Última revisión
06/03/2008
Sentencia Administrativo Nº 160/2008, Tribunal Superior de Justicia de Galicia, Sala de lo Contencioso, Sección 2, Rec 4165/2005 de 06 de Marzo de 2008
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 4 min
Orden: Administrativo
Fecha: 06 de Marzo de 2008
Tribunal: TSJ Galicia
Ponente: FERNANDEZ LEICEAGA, FERNANDO
Nº de sentencia: 160/2008
Núm. Cendoj: 15030330022008100883
Encabezamiento
T.S.J.GALICIA CON/AD SEC.2
A CORUÑA
SENTENCIA: 00160/2008
Procedimiento ordinario nº 4165/2005
NO NOME DE EL-REI
A Sección Segunda da Sala do Contencioso administrativo do Tribunal Superior de
Xustiza de Galicia pronunciou a seguinte
SENTENZA
ILMOS. SRS.
D. JOSE ANTONIO MENDEZ BARRERA- PTE
D. JOSE MARIA ARROJO MARTINEZ
D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.
A Coruña, seis de marzo de 2008.
O recurso contencioso administrativo núm. 4165 /2005 pendente de resolución nesta Sala, presentado por MORADIÑA SA ,
representado polo procurador Sr. Rodríguez Siaba e asistido do letrado Sr. Crespan Conde, contra o acordo de 22.02.2005 do
Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. É parte demandada o MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA E
ALIMENTACIÓN , representada e asistida polo letrado do Estado .
A contía do recurso é de 120.000 euros.
Antecedentes
PRIMEIRO.- Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.
SEGUNDO.- Déuselle traslado á parte demandada e a Administración opúxose á súa pretensión.
TERCEIRO.- Trala proba e mailo trámite de conclusións o proceso quedou rematado para sentenza.
CUARTO.- Os trámites e mailas formalidades legais cumpríronse.
É ponente o maxistrado D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.
Fundamentos
PRIMEIRO.- O acto que se recorre é o acordo de 22.02.2005 que NON ADMITE por extemporáneo o recurso de alzada presentado pola sociedade MORADIÑA SA.
O recorrente fundamenta o recurso en cuestión que afectan ó fondo da controversia: falta de competencia, caducidade, presunción de inocencia, principio de legalidade, desproporción .. e só no FX 7º combate a non admisión do recurso, sinalando que o artigo 48.2 Lei 30/92 debe entenderse no sentido de que o prazo se inicia o día seguinte da notificación, de tal xeito, que recibindo a notificación o 15.06.2004, o prazo remataba o 16.07.2004.
Figura no expediente que a resolución de 03.06.2004 - folio 104-105-, notificáronlla o 15.06 - folio 111-, en tanto que o recurso de alzada presentouno o 16.07- folio 114.
Como indica a STS 18.12.2002 : Este criterio, que luego seria acogido por el art. 48.2 y 4, párrafo segundo de la Ley 30/1992 (RCL 19922512, 2775 y RCL 1993, 246), de Régimen Jurídico de las Administraciones Públicas y el Procedimiento Administrativo Común , puede resumirse, incluso antes de esta Ley, en los siguientes términos: «en los plazos señalados por meses, y aunque el cómputo de fecha a fecha se inicie al día siguiente al de la notificación o publicación, el día final de dichos plazos será siempre el correspondiente al mismo número ordinal del día de la notificación o publicación del mes o año que corresponda ( SSTS 25 de mayo [RJ 19852625] y 21 de noviembre de 1985 [RJ 19855572], 24 de marzo [RJ 19862333] y 26 de mayo de 1986, 30 de septiembre y 20 de diciembre de 1988, 12 de mayo de 1989 [RJ 19893687], 2 de abril y 30 de octubre de 1990, 9 de enero [RJ 19913447] y 26 de febrero de 1991, 18 de febrero de 1994, 25 de octubre, 19 de julio y 24 de noviembre de 1995 [RJ 19958344], 16 de julio [RJ 19976034] y 2 de diciembre de 1997 [RJ 19979675 ], entre otras muchas).
Tamén a STS 29.11.2002 recolle: Las razones utilizadas para justificar el pronunciamiento de inadmisibilidad fueron éstas: que el Acuerdo de 4 noviembre de 1999 se publicó en el Boletín Oficial del Estado del día 15 de noviembre inmediato posterior; que el escrito del recurso de alzada fue certificado el día 10 de enero de 2000 y tuvo entrada en el Registro General del CGPJ el posterior día 11; y que, como consecuencia de ello, dicho recurso administrativo fue extemporáneo, por haber transcurrido entre la fecha de publicación del Acuerdo impugnado y la de certificación un plazo superior al establecido en el artículo 115.1 de la Ley 30/1992, de 26 de noviembre (RCL 19921027 ) (tras la entrada en vigor de la Ley 4/1999, de 13 de enero [RCL 1999114, 329 ]).
Dado que o acordo administrativo que non admite o recurso de alzada por extemporáneo debémo-lo confirmar non é posible entrar a resolver sobre as cuestión de fondo suscitadas polo recorrente.
SEGUNDO.- Non se fai declaración das custas ( art. 139 LXCA ).
Polo dito
Fallo
REXEITÁMO-LO recurso contencioso administrativo do procurador Sr. Rodríguez Siaba, no nome de MARADIÑA SA contra o acordo de 22.02.2005 do MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA E ALIMENTACIÓN - exped. sancionador 03/2004.
Non facemos declaración das custas.
Notifíquesllela ás partes coa advertencia de que non teñen recurso ordinario ningún.
Unha vez firme, remítase o expediente administrativo ó Centro de procedencia, xunto coa certificación e comunicación.
Así o pronunciamos, mandamos e asinamos.
PUBLICACIÓN.-
Lida e publicada a anterior sentencia polo maxistrado ponente D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA, en audiencia pública o día da súa data, do que, eu, Secretaria, certifico.
