Última revisión
18/03/2008
Sentencia Administrativo Nº 161/2008, Tribunal Superior de Justicia de Galicia, Sala de lo Contencioso, Sección 4, Rec 15050/2008 de 18 de Marzo de 2008
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 10 min
Orden: Administrativo
Fecha: 18 de Marzo de 2008
Tribunal: TSJ Galicia
Ponente: FERNANDEZ LEICEAGA, FERNANDO
Nº de sentencia: 161/2008
Núm. Cendoj: 15030330042008100562
Encabezamiento
T.S.J.GALICIA CON/AD SEC.4
A CORUÑA
SENTENCIA: 00161/2008
PONENTE: D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
RECURSO: RECURSO DE APELACION 15050/2008
APELANTE: Jose Manuel
APELADO: CONCELLO DE SANXENXO
NO NOME DO REI
A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza pronunciou a seguinte
SENTENZA
Ilmos. Sres. D.
JOSE MARIA GOMEZ Y DIAZ CASTROVERDE
FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
JOSE MANUEL RAMIREZ SINEIRO
A CORUÑA, dezaoito de Marzo de dous mil oito.
Na apelación que co número RECURSO DE APELACION 15050/2008 está pendente de resolución ante esta Sala, ANTES
TRAMITADO NA SECCIÓN TERCEIRA COMO AP NÚM. 7016/2006 e que foi interposto por don Jose Manuel ,
dirixido polo letrado don ANTONIO ALVAREZ PUIG, contra SENTENCIA de data dezaseis de Novembro de dous mil cinco ditada
no procedemento PO 34/2005 polo XULGADO DO CONTENCIOSO Núm.3 de PONTEVEDRA sobre DESESTIMACION DO
RECURSO CONTRA ACORDO PLENARIO DO CONCELLO DE SANXENXO DE 30-11-04 SOBRE SOLICITUDE REVISION DE
OFICIO DE LIQUIDACION DO IMPUESTO INCREMENTO VALOR DOS TERRENOS. É parte apelada a Administración
demandada, o CONCELLO DE SANXENXO dirixido polo letrado don CARLOS CUADRADO ROMAY.
É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.
Antecedentes
PRIMEIRO.- O Xulgado de instancia ditou a resolución referenciada anteriormente, que na parte dispositiva di: "Que debo desestimar y desestimo el recurso contencioso-administrativo interpuesto por la representación de don Jose Manuel contra el acuerdo plenario del Ayuntamiento de Sanxenxo de 30.11.04, sobre solicitud de revisión de oficio de liquidación del Impuesto municipal sobre el incremento de valor de los terrenos; no hago condena en costas".
SEGUNDO.- Notificada a mesma, interpúxose recurso de apelación que foi tramitado en forma, co resultado que obra no procedemento. Acordouse dar traslado das actuacións ó ponente para resolver polo turno que corresponda.
Fundamentos
PRIMEIRO.- Acéptanse, no que se dirá, os fundamentos da sentenza recorrida.
O recorrente alega, como primeiro motivo do recurso o erro do xulgado de instancia na aplicación da normativa, dado que o acordo municipal de 03.12.2004 ditouse en execucion da sentenza 89 /2004 que anulou, por falta de competencia do Excmo. Alcalde o acordo de non admisión da solicitude de revisión, procedendo o Pleno a corrixir este defecto, máis dentro do mesmo expediente.
Dado que a solicitude de revisión presentárase o 08.04.2003 non é de aplicación a LXT 58/2003 de 17-12 - DT 3ª - senón a Lei Xeral Tributara de 1963 .
Deduce que, aplicando a LXT de 1963 non procedía - dado que esta non o prevé- acorda-la non admisión da solicitude de revisión, senón que tiñan que tramita-lo expediente, e previo informe do Consello Consultivo, resolver sobre o fondo.
O que acontece é que esta conclusión non é correcta por existir unha xurisprudencia reiterada do TS contraria a esta pretensión; así as SSTS 29.01.2000, 06.04.2001 , e 06.10.2001 son concluintes: unidas a la de que la declaración de inadmisión pronunciada por el Consejo de Ministros era factible sin necesidad de ultimar el expediente y recabar el dictámen del Consejo de Estado, conforme hoy admite expresamente el artículo 102.3 de la LRJAP y PAC en su redacción posterior a la Ley 4/1999 , acabada de mencionar, y antes había ya admitido esta Sala - Ss., entre otras, de 2 y 23 de octubre de 1999 (recs. 8105/1994 y 904/1995) y de 29 de enero de 2000 (rec. 2572/1995 )-,... , las Sentencias de 21 de mayo de 1988 y de 3 de octubre de 1991 (que se remite a la anterior), en un supuesto similar al que ahora nos ocupa, declaró ajustada a derecho la resolución ministerial denegando motivadamente la iniciación del expediente de revisión del artículo 153, porque no concurría en el supuesto ninguno de los tres motivos contenidos en el artículo 153 de la LGT ....
Polo dito, o feito de que a sentenza recorrida aplicara o artigo 217.3 Lei 58/2003 , que prevé, expresamente, a posibilidade de inadmitir a trámite a solicitude de revisión (en casos taxados) e non os artigos 153 a 159 LXT de 1963 , que non o prevían expresamente carece de relevancia, dado que a xurisprudencia viña admitindo a posibilidade de inadmisión cando a pretensión carecía manifestamente de fundamento, ou non se baseaba nunha causa de nulidade do núm.1, que o que resolveu o pleno do Concello.
SEGUNDO.- Baixando un novo chanzo, compre resolver se a pretensión do recorrente incumpre estas esixencia, é dicir, se carece manifestamente de fundamento ou se non se basea en causa de nulidade do artigo 153 LXT ou 217 Lei 58/2003 .
O recorrente sostén que concorre a causa de nulidade do núm.1.c do artigo 153 LXT : os actos dictados prescindindo total e absolutamente do procedemento legalmente establecido.. xa que a inicial liquidación xiráronlla, como suxeito pasivo a Vidal Lamelas Construcciones SL, e aplicáronlle un índice (tipos unitarios) incorrecto.
Como indica a STS 21.07.2006 : debemos partir de la consideración de que el procedimiento administrativo, consecuencia de una reacción más del Estado de Derecho frente a la asunción de potestades autoritarias por la Administración, tiene como doble finalidad, según ha señalado constantemente la jurisprudencia de esta Sala, servir de garantía de los derechos individuales y de orden de la Administración y de justicia y acierto en sus resoluciones.
De aquí que el ordenamiento jurídico atribuya diversas consecuencias a los defectos de procedimiento y en función de la gravedad de los mismos. Así, a) en los casos excepcionales, de ausencia total de procedimiento, o de trámite esencial equivalente a aquella, se declara la nulidad de pleno derecho de los actos administrativos que se generen - artículos 153.1 c) de la Ley General Tributaria de 28 de diciembre de 1963 y 62.1 e) de la Ley 30/1992, de 26 de noviembre , de Régimen Jurídico de las Administraciones Públicas y del Procedimiento Administrativo Común-; b) los demás supuestos de infracción del ordenamiento jurídico se reconducen a la categoría general de anulabilidad de los actos administrativos - artículo 63.1 de la Ley 30/1992 -; y c) no obstante, se admite la categoría de las denominadas «irregularidades no invalidantes» para determinadas actuaciones administrativas con defecto de forma -si el acto tiene todos los elementos necesarios para alcanzar su fin y no produce indefensión- o extemporáneas -si no se trata de término esencial-. Así se deduce de la regulación contenida en el artículo 62.2. y 3 de la Ley 30/1992, de 26 de noviembre .
Pues bien, en relación con la nulidad de pleno derecho, esta Sala tiene reiteradamente declarado que para que proceda la misma por la causa prevista en el artículo 62.1 e) de la Ley 30/1992, de 26 de noviembre o, en el caso presente, del artículo 153.1 c) de la
Así en la Sentencia de 19 de mayo de 2004 , ha señalado que «para que el acto administrativo adolezca de invalidez por esta causa, no basta cualquier defecto acaecido en el procedimiento, sino que es preciso que se hubiera prescindido total y absolutamente del procedimiento establecido o que el defecto fuera de tal naturaleza, que se equiparara su ausencia a la del propio procedimiento. En este sentido, la jurisprudencia del Tribunal Supremo, cuya reiteración excusa de cita, ha declarado que cualquier vicio u omisión producido en el procedimiento administrativo no da lugar a una nulidad absoluta o de pleno derecho, de acuerdo con lo que establecía el artículo 47 c) LPA y el 62 e) de la Ley 30/1992 , esto es, no equivale a prescindir total y absolutamente del procedimiento legalmente establecido».
Ahora bien, la acción de nulidad de pleno derecho, es imprescriptible, pero debe ejercitarse en los plazos de impugnación previstos para los procedimientos ordinarios, sean administrativos o jurisdiccionales, y, una vez transcurridos los mismos, a través de la vía extraordinaria de la revisión de oficio, que el artículo 102.1 de la Ley 30/1992, de 26 de noviembre , de Régimen Jurídico de las Administraciones Públicas y del Procedimiento Administrativo Común, reconoce esta vía excepcional, iniciada por iniciativa de la propia Administración o a solicitud del interesado, respecto de «los actos administrativos que hayan puesto fin a la vía administrativa o que no hayan sido recurridos en plazo, en los supuestos previstos en el artículo 62.1 ».
De lo expuesto deriva, y así ha sido puesto de relieve por esta Sala en diversas Sentencias, como las de 1 de abril de 2002 y 26 de septiembre de 2005 , que la revisión de oficio es un «medio extraordinario de supervisión del actuar administrativo y, como tal, subsidiario de los otros instrumentos ordinarios, de tal forma que si éstos ya se han utilizado sin éxito, bien porque se han rechazado en la forma como en el fondo, lo que no puede es reabrirse la cuestión tantas veces como quieran los interesados».
Estos principios, aplicados ó caso de autos, impiden acolle-lo recurso; como recoñece o Sr. Jose Manuel , tras coñece-la liquidación - 21.06.1998- presentou un escrito o 16.01.1991 no Concello, ó que non tivo resposta (e puido entender rexeitado por silencio administrativo); O 28.07.1992 notifícanlle - de novo- a liquidacion, e o 24.08.1993 notificáronlle o certificado de descuberto e o 08.10.96 a providencia de prema.
Presentou un recurso que lle rexeitaron e tampouco - como alega- tivo fortuna no recurso ante os Tribunais (sorprendentemente non xunta esta sentenza).
Deste resume dos feitos resultan dúas conclusións: a) a controversia verbo da liquidación xa mereceu a resposta dos tribunais e b) non estamos - e de xeito manifesto- ante a ausencia de procedemento como causa de nulidade.
Verbo da primeira; o recorrente - recoñece e así resulta do expediente- suscitou con ocasión do recurso contra a providencia de prema a nulidade da liquidación, os erros desta e a prescrición. Non xunta nin o recurso xudicial nin a sentenza que rexeitou o recurso contencioso, polo que, non admitimos que as cuestións suscitadas en vía administrativa non obtiveran resposta do tribunal, en especial, cando era doutrina do TSX Galicia examinar, con ocasión do recurso contra a providencia de prema, as causas de nulidade de pleno dereito que puideran existir na liquidación.
Polo tanto, temos un recurso xudicial sen éxito, o que xa impediría a admisión da vía do recurso de revisión.
Por outra banda, non existe a AUSENCIA TOTAL DE PROCEDEMENTO; independentemente dos eventuais defectos que puidera ter a liquidación, o recorrente recibiu a notificación o 21.06.1988, figurando nela a cantidade a satisfacer e o 04.08.1992 requirírono para face-lo pagamento, polo que tivo a posibilidade de exercitar o seu dereito de defensa, polo que non concorre - en modo ningún - o motivo de nulidade alegado, o que fai razoable o acordo do Concello non admitindo o recurso de revisión.
Polo dito e sendo axustada a dereito a sentenza de instancia é obrigado rexeia-lo recurso.
TERCEIRO- Impóñenselle as custas ó recorrente (art. 139 LXCA).
VISTOS os artigos citados e demais de pertinente aplicación,
Fallo
Que REXEITAMO-LO recurso de apelacion interposto por D. Jose Manuel contra a sentenza de 16.11.2005 do Xulgado do contencioso núm.3 de Pontevedra. Impóñenselle as custas.
Notifíqueselles ás partes e, no seu momento, devólvanse as actuacións ó Xulgado de procedencia, con certificación desta resolución.
Así o pronunciamos, mandamos e asinamos.
PUBLICACION.- A sentencia anterior foi lida e publicada no mismo día da súa data, polo Ilmo. Sr. Maxistrado Relator D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA ó estar celebrando audiencia pública a Sección 004 da Sala do Contencioso- Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Dou fe. A CORUÑA, dezaoito de Marzo de dous mil oito.
