
Non compartimos esta alegación; tal e como alega o letrado do Concello, o artigo 2 RDL02/2004 establece: Para el cobro de los tributos y de las cantidades que como ingresos de derecho público, tales como prestaciones patrimoniales de derecho público no tributarias, precios públicos y multas y sanciones pecuniarias, deba percibir la hacienda de las entidades locales de conformidad con lo previsto en el párrafo anterior, la señalada Hacienda ostentará las prerrogativas establecidas legalmente para la hacienda del Estado, y actuará, en su caso, conforme a los procedimientos administrativos correspondentes.
Recolle, tamén , o artigo 109 da Lei de Bases de Réxime Local que a : extinción total ou parcial das débedas que o Estado, CCAA, Seguridade Social ou calquera outra entidade de dereito público teña coas Entidades locais, se poderá acordar por vía de compensación, cando se trate de débedas vencidas, líquidas e esixibles.
O feito de que a lexislación local non estableza un procedemento específico de compensación e que o Regulamento Xeral de Recadación lle sexa de aplicación - art. 6 - non supón que as normas procesuais se convertan en normas competenciais ( e dado que o RXR só prevé a posibilidade de compensación por acordo da Facenda do Estado, non sexa posible que o fagan tamén os Entes Locais ).
Conclusión semellante vulneraría o principio de autonomía e competencia dos Entes Locales; como recolle a STS 19.01.2004 : como se señala en la doctrina del Tribunal Constitucional ( sentencias de 2 de febrero de 1981 [RTC 19814] y 28 de junio de 1983 [RTC 198356 ]), el principio de autonomía no puede oponerse al de unidad, que responde a la supremacía del interés de la nación, en aquellos supuestos en el que el ejercicio de la competencia de la Entidad Local incida en intereses generales, cual es el caso de la política económica del Estado.
A compensación acordada resulta evidente que non afecta ós intereses xerais.
Polo demáis, a STS 23.10.2003 admite a posibilidade de compensar débedas: Así, no solamente en las invocadas en el escrito de interposición, sino las de 4 de julio de 1999, 4 de junio de 2001 ( RJ 20014396 ), 14 de febrero (RJ 20023893) y 12 de noviembre de 2002 (RJ 200210315) han venido a confirmar que «la Ley 7/85 (RCL 1985799, 1372), en su artículo 109, reconoce a las Entidades Locales la posibilidad de extinción total o parcial de las deudas que el Estado, las Comunidades Autónomas, los organismos autónomos, la Seguridad Social y cualesquiera otras entidades de Derecho Público tenga con las Entidades Locales o viceversa, por vía de compensación, cuando se trate de deudas vencidas, líquidas y exigibles», sin que, por tanto, la existencia del Reglamento de Recaudación de la Seguridad Social pueda alterar ni condicionar ese derecho. Y también han declarado que la diferencia de personalidad entre el INSALUD (hoy Instituto Nacional de Gestión Sanitaria), el INSS y la Tesorería de la Seguridad Social obedece al propósito de crear una gestión flexible y desconcentrada de este tipo de actividades, pero que no puede servir para esconder que se trata de un servicio estatal único de Seguridad Social el integrado por todas esas instituciones, cuya diversidad no es obstáculo a la existencia de una verdadera reciprocidad entre las cuotas reclamadas por la Tesorería y las deudas imputables a las otras entidades.
Debemos rexeitar, polo tanto, este motivo de impugnación.
Implícito, no motivo alegado pola administración do Estado, está o feito de que non estamos ante un suposto de compensación.
Como recolle o artigo 109 Lei de Bases de Réxime Local, a compensación procede cando estamos ante débedas vencidas, líquidas e esixibles. Estos requisitos concorren no caso do crédito da entidade local: liquidacións de IBI, máis estos requisitos non concorren no suposto da débeda do Estado.
No propio informe da Tesourería do Concello se refire que NON EXISTEN CREDITOS RECOÑECIDOS A FAVOR DA ENTIDADE DEBEDORA, e na resolución de 28.01.2005 tamén se fai constar que SE CONSTATA A NON EXISTENCIA DE DÉBEDAS COMPENSABLES.
Dado que o propio Concello recoñece este feito, non é posible facer unha compensación de futuro a conta das cantidades que a delegación de Facenda teña que transferir - no seu día - ó Concello, o que obriga a acolle-lo recurso.
TERCEIRO.- Non facemos declaración das custas ( art. 139 LXCA ).
Polo dito
Fallo
Acolle-lo recurso de apelación presentado polo letrado do Estado, no nome da ADMINISTRACIÓN DO ESTADO contra a sentenza de 04.05.2006 do Xulgado do Contencioso de Ferrol, anulándoa, rexeitando que concorra a causa de non admisión que acollera, e entrando no fondo da controversia, acollémo-lo recurso contencioso administrativo presentado contra a resolución de 28.01.2005 do Concello de Ferrol anulándoa por contraria a Dereito.
Non facemos declaración das custas.
Notifíqueselles ás partes e, no seu momento, devólvanse as actuacións ó Xulgado de procedencia, con certificación desta resolución.
Así o pronunciamos, mandamos e asinamos.
PUBLICACION.- A sentencia anterior foi lida e publicada no mismo día da súa data, polo Ilmo. Sr. Maxistrado Relator D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA ó estar celebrando audiencia pública a Sección 004 da Sala do Contencioso- Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Dou fe. A CORUÑA, cinco de Marzo de dous mil oito.
