Última revisión
21/09/2016
Sentencia Administrativo Nº 141/2016, Tribunal Superior de Justicia de Galicia, Sala de lo Contencioso, Sección 4, Rec 15177/2015 de 05 de Abril de 2016
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 11 min
Orden: Administrativo
Fecha: 05 de Abril de 2016
Tribunal: TSJ Galicia
Ponente: FERNANDEZ LEICEAGA, FERNANDO
Nº de sentencia: 141/2016
Núm. Cendoj: 15030330042016100110
Encabezamiento
T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4
A CORUÑA
SENTENCIA: 00141/2016
-N11600
PLAZA GALICIA S/N
N.I.G:15030 33 3 2015 0000409
Procedimiento: PO PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015177 /2015 /
Sobre:ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA
De D./ña.CASA PEPE VIGO SL
ABOGADOJOSE MANUEL ALVAREZ GRAÑA
PROCURADORD./Dª. MARIA MONTSERRAT LOPEZ RODRIGUEZ
ContraD./Dª. TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA, AUTORIDAD PORTUARIA DE VIGO
ABOGADOABOGADO DEL ESTADO, ABOGADO DEL ESTADO
PROCURADORD./Dª. ,
RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA
NO NOME DE EL-REI
A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a
SENTENZA
Ilmos./as. Sres./as. D./Dª
JOSE MARIA GOMEZ E DIAZ CASTROVERDE-PTE
JUAN SELLES FERREIRO
FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA
CARMEN NÚÑEZ FIAÑO
A CORUÑA, seis de abril dous mil dezaseis.
No recurso contencioso-administrativo que, co número 15177/2015, pende de resolución ante esta Sala, presentado por CASA PEPE VIGO SL, representado polo procurador DªLópez Rodríguez, dirixido polo letrado Dº. Álvarez Graña, contra o acordo de 19.02.2015 do TEAR. É parte a Administración demandada o TEAR e a AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGO, representado polo letrado do Estado.
É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.
Antecedentes
PRIMEIRO. -Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.
SEGUNDO. -Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e
TERCEIRO.- Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.
CUARTO. -Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía 26.969,10 EUROS.
Fundamentos
PRIMEIRO.-O acto que se recorre é o acordo de 19.02.2015 do TEAR que rexeita a reclamación económico administrativa contra as liquidacións das taxas pola ocupación privativa do dominio público portuario por uso de instalacións por depreciación de concesións e por desenvolver actividades industriais ou comerciais referentes á concesión na zona IV-2 .
SEGUNDO.-Figura no expediente que o 26.11.2010 outorgáronlle unha concesion sobre o dominio público, en execución da sentenza do TSX Galicia de 19.02.2003 (confirmada polo TS o 12.07.2006 ); previamente o recorrrente contaba cunha autorizacion para a ocupacion parcial do dominio público ( dende o 28.05.1998 ).
Na que se outorgou o 28.01.2002 se recoñece que o recorrente fixera unha inversion no acondicionamente do local autorizado, ( se ben indica que este está totalmente amortizado ), e de xeito contraditorio reflicte que as obras no local realizounas a Autoridade Portuaria.
Na concesión outorgada o 26.11.2010 tamén se reflicte que as obras realizounas a Autoridade Portuaria estando incluidas no seu inmovilizado e establece o réxime económico da concesión.
O recorrente nega ter aceptada a concesion.
A taxa do exercicio 2013 desagrégase en: a) taxa por ocupacion - 21.541,31 euros, b) taxa por instalacions - 13.445,87 euros e c) depreciacions- 9.589,81 euros. O recorrente discrepa dos conceptos B-C, e do tipo aplicado no A.
Alega que cando recibe un escrito - de 08.02.2013- no que lle informan do erro na liquidacion da taxa realizando unha nova (inclúe os conceptos B-C) presentou alegacións que lle tramitaron coma un recurso de reposición e que lle resolve o Xefe do Departamento de Xestión do dominio público - actúa por Delegación de 23.03.2004 do Director do Porto - .
O recurso baséase: a) nulidade por falta de competencia do Xefe do Departamento de dominio público e do propio Director do Porto, b) non procede canon anual polas obras e instalacions nin pola amortización ó realizar as mesmas o recorrente, c) o tipo do gravame na taxa de ocupacion do dominio público é incorrecta ( 7% do valor do solo )- o recorrente presta servizos portuarios - e vulnera o límite do art. 178.2 RDL 2/2011 , d) debe aplicarselle a bonificacion prevista no art. 245.1.c2ª RDL 2/2011 , e) se recoñeza no título concesional o valor de amortizacion
O letrado do Estado rebate os seus argumentos e alega que concorre a causa de non admisión do artigo 45.2.d LXCA e que non proceden condenas de futuro.
Verbo da 1ª custión e revisando a doutrina deste propio Tribunal, consideramos que as amplas facultades que se lle outorgan os administradores solidarios nos Estatutos sociais que se xunta co escrito inicial do recurso facultan o outorgante do poder para actuar procesualmente en defensa dos intereses da sociedade sen precisar dun acordo expreso da asamblea de socios, polo que se desbota o motivo.
Verbo da condena de futuro é evidente que o límite da controversia é a liquidacion que se recorre polo que non son posibles condenas de futuro, sen prexuízo do efecto de cousa xulgada que poida tela sentenza, no sentido de obrigala administración en tanto non se muden as circunstancias facticas e xurídicas que rexen a relacion entre as partes.
Antes de entrar a resolvelas cuestions controvertidas compre facer unha simples apreciacions para clarificalo debate.
O recorrente sostén que non aceptou a concesión outrogada o 26.11.2010, do que se derivaría que carece de título para ocupalo dominio público, nembargantes, coñece con precision o seu clausulado e actúa ó abeiro do mesmo - desenvolve a actividade- e alega parte das clausulas en defensa dos seus dereitos, rexeitando outras.
Non consta que formulara recurso contencioso contra a concesión, e falarmos dun acto administrativo (con efectos prolongados no tempo ) e non dunha disposicion de tipo xeral polo que non pode insirirse no actual debate coma impugnacion indirecta, polo que partiremos das clausulas da concesión para resolvelo debate ( sen prexuízo das facultades de interpretación ) , xa que é o título que lexitima a ocupacion do dominio público e da abeiro ó actuar da administración.
TERCEIRO.-Entrando a resolvelos motivos do recurso, no 1º deles o recorrente manten a falta de competencia do Xefe do departamento de Xestión do dominio público ( tanto se actúa no seu propio nome coma por delegacion do Director do Porto ) para facela liquidación coma para resolvelo recurso de reposición.
O letrado do Estado opón que a delegacion publicouse no BOP de 28.04.2004; sendo este certo, o feito de que non conste identificado o acto de delegacion na resolución non é causa de nulidade.
Verbo do que é a competencia do Director do Porto, o letrado do Estado entende que o art. 33.2.a) do RDL 2/2011 autorizabao para ditalas liquidacións e, correlativamente, para resolvelos recursos de reposición presentados.
Compre indicar que o RDL 2/2011 no atribúe expresamente a ningún órgano específico do organigrama da autoridade portuaria a xestión tributaria, polo que a autoatribución que realiza o Director do Porto non sería, en ningún caso, un suposto de falta manifesta de competencia, ( podería entenderse que tería encaixe dentro das facultades de xestión ordinaria do art. 33.2.a citado polo Estado ), polo que estaríamos ante unha causa de anulabilidade - no suposto mais favorable para o recorrente- co que, unha eventual retroacción de actuacións en nada lle beneficiaria ( estaría interrompido o prazo de prescrición ), o que carreta que rexeitémolo motivo alegado.
Verbo da tramitación dada o escrito presentado e o que lle deron o trámite dun recurso de reposicion; concordamos co letrado do Estado no actuar correcto da administracion tributaria que, logo de notificala liquidacion recibe un escrito - de alegacións- no que o recorrente, de xeito extenso, amosa a súa non conformidade co resolto. Non resulta posible entender que o recorrente facía unha peticion - co abeiro da Lei 30/92 - xa que nos procedementos de xestión tributaria non existe dito trámite e o que é mais relevante, de acoller como indica, que non pretendía interpor un recurso, a consecuencia sería que a liquidación acadaría firmeza: o recorrente non utilizaría os recurso pertinentes e a vía elexída non interrompería o prazo do mes do recurso de reposicion.
Pretensión que, evidentemente, non defende o que carreta que rexeitemos tamén que por este motivo concorra unha causa de nulidade.
Verbo do 2º motivo; resulta probado ( STSX Galicia 2003 e autorizacións previa ó título concesional ) que o recorrente remozou a antiga nave preexistente, investindo 40 millóns de ptas.
O título concesional non recoñece este feito e, en consecuencia, a autoridade portuaria parte de que o recorrente utiliza instalacions propiedade da a.Portuaria liquidándolle a taxa correspondente a esta circunstancia.
Temos, polo tanto, un conflicto entre a realidade e un título concesional erróneo neste punto (erro implicitamente recoñecido pola A.Portuaria quen non liquidara cantidade ningunha por este concepto ata o ano 2013), e non podemos esquecela realidade.
Concordamos co letrado do Estado en que o valor das obras ou instalacións debe ser un elemento a ter en conta ó tempo de calculala taxa ( art. 175-c RDL 2/2011 - falarmos dunha obra situada no dominio público e que, prexistía ó tempo da remoción por parte do recorrente ) mais tamén que na determinación do valor deben ter en consideración a cantidade investida polo recorrente ( art. 175.c.2ª.2 ), sen que poidamos asumir que ó extinguir á autorización as obras pasaron ( sen ningún tipo de compensación ) a ser propiedade da a.Portuaria, dado que o contido da sentenza do TSX Galiza de 2003 o que sostén é que dende un principio a autorizacion debeu ser unha concesión.
Polo dito, acollemos parcialmente o recurso neste punto.
Verbo do 3º motivo, relacionado coa correcta cualificación da actividade desenvolvida polo recorrente.
O título concesional define coma o seu obxecto: destino da concesión a almacén de mercadorías, fundamentalmente alimenticia, para aprovisionamiento de buques no Porto de Vigo.
Os estatutos da sociedade establecen coma obxecto social: comercio al por xunto e polo miúdo de produtos alimenticios de todas clases, servizos de tabernas e café bar e transporte de mercadorías por estrada.
O recorrente sostén que a súa actividade no porto debe cualificarse coma SERVIZO PORTUARIO, en tanto que a Autoridade Portuaria considera a súa actividade coma complementaria e auxiliar da actividade portuaria e que corresponde a unha actividade comercial.
Debemos darlle a razón ó letrado do Estado; esquecendonos da situación previa ó título concesional é o RDL 2/2011 e a situación xurdida tras este título e coa normativa en vigor ó tempo de ditala liquidación a que rexe esta cuestión, temos que a súa actividade en modo ningún poder encadrarse dentro dos supostos de servizos portuarios - art. 108 e 109.2 RDL 2/2011 ( en modo mingín é equiparable con labores de estiba do art. 108.2.d- senón que a correcta cualificación é a dada pola administración, o que carreta que rexeitemos este motivo.
Polo mesmo motivo ( só compre avaliala situacion trala concesión e lei 2/2011 ) rexeitamos que se incumpran o art. 178.2 RDL 2/2011 - só é posible ter en conta o tempo da concesión, sen atender á situación preexistente- e, coma indica o letrado do Estado, a revisión non é consecuencia de unha nova valoracion realizada polo M.Fomento, senón consecuencia de engadir na liquidacion conceptos que antes non estaban.
Tampouco pode ser beneficiario da bonificación do art. 245.c RDL 2/2011 ( motivo d ) ó non concorrelos presupostos de feito ( actividade ) e xurídico ( licenza ou título concesional de servizo portuario ) que require o precepto indicado.
Verbo da última cuestión, que entendemos anoada coa 2ª; unha vez lle teñan en consideración o valor das obras e demais cuestións que resulten da aplicación da prevision do art. 175.C.2.1º e 2º, será de aplicación a previsión do art. 175 C-2ª-3 é cando pode suscitarse dita cuestión se considera que os cálculos non son correctos.
CUARTO.-Non facemos declaración das custas ( art. 139 LXCA ).
VISTOS os artigos citados e demais de pertinente aplicación,
Fallo
Que ACOLLEMOS PARCIALMENTE o recurso contencioso-administrativo presentado por CASA PEPE VIGO SL contra a resolución de 19.02.2015 do TEAR (Liquidación Taxas Portuarias, exped. 54/722-1246-1247/2013 e 54/640-1287/2014) anulándoa por contraria a dereito, debendo refacelas liquidacións que partan dunha base impoñible que teña en consideración a inversión realizada polo recorrente na nave de 240.404 euros.Non facemos declaración das custas.
Notifíquese ás partes e, no seu momento, devólvase o expediente administrativo á súa procedencia, con certificación desta resolución. Contra esta resolución non teñen recurso ordinario ningún.
Así o pronunciamos, mandamos e asinamos.
PUBLICACION. - A sentenza anterior foi lida e publicada o mesmo día da súa data, polo Ilmo. Sr. Maxistrado Relator D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA ao estar a celebrar audiencia pública a Sección 004 da Sala do Contencioso- Administrativo doTribunal Superior de Xustiza de Galicia. Dou fe. A CORUÑA, seis de abril dous mil dezaseis.
